Mellora da capacidade de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado de secundaria de Ames, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión e do profesorado de centros públicos de Galicia (EpDLab)
O proxecto EpDLab Fase 6 é un proxecto multimedia de comunicación para o desenvolvemento no que participan 5 centros educativos de 5 concellos de diferentes puntos de Galicia -Ames, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión- e máis de Latinoamérica: os centros de ensino dos bateys de La Cubana e Olivares, no municipio de Ramón Santana, provincia de San Pedro de Macorís, na República Dominicana, que participa a través dunha actividade concreta.
O obxectivo principal de EpDLab é a mellora da capacidade de reflexión crítica e o uso das TIC como ferramenta de comunicación para o cambio social no alumnado e no profesorado de Ames, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión.
O proxecto traballará na produción de contidos transmedia ao redor de tres bloques temáticos: o sexismo e a igualdade de xénero, os prexuízos raciais e a interculturalidade e as relacións Norte-Sur e o consumo responsable. Tanto alumnado como profesorado recibirán formación no uso activo e responsable das TIC para a defensa dos valores como a igualdade, a tolerancia, a defensa dos dereitos humanos, a co-responsabilidade, o consumo e a loita contra a desigualdade global.
Xeral: Sensibilización social respecto as causas da desigualdade global e o papel da comunicación como motor de transformación social na educación secundaria.
Específico: Mellora da capacidade de reflexión crítica e xeración de produtos audiovisuais educomunicativos do alumnado e profesorado de secundaria de Ames, Bueu, Viana do Bolo.
RE 1.1: Implantado un plan de coordinación, seguimento e avaliación participativa do proxecto, xunto coas persoas participantes.
A.1.1.1 Encontro de coordinación e formación do profesorado participante no proxecto.
A 1.1.2 Elaboración conxunta co profesorado do cronograma lectivo do proxecto, do plan de seguimento e do deseño do encontro intercentros.
A 1.1.3 Elaboración de enquisas ao profesorado e ao alumnado sobre uso das ferramentas, prexuízos e niveis de satisfacción co proxecto.
A 1.1.4 Elaboración liña base.
A 1.1.5 Elaboración dun informe que compare os resultados das formacións presenciais e virtuais e indique posibles melloras.
RE 1.2: Aumentada a competencia mediática do alumnado e a capacidade de reflexión crítica sobre desigualdade global, racismo, machismo, desenvolvemento sustentable, interculturalidade e cooperación.
A 1.2.1 Obradoiro presencial sobre sexismo e representación da identidade nos medios.
A 1.2.2 Obradoiro virtual sobre a veracidade das mensaxes e os roles dos colectivos nos medios de comunicación.
A 1.2.3 Obradoiro presencial sobre o tratamento informativo dos movementos migratorios, sobre xitanofobia e sobre comunicación en positivo contra la discriminación.
A 1.2.4 Obradoiro virtual sobre a realidade de mozas e mozos de Dominicana.
A 1.2.5 Obradoiro presencial sobre medio ambiente, consumo responsable e economía solidaria coa visión “glocal”.
A 1.2.6 Obradoiro virtual sobre Cooperación Internacional, Voluntariado, Activismo e Cambio Social.
RE 1.3 Melloradas as competencias do alumnado en traballo en equipo, resolución de conflitos e exposición pública das súas opinións.
A 1.3.1 Reunións de deseño e coordinación das actividades virtuais, do hackathon e das presentacións públicas.
A 1.3.2 Encontro virtual entre os 5 centros para o intercambio de experiencias e creación dun manual colectivo de recomendacións contra o discurso de odio.
A 1.3.3 Presentación virtual do proxecto nos 5 centros educativos.
RE 1.4 Transferidos os coñecementos, metodoloxías e contido do EpDLab a profesionais da educación e a comunicación.
A 1.4.1 Curso de formación para o profesorado e base social sobre Novas Narrativas Dixitais a través do CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación da Consellería de Educación).
A 1.4.2 Formación en E-Learning para o equipo técnico do proxecto aberta ao profesorado participante.
A 1.4.3 Presentación do proxecto en dúas xornadas sobre proxectos de ED e innovación social.
A 1.4.4 Creación dunha sección específica de aprendizaxe virtual na web do EpDLab.
A 1.4.5 Acompañamento na implantación dunha das sesións virtuais por parte de 5 docentes externos ao proxecto.
A 1.4.6 Campaña específica de difusión nas redes sociais do proxecto, dos centros educativos e da organización dos resultados dos obradoiros.
Directa: 139 persoas (65 mulleres e 74 homes), entre as que se atopan rapaces e rapazas obxecto das formacións, docentes formadores responsables e asistentes a formacións homologables.
Indirecta: 1.745 persoas (867 mulleres e 878 homes).
Axuda Xunta de Galicia: 34.396,00 € (2020: 13.758,40 €; 2021: 20.637,60 €)