Proxectos

Mellora da calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero, para a garantía dos dereitos da nenez e a xuventude de El Rosario, Municipio de Champerico. Guatemala.

O obxectivo do presente proxecto é mellorar a calidade educativa con pertinencia cultural e de xénero da formación da nenez e xuventude do Municipio de Champerico, Departamento de Retalhuleu (Costa Sur guatemalteca) mediante a creación de condicións adecuadas para que o estudantado poda desenrolar da mellor forma posible o seu traballo escolar.

Ano: 
2015
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Retalhuleu (departamento)
Champerico (municipio)
Axentes: 
PROYDE - PROMOCIÓN E DESENVOLVEMENTO
ARQUITECTOS SEN FRONTEIRAS
Contraparte: 

Asociación Indígena Pro-Desarrollo Integral - ASIAPRODI; Proyecto de Desarrollo Santiago - PRODESSA

Código CRS: 
11120 - Servizos e instalacións educativas e formación
11320 - Educación secundaria
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Mellorar a calidade educativa da nenez e xuventude con pertinencia cultural e de xénero para o exercicio da cidadanía e a xeración dun pensamento crítico nas/nos mozas/os de comunidades contiguas ó Parcelamiento El Rosario, o Municipio de Champerico, Retalhuleu, Guatemala.
Obxectivo específico: Crear as condicións adecuadas para que o Instituto Nacional de Educación Básica do Parcelamiento El Rosario, Champerico, proporcione unha educación de calidade con pertinencia cultural e de xénero.
 

Resultados e actividades: 

Resultado.1.1 Consolidouse a organización do centro educativo para o desenvolvemento pleno do currículo do nivel básico con calidade, pertinencia cultural e enfoque de xénero e a apropiación do Proxecto Educativo Institucional (PEI) por parte da comunidade.
Actividades
A.1.1.1 Actividades preparatorias e de seguimento.
A.1.1.2 Xornadas de capacitación de docentes.
A.1.1.3 Asesoría pedagóxica a través da observación de aula, modelaxe de aula, reunións e capacitacións.
A.1.1.4 Capacitación dos/as estudantes en Xénero e Interculturalidade.
A.1.1.5 Revisión, actualización e aplicación do Proxecto Educativo
A.1.1.6 Asembleas con pais e nais de familia
Resultado.1.2 Mellorouse a calidade das habilidades de lecto-escritura e pensamento lóxico das/os estudantes do instituto, a través dun programa con enfoque de valores como un mecanismo de aplicación da Reforma Educativa no nivel básico.
Actividades
A.1.2.1 Reprodución e dotación dos libros de lectura e guías pedagóxicas para os tres grados.
A.1.2.2 Capacitación aos docentes sobre a metodoloxía do programa, o proceso lector e os compoñentes da Reforma educativa.
A.1.2.3 Asesoría pedagóxica mensual na aplicación do programa de lecto-escritura
A.1.2.4 Consultoría para sistematización da experiencia educativa no instituto.
Resultado.1.3 Os alumnos e profesores do Instituto Nacional de Educación Básica de El Rosario dispoñen dun espazo físico adecuado ás necesidades de ciclo de ensino básica; deseñado baixo criterios de pertinencia cultural e sostenibilidade ambiental.
Actividades
A.1.3.1 Elaboración do proxecto de execución.
A.1.3.2 Xestiones preliminares para a construción.
A.1.3.3 Deseño participativo da construción e dos espazos de recreo.
A.1.3.4 Execución e xestión da obra de construción e adecuación do entorno.
A.1.3.5 Dotación de mobiliario e equipo.
A.1.3.6 Entrega e inauguración da obra.
Resultado.1.4 O proxecto executouse adecuadamente, a partir de criterios de transparencia, seguimento e avaliación continuos.
Actividades
A.1.4.1 Actividades de coordinación xeneral e seguimento.
A.1.4.2 Actividades de avaliación.
A.1.4.3 Obradoiro final de sistematización da experiencia.
A.1.4.4 Auditoría final do proxecto.
A.1.4.5 Avaliación final do proxecto, con enfoque de xénero.
A.1.4.6 Actividade de difusión en centros educativos de Galicia.
 

Poboación beneficiaria: 

Directa: 140 estudantes do ciclo básico do Instituto do Parcelamiento El Rosario, distribuídos nos tres grados; 5 profesores e profesoras que desenvolven os cursos dentro do Instituto Básico; unha media de 50 familias que ten un fillo ou filla dentro del instituto; e 10 membros da xunta directiva de padres e madres de familia do instituto. Total: 510 persoas.
Indirecta: todos/as os/as estudantes e docentes do Parcelamiento El Rosario, Champerico e os institutos básicos do municipio cos cales compartiranse alguhas experiencias. Adicionalmente, beneficiaranse tamén todas e todas os/as habitantes del Parcelamiento El Rosario e as comunidades contiguas, como a comunidade de Aztlán, a comunidade multicultural do sector catro e a terceira rúa. Total: 10.089 persoas.
 

Axudas: 

223.400,00 € (2015: 111.700,00 €; 2016: 111.700,00 €)