MELLORA DA CALIDADE EDUCATIVA DENDE UN ENFOQUE DE DD.HH. E EQUIDADE DE XÉNERO. PROGRAMA OXLAJUJ TZ’IKIN, GUATEMALA
Incrementar a calidade de vida das comunidades identificadas a partir da mellora da pertinencia e calidade da educación.
PROYECTO DE DESARROLLO SANTIAGO- PRODESSA
Elevar a calidade dos servizos de educación das comunidades mediante a implementación práctica de sistemas que garantan calidade técnica desde un enfoque de dereitos humanos, pertinencia sociocultural, equidade de xénero e participación cidadá.
1. Deseño e elaboración do programa contextualizado de lectoescritura con énfase en valores.
2. Selección de texto para as minibibliotecas escolares.
3. Deseño dun proceso de formación e capacitación en innovacións educativas cos e coas educadores e educadoras que actualmente atenden os centros educativos das comunidades. Este proceso de formación permitirá aos e ás docentes implementar efectivamente un programa contextualizado de lectoescritura eficaz con énfase en valores.
4. Definición de criterios e selección, conxuntamente coa poboación das comunidades, de 3 mozos ou mozas por comunidade que poidan seguir estudos de maxisterio (bolsas).
5. Acompañamento e monitoreo das xestións ante o MINEDUC, para a legalización e posta en funcionamento da escola primaria que se construirá en San Miguel Las Pilas con achega da municipalidade de Champerico.
Directa: Nenos e nenas que estudan nas escolas primarias, mestres e mestras que participarán en programas de innovación educativa e adolescentes en proceso de formación profesional de 17 comunidades dos municipios de Champerico e Retalhuleu.
Indirecta: Todos os habitantes das distintas comunidades dos municipios de Champerico e Retalhuleu.
48.578,00 Euros-Orzamento total do proxecto: 92.029,00 Euros