Proxectos

MELLORA DA CALIDADE EDUCATIVA CON PERTINENCIA CULTURAL E DE XÉNERO DA FORMACIÓN DO NENEZ E XUVENTUDE DO MUNICIPIO DE CHAMPERICO, RETALHULEU

Esta intervención enmárcase no Programa de Desenvolvemento Integral Oxlajuj Tz’ikin, financiado e executado pola Xunta de Galicia, 5 ONG galegas e 9 ONG guatemaltecas, en colaboración co Consello Microregional de Champerico. Pretende mellorar a calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero da formación da nenez e xuventude do Municipio de Champerico, Retalhuleu mediante a creación de condicións axeitadas para que os/as alumnos/as poidan desempeñar da mellor forma posible o seu traballo escolar.
Para iso prevese a construción do Instituto Nacional de Educación Básica (INEB) de Nueva Cajolá, onde se proporcionará unha educación de calidade con pertinencia cultural e de xénero para o exercicio da cidadanía e a xeración dun pensamento crítico nas mozas e nos mozos. Así mesmo, procurarase elevar a calidade dos servizos de educación en forma integral, atendendo a criterios de pertinencia sociocultural, efectividade pedagóxica e equidade de xénero.
Dende o punto de vista educativo, a intervención levada a cabo por Educación Sen Fronteiras e PRODESSA terá polo tanto dous eixos de intervención:

1. A consolidación da organización do centro educativo para o desenvolvemento pleno do currículo do nivel básico con calidade, pertinencia cultural e enfoque de xénero.

2. A dotación de equipos, materiais e insumos de calidade ao centro educativo para o seu funcionamento efectivo, de acordo ás necesidades específicas do ciclo formativo con criterios de pertinencia e sostibilidade.

En canto á parte de construción da infraestrutura para o INEB, Arquitectos Sen Fronteiras e Asiaprodi encargaranse de deseñar, edificar e equipar un edificio axeitado ás necesidades específicas do ciclo de básico e que cumpra criterios de viabilidade e sustentabilidade no ámbito.

Período de execución: outubro 2010 – outubro 2011

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Retalhuleu (departamento)
Champerico (municipio)
Axentes: 
EDUCACIÓN SEN FRONTEIRAS
ARQUITECTOS SEN FRONTEIRAS
Contraparte: 

Asociación Indígena Agropecuaria Pro Desarrollo Integral (Asiaprodi)

Código CRS: 
11120 - Servizos e instalacións educativas e formación
11320 - Educación secundaria
Obxectivos: 

Mellora da calidade educativa da nenez e a xuventude con pertinencia cultural e de xénero para o exercicio da cidadanía e a xeración dun pensamento crítico nos novos/as de comunidades das inmediacións a Nueva Cajolá, municipio de Champerico

Resultados e actividades: 

- Actividades preparatorias e de seguimento
- Xornadas de capacitación intensiva aos docentes.
- Asesoría pedagóxica a través de observación de aula, modelaxe de aula, reunións e capacitacións
- Capacitación dos/as estudantes en xénero e interculturalidade
- Revisión, actualización e implementación do Proxecto Educativo Institucional
- Asembleas con pais e nais de familia
- Realización do Festival Anual das Artes e a Cultura Local
- Construción e elaboración dun Mural da Historia da Comunidade.
- Pasantías de docentes en instituto básico para a aprendizaxe de boas prácticas
- Reprodución e dotación dos libros de lectura e guías pedagóxicas para os tres graos
- Capacitación aos docentes sobre a metodoloxía do programa, o proceso lector e os compoñentes da Reforma educativa
- Asesoría pedagóxica mensual na implementación do programa de lectoescritura
- Medición de habilidades ao inicio e ao final do ano escolar
- Xestións preliminares para a construción
- Construción da infraestrutura de instituto básico e adecuación da parcela
- Dotación de mobiliario xeral e específico para as aulas e equipamento do instituto
- Entrega da obra
 

Poboación beneficiaria: 

Directa: 150 estudantes, 9 profesores e profesoras, unha media de 100 familias, 10 membros da xunta directiva
Indirecta: as aproximadamente 25.280 persoas que habitan no municipio de Champerico

Axudas: 

345.605€ (2010: 172.802,50€ - 2011: 172.802,50€)