Proxectos

Mellora da capacidade de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado de secundaria de Boiro, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión e do profesorado de centros públicos de Galicia (EpDLab| Laboratorio de EpD)

EpDLab celebra o seu décimo aniversario consolidado como unha comunidade educativa estable que conecta ensino, universidade e terceiro sector. O proxecto promove a Educación para o Desenvolvemento a través da comunicación dixital, o pensamento crítico e a participación social. Actúa en varios IES galegos, fortalecendo competencias dixitais, sensibilización ante a desigualdade e acción cidadá pola xustiza global. A súa metodoloxía fomenta o traballo en equipo, a reflexión crítica e a colaboración intersectorial. Na fase actual, reforza a transferencia de resultados, a participación e a mobilización social dende as aulas. Ademais, mantén unha forte cooperación coa universidade e aposta pola aprendizaxe anticipativa en contextos de crise.

 

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASOCIACIÓN GALEGA DE COMUNICACIÓN PARA O CAMBIO SOCIAL (AGARESO)
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír conformación dunha cidadanía global crítica e comprometida coas problemáticas globais a través da comunicación como ferramenta de transformación social

Específico: Mellorar as competencias de análise crítica e impulsar procesos de creación de contidos dixitais con enfoque social e transformador co alumnado e o profesorado da ESO dos centros educativos de Boiro, Bueu, Viana do Bolo, Silleda e Brión.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Implementado un plan de coordinación, seguimento e avaliación participativa do proxecto, xunto co profesorado participante.

A 1.1.1. Encontro de coordinación e formación co profesorado (15 participantes, mes 1-2)

A 1.1.2. Elaboración conxunta co profesorado do cronograma lectivo do proxecto, do plan de seguimento e deseño do encontro intercentros (mes 1-2)       
A 1.1.3. Elaboración de enquisas para profesorado e alumnado sobre o uso das ferramentas, actitudes e coñecementos previos, hábitos no eido dixital e expectativas sobre o proxecto (mes 1-3)         
A 1.1.4. Elaboración da Liña de Base (mes 1-3)        
A 1.1.5. Avaliación continua mediante estratexias de avaliación para a aprendizaxe e de medición de impacto (mes 1-12)

RE 1.2. Fortalecida a competencia mediática do alumnado e as habilidades de reflexión crítica sobre desigualdade global, racismo, sexismo, desenvolvemento sustentable, consumo responsable, interculturalidade e cooperación.

      A 1.2.1. Obradoiro Educación, comunidade e ODS: o futuro que queremos (mes 2)    
      A 1.2.2. Obradoiro sobre lectura crítica e veracidade das mensaxes, información manipulada e discurso de odio (mes 3)  
      A 1.2.3. Obradoiro sobre tratamento informativo dos movementos migratorios e da diversidade cultural: memes contra a discriminación, o racismo e a xitanofobia (mes 4)   
      A 1.2.4. Obradoiro sobre a realidade dos países empobrecidos: vídeo-cartas coa comunidade de República Dominicana (mes 5)           
      A 1.2.5. Obradoiro sobre medio ambiente, consumo responsable e economía solidaria coa visión “glocal” (mes 6)    
      A 1.2.6. Obradoiro Construíndo un futuro en colectivo: aprendizaxes, activismo e transformación social (mes 8)
      A 1.2.7. Obradoiro Lectura crítica, contra-discurso e transformación social (mes 9)     

RE 1.3. Melloradas as competencias do alumnado en traballo en equipo, xestión da diversidade, aprendizaxe entre iguais e exposición pública das súas opinións.

      A 1.3.1. Reunións de deseño e coordinación do encontro intercentros e das presentacións públicas, así como para o seguimento do proxecto a nivel xeral (mes 7)           
      A 1.3.2. Encontro entre os cinco centros para o intercambio de experiencias e creación dunha campaña colectiva baseada nos contidos do itinerario didáctico e usando as ferramentas dixitais traballadas (mes 10)      
      A 1.3.3. Presentación pública do proxecto nos cinco centros educativos (mes 11)       

RE 1.4. Transferidos os coñecementos, metodoloxías e resultados de EpDLab a profesorado, profesionais da educación, comunidade universitaria e técnicos/as especializados en ECG do terceiro sector           
      A 1.4.1. Formación para profesorado e profesionais do eido educativo en metodoloxías de aprendizaxe entre iguais, ECG e educación mediática elaboradas (mes 6-8)    
      A 1.4.2. Sesións de formación práctica sobre ferramentas e metodoloxías de EpDLab con grupos de estudantes do Máster de Profesorado en ESO, Bacharelato, FP e Ensino de Linguas na USC (mes 4-9)        
      A 1.4.3. Kit Dixital de Aprendizaxe III (mes 3-12)       
      A 1.4.4. Presentación do proxecto e/ou dos seus resultados en congresos e xornadas de ámbito autonómico e estatal, así como publicación dos produtos de transferencia en revistas especializadas e webs de recursos para profesorado e profesionais da               educación (mes 6-12)       
      A 1.4.5. Campaña específica de difusión e comunicación pública nas redes sociais do proxecto, dos centros educativos e da organización (mes 1-12)          
      A 1.4.6. Campaña específica de difusión e comunicación pública nas redes sociais do proxecto, dos centros educativos e da organización (mes 1-12)

Poboación beneficiaria: 

Directa: 535 (280 mulleres/nenas e 255 homes/nenos)

Indirecta: 5574 (3493 mulleres/nenas e 2081 homes/nenos)

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

37.000,00 € (14.800,00 € en 2025 e 22.200,00 € en 2026)