Proxectos

Mellora da capacidade de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado de secundaria de Boiro, Silleda, Viana do Bolo e Brión e do profesorado de centros públicos de Galicia (EpDLab| Laboratorio de EpD)

No curso 25-26, EpDLab cumpriu 11 anos; despois de máis dunha década, EpDLab é agora unha comunidade educativa cohesiva e estable, un espazo de intercambio e unha experiencia que acompaña aos grupos participantes no longo prazo. Esta comunidade medra cada ano, acollendo colectivos que achegan heteroxeneidade, e facilitando así que os resultados do proxecto sexan flexibles e adaptables a diversos contextos educativos e socioculturais, no eido formal e non formal. Tras 11 fases co apoio de Cooperación Galega, EpDLab ten gañado un espazo propio como nexo de unión entre o eido educativo, a universidade e o terceiro sector ao redor de 4 eixes fundamentais:

● A ECG como materia transversal no ensino.

● A comunicación dixital como estratexia de transformación social .

● O pensamento crítico, a creación de contradiscurso e a construción de solucións colectivas para loitar contra a desigualdade.

● A innovación nos procesos de transferencia, multiplicación e réplica dos resultados.

Ano: 
2026
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASOCIACIÓN GALEGA DE COMUNICACIÓN PARA O CAMBIO SOCIAL (AGARESO)
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír conformación dunha cidadanía global crítica e comprometida coas problemáticas globais a través da comunicación como ferramenta de transformación social.

Específico: Mellorar as competencias de análise crítica e impulsar procesos de creación de contidos dixitais con enfoque social e transformador co alumnado e o profesorado da ESO dos centros educativos de Boiro, Viana do Bolo, Silleda e Brión.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Implementado un plan de coordinación, seguimento e avaliación participativa do proxecto, xunto co profesorado participante

A.1.1.1. Encontro de coordinación co profesorado participante.

A.1.1.2. Elaboración conxunta co profesorado do cronograma lectivo do proxecto, do plan de seguimento e deseño do encontro intercentros.

A.1.1.3. Elaboración de enquisas para profesorado e para alumnado sobre uso das ferramentas, actitudes e coñecementos previos, hábitos no eido dixital e expectativas sobre o proxecto.

A.1.1.4. Elaboración da Liña de Base.

A.1.1.5. Avaliación continua mediante estratexias de avaliación para a aprendizaxe e de medición de impacto. 

RE 2.1. Fortalecida a competencia mediática do alumnado e as habilidades de reflexión crítica sobre desigualdade global, racismo, sexismo, desenvolvemento sustentable, consumo responsable, interculturalidade e cooperación.

A.2.1.1. Obradoiro de Dereitos Humanos, educación e comunidade: o futuro que queremos.

A.2.1.2. Obradoiro sobre desigualdade social, dereitos humanos e lectura crítica das mensaxes.

A.2.1.3. Obradoiro sobre dereitos civís e políticos: racismo, xitanofobia e discriminación nos medios de comunicación e nas redes sociais.

A.2.1.4. Obradoiro sobre dereitos colectivos, medio ambiente e xustiza climática.

A.2.1.5. Obradoiro sobre dereitos colectivos: cidadanía global e cooperación internacional. Vídeo-cartas con mocidade da República Dominicana.

A.2.1.6. Obradoiro sobre dereitos humanos a nivel local: activismo e entidades sociais.

A.2.1.7. Obradoiro Lectura crítica: Redes Sociais e Saúde Menta 

RE 3.1. Melloradas as competencias do alumnado en traballo en equipo, xestión da diversidade, aprendizaxe entre iguais e exposición pública das súas opinións.

A.3.1.1. Reunións de deseño e coordinación do encontro intercentros e das presentacións públicas, así como para o seguimento do proxecto a nivel xeral.

A.3.1.2. Encontro entre os 4 centros para o intercambio de experiencias e creación dunha campaña colectiva baseada nos contidos do itinerario didáctico e usando as ferramentas dixitais traballadas no mesmo.

A.3.1.3. Presentación pública do proxecto nos 4 centros educativo. 

RE 4.1. Transferidos os coñecementos, metodoloxías e resultados de EpDLab a profesionais da educación, comunidade universitaria e técnicos/as especializados en ECG do terceiro sector.

A.4.1.1. Actividade de avaliación e deseño participativa da seguinte fase de EpDLab.

A.4.1.2. Sesións de formación práctica no Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario da USC.

A.4.1.3. Sesións de formación con alumnado de Grao de Ciencias de Educación da USC.

A.4.1.4. Actividade de intercambio de coñecementos entre persoal investigador e docente da USC e persoal de Agareso para a incorporación de melloras metodolóxicas ás intervencións educativas de EpDCG.

A.4.1.5. Elaboración dunha monografía conxunta (GI TeXe e AGARESO) que sistematiza os resultados e a metaanálise de EpDLab.

A.4.1.6. Campaña específica de difusión e comunicación pública nas redes sociais do proxecto, dos centros educativos e da organización.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 546 persoas (21 homes, 84 mulleres, 220 nenos e 221 nenas).

Indirecta: 5.888 persoas (1219 homes, 3300 mulleres, 686 nenos e 683 nenas).

 

Axudas: 

Xunta de Galicia: 37.000€ (14.800,00€ en 2026 e 22.200,00€ en 2027)