Proxectos

Mellora da capacidade de reflexión crítica e de xeración de produtos educomunicativos do alumnado de secundariade Boiro, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión e do profesorado de centros públicos de Galicia (EpDLab)

Tras oito edicións, a fase 9 de EpDLab seguirá afondando nos catro eixos fundamentais do proxecto: a ECG como materia transversal no ensino, a innovación educativa con perspectiva crítica, a comunicación dixital como estratexia de transformación social e as ferramentas para facilitar a multiplicación e a réplica dos resultados. Todas as actividades baséanse na comunicación entendida como un feito social e cultural, no seu impacto no contexto cotián e na relación con outras persoas, colectivos e lugares do mundo. O obxectivo principal é a mellora das habilidades de reflexión crítica e participación social do alumnado e do profesorado de ESO, a través do traballo con centros de 5 concellos de Galicia (Boiro, Bueu, Silleda, Viana do Bolo e Brión), por expreso desexo do profesorado e das directivas do IES Praia Barraña, IES Carlos Casares, IES Pintor Colmeiro, IES Illa de Ons e IES de Brión.

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Educación para o desenvolvemento
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
ASOCIACION GALEGA DE REPORTEIROS SOLIDARIOS (AGARESO)
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Sensibilización social respecto ás causas da desigualdade global e o papel da comunicación como motor de cambio social na Educación Secundaria.

Específico: Mellora da capacidade de reflexión crítica e xeración de produtos multimedia de comunicación dixital co alumnado e o profesorado de secundaria de Boiro, Bueu, Viana do Bolo, Silleda e Brión.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Implementado un plan de coordinación, seguimento e avaliación participativa do proxecto, xunto co profesorado participante.

A.1.1.1 Encontro de coordinación e formación do profesorado participante.

A.1.1.2  Elaboración conxunta co profesorado do cronograma lectivo do proxecto, do plan de seguimento e do deseño do encontro intercentros.

A.1.1.3 Elaboración de enquisas para profesorado e para alumnado sobre uso das ferramentas, coñecementos previos, hábitos no eido dixital e expectativas sobre o proxecto.

A.1.1.4 Elaboración de liña de base.

A.1.1.5 Avaliación continua mediante ferramentas de medición de impacto.

RE 1.2 Aumentada a competencia mediática do alumnado e a capacidade de reflexión crítica sobre desigualdade global, discriminacións, desenvolvemento sustentable, consumo responsable, interculturalidade e cooperación.

A.1.2.1 Obradoiro Educación, comunidade e ODS: o futuro que queremos

A.1.2.2  Obradoiro sobre lectura crítica, veracidade das mensaxes e discurso de odio.

A.1.2.3 : Obradoiro sobre o tratamento informativo dos movementos migratorios e da diversidade cultural: memes contra a discriminación, o racismo e a xitanofobia.

A.1.2.4 Obradoiro sobre a realidade dos países empobrecidos: vídeo-cartas coa mocidade de República Dominicana.

A.1.2.5 Obradoiro sobre medio ambiente, consumo responsable e economía solidaria coa visión “glocal”.

A.1.2.6 Obradoiro Construíndo un futuro en colectivo: aprendizaxes, activismo e transformación social.

A.1.2.7 Obradoiro Lectura crítica, contra-discurso e transformación social.

RE 1.3 Melloradas as competencias do alumnado en traballo en equipo, xestión de conflitos, aprendizaxe entre iguais e exposición pública das súas opinións.

A.1.3.1 Reunións de deseño e coordinación do encontro intercentros e das presentacións públicas, así como para o seguimento do proxecto a nivel xeral.

A.1.3.2 : Encontro entre os 5 centros para o intercambio de experiencias e creación dunha campaña colectiva baseada nos contidos do itinerario didáctico e usando as ferramentas dixitais traballadas no mesmo.

A.1.3.3  Presentación do proxecto nos 5 centros educativos.

RE 1.4 Transferidos os coñecementos, metodoloxías e resultados de EpDLab a profesorado, profesionais da educación, comunidade universitaria e técnicos/as especializados en ECG do terceiro sector.

A.1.4.1 Formación para profesionais sobre educación, diversidade e xestión de conflitos na aula dirixida ao equipo técnico, e aberta ao voluntariado e ao profesorado participante.

A.1.4.2  Formación para o profesorado, profesionais da educación e base social “EpDLab: innovación, aprendizaxe colaborativa e xestión da diversidade na aula” (Servizo de Innovación e Formación de RRHH da Consellería de Educación).

A.1.4.3 Kit Dixital de Aprendizaxe: adaptacións e experimentación co prototipo en contextos heteroxéneos (sesións de formación práctica con grupos de estudantes no eido universitario).

A.1.4.4 Kit Dixital de Aprendizaxe Aberta II: do prototipo ao resultado (actualización de contidos e elaboración de produto interactivo sobre ECG como marco teórico).

A.1.4.5 Presentación do proxecto en xornadas e seminarios sobre ECG, alfabetización mediática, educación inclusiva e/ou innovación social.

A.1.4.6 Campaña e específica de difusión nas redes sociais do proxecto, dos centros educativos e da organización.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 35 homes 83 mulleres 177 nenos 190 nenas = 485 persoas

Indirecta: 566 homes 956 mulleres 738 nenos 775 nenas = 3.035 persoas

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 35.000,00€ (14.000,00€ en 2023 e 21.000,00€ en 2024)