Proxectos

MELLORA DA CALIDADE E DA EFICACIA DO LABOR DE ARQUITECTOS SIN FRONTERAS

O Plan estratéxico da demarcación de Galicia 2010-2012 de Arquitectos sen Fronteiras prevé unha serie de obxectivos estratéxicos nos que se basea a proposta de Plan de mellora a desenvolver, centrado no consolidamento e na mellora da organización interna da demarcación e da súa visibilidade, cara a aumentar a calidade e eficacia do seu labor. Isto farase dende a perspectiva da aprendizaxe e crecemento, dos procesos e da sustentabilidade económica.
A mellora da organización da demarcación pasará prioritariamente pola formación dos seus recursos humanos e a elaboración dun plan e un manual de voluntariado.
En canto a formación, ata o momento o persoal contratado e os cargos directivos participan nas formacións e cursos promovidos pola Coordinadora Galega de ONGD, DXREeUE e Axencia Humanitaria, mais o persoal voluntario faino de forma non organizada e non sempre atopando prazas. Por iso, o plan de mellora pretende ofertar esas competencias que non se atopan no mercado formativo galego, por medio dunha formación máis específica dentro do ámbito de intervención de Arquitectos sen Fronteiras.
Dende a perspectiva de mellora dos procesos, para visualizar máis os resultados prevese potenciar a comunicación interna e externa, para o que se procurará fomentar a participación de ASF-E Galicia na Coordinadora Galega de ONGD, na Campaña Pobreza Cero, nas actividades de divulgación das entidades de acción voluntaria promovidas polo Concello da Coruña e nas intervencións de sensibilización e cooperación con outras ONGD, así como unha maior colaboración en ámbito universitario con Enxeñería Sen Fronteiras e a Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC.
Para dar sustentabilidade a este traballo será necesario diversificar as fontes de financiamento económico, posible grazas á mellora do traballo de formulación de proxectos coa incorporación dun técnico de demarcación.
Período de execución: setembro 2010 – novembro 2011

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Consolidación e fortalecemento de ONGD
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ARQUITECTOS SEN FRONTEIRAS
Código CRS: 
92010 - Apoio a ONGD nacionais
Obxectivos: 

Mellora da calidade e da eficacia do labor de Arquitectos sen Fronteiras

Resultados e actividades: 

- Obradoiro de formación básica do voluntariado en educación ao desenvolvemento e cooperación.
- Obradoiro de xestión de programas de voluntariado.
- Acompañamento para a elaboración do plan e do manual de voluntariado.
- Tradución ao galego da páxina web www.asfes.org

Axudas: 

12.012,30€ (2010: 4.804,92€ - 2011: 7.207,38€)