MELLORA DA CONDICIÓN DAS MULLERES RURAIS E DA XESTIÓN SOSTIBLE DO ENTORNO RURAL E FORESTAL DAS REXIÓNS DE OIO, CACHEU E BAFATÁ, GUINEA BISSAU
Consolidación e extensión dos apoios para a mellora das oportunidades económicas, educativas e sanitarias e promoción da equidade de xénero e consolidación e extensión dos apoios para a promoción da seguridade alimentaria e xestión sostible dos recursos naturais.
FEDERACIÓN CAMPESINA KAFO
Obxectivo xeral: Diminuída a pobreza rural nas rexións de Oio, Cacheu e Bafatá. Guinea BissauObxectivos específicos: OE1: Mellorada a situación socio-económica das mulleres e mozos e mozas nas rexións de Oio, Cacheu e Bafatá.OE2: Fortalecida a autosuficiencia e a seguridade alimentaria a favor de 2.870 familias campesiñas nas comunidades rurais das tres rexións beneficiarias de Oio, Cacheu e Bafatá.
Actividades: Obxectivo específico 11. Concesión de créditos.2. Apoio técnico, organizativo e xestión.3. Comprar e distribuír medios de produción agrícola.4. Organizar e formar asociacións.5. Continuar o apoio técnico, organizativo e de xestión.6. Realizar intercambio de coñecementos adquiridos.7. Impartir clases de alfabetización funcional.8. Formar ás mulleres en temas de xénero e liderazgo feminino.9. Impartir capacitacións en temas de saúde reprodutiva.10. Difusión de campañas de sensibilización.Obxectivo específico 21. Comprar e distribuír medios de produción agrícola.2. Organizar e formar asociacións.3. Distribuír bens vexetais.4. Compra de máquinas de transformación.5. Construír pequenos almacéns.6. Organizar e formar comités de xestión.7. Conceder créditos animais.8. Construción das infraestruturas hídricas.9. Organizar e constituír os comités de xestión de auga.10. Organizar e formar os comités de xestión.11. Crear viveiros forestais.12. Cartografar a zona de intervención.
Poboación beneficiaria directa: 14.350 persoas de 350 tabancas, das cales 100 son da rexión de Oio e 250 das rexións de Cacheu e Bafatá. Os beneficiarios directos divídense en tres grupos: mulleres 8.864 (61,77%), mozos e mozas 3.334 (23,30%) e homes 2.142 (14,93%).Poboación beneficiaria indirecta: A poboación indirecta estimada é de 100.450 persoas, o que representa un 19,07% da poboación total das rexións de Oio, Cacheu e Bafatá.
830.347,00 Euros-Orzamento total do proxecto: 1.081.401,00 Euros