Proxectos

Mellora da calidade de vida das comunidades indíxenas guaranís de Luís Calvo e Hernando de Siles a través do fortalecemento das capacidades organizativas e produtivas. Bolivia

Este proxecto busca abarcar 20 comunidades Guaranís, das cales algunhas se atopan en proceso de consolidación do traballo realizado en fases anteriores e outras que expresaron o seu interese e están dispostas a iniciar accións de desenvolvemento como as que veñen realizando noutras comunidades. Polo tanto, iniciarase o traballo de xeito intensivo en nove comunidades da capitanía de Ingre, seguirase apoiando e consolidando os procesos iniciados en sete comunidades da capitanía de Kereimbarenda e realizaranse accións puntuais en catro comunidades das capitanías de Guakareta e Añimbo.

O propósito do proxecto é contribuír ao proceso de fortalecemento interno das Capitanías no marco dun desenvolvemento rural sostible e a xestión territorial, desenvolvendo actividades e eventos de capacitación que toman en conta os coñecementos e prácticas locais e combínanse con innovacións tecnolóxicas para que os produtores e produtoras melloren os seus coñecementos en termos organizativos e produtivos.

No ámbito organizativo, o proxecto apoiará a que as capitanías zonais fortalezan a súa comunicación interna e a que se xeren mellores condicións para a participación de homes e mulleres no exercicio de cargos e toma de decisións. De igual xeito apoiarase e acompañarase aos dirixentes na súa formación e no establecemento de relacións e alianzas con outras organizacións que faciliten a súa participación e a xestión pública das diferentes instancias do poder local, rexional e departamental.

No ámbito económico, o proxecto prioriza a execución de actividades estratéxicas como son o incremento da diversificación produtiva, as novas técnicas de rega, o acondicionamento de áreas de pastoreo e o apoio na transformación e comercialización de produtos tradicionais.

Ano: 
2012
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
América do Sur
País: 
BOLIVIA
Zona de actuación: 
Chaco Chuquisaqueño
Axentes: 
MANS UNIDAS
Contraparte: 

Centro de Investigación e Promoción do Campesinado - CIPCA Rexional Cordilleira

Código CRS: 
15150 - Fortalecemento sociedade civil
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Apoiar á xestión de territorios indíxenas descontinuos de Ingre e Kereimbarenda.
Obxectivo Específico: Contribuír ao fortalecemento da organización, á diversificación da economía familiar e a contrarrestar os efectos do cambio climático.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1 Capitanías zonais con recursos humanos capacitados e propostas articulas en plan de xestión territorial.
Actividades:
A.1.1.1.: Talleres para formular demandas a POA de entidades públicas
A.1.1.2.: Capacitación a dirixentes homes e mulleres para formular e impulsar Plans de Xestión Territorial
A.1.1.3.: Curso de dirixentes homes e mulleres para incrementar capacidades individuais e colectivas orientadas á posta en marcha do seu plan de xestión territorial.
A.1.1.4.: Talleres de capacitación con mulleres para o seu empoderamento individual e colectivo na vida comunitaria.
A.1.1.5.: Talleres de capacitación para mozas, homes e mulleres, orientados a crear espazos que faciliten un cambio de actitude e eliminación de prexuízo para que participen na vida comunitaria.
A.1.1.6.: Intercambio de Experiencias entre mulleres e entre mozas.
A.1.1.7.: Elaboración cartas orgánicas municipais.
A.1.1.8.: Eventos de expresión política.
Resultado 1.2.: Sistema produtivo diversificado con novas tecnoloxías.
Actividades:
A.1.2.1.: Talleres de capacitación técnica.
A.1.2.2.: Visita a experiencias exitosas en rega e SAF.
A.1.2.3.: Posta en marcha e asistencia técnica a sistemas de rega por aspersión e inundación.
A.1.2.4.: Instalación de colmeas e produción de mel de abella Apis e Melis.
A.1.2.5.: Cría e manexo de bovino criollo.
Resultado 1.3.: Transformación e comercialización de produtos denominados estratéxicos.
Actividades:
A.1.3.1.: Transformación e comercialización de millo e ají.
A.1.3.2: Apoio a produtores/as en venda directa da produción.
Resultado 1.4.: Mitigación do cambio climático.
Actividades:
A.1.4.1.: Protección de fontes naturais de auga.
A.1.4.2.: Posta en marcha de sistemas agroforestais.

Poboación beneficiaria: 

Directa: Do compoñente organizativo son beneficiarios: 610 homes e 609 mulleres (50 % mulleres); do compoñente produtivo son beneficiarios: 507 homes e 507 mulleres (50 % mulleres).
Indirecta: Do compoñente produtivo son 176 familias de 10 comunidades e do compoñente organizativo son 229 familias de 9 comunidades. Así mesmo, habería que engadir as familias campesiñas e poboación mestiza da área rural dos tres municipios de intervención que alcanzan aproximadamente a 2.081 familias.

Axudas: 

175.000,00 (2012: 52.500,00; 2013: 122.500,00)