Mellora da desinfección solar da auga de bebida (método SODIS) mediante a adición de peróxido de hidróxeno a augas ferruxinosas naturais. Avaliación fronte a Cryptosporidium
O obxectivo 7 de Desenvolvemento do Milenio proposto pola ONU no ano 2000 é “garantir a sustentabilidade do medioambiente”. Concretamente, a Meta 7C (reducir á metade, para o ano 2015 a porcentaxe de persoas que carezan de acceso sustentable a auga potable e a servizos básicos de saneamento) conseguiuse no ano 2012. Con todo, segundo datos da OMS, 5.748 millóns de persoas seguen utilizando fontes non melloradas de auga potable.
O proxecto pretende mellorar a eficacia da aplicación do método SODIS xa que o equipo investigador demostrou que a súa aplicación a augas turbias contaminadas con ooquistes de C. parvum contidas en botellas PET diminúe significativamente a supervivencia deste enteropatógeno de referencia, polo que o seu emprego pode reducir a difusión hídrica da cryptosporidiosis e doutras protozoosis intestinais naquelas zonas xeográficas que presenten condicións ambientais requiridas para a súa utilización.
Mellorar a eficacia da técnica SODIS mediante o fenómeno de foto-fenton inducido por sales de ferro presentes de forma natural en augas e chans propios de zonas tropicais tras a incorporación de peróxido de hidróxeno a baixas concentracións.
28.322,22 € (2014: 14.161,11 € ; 2015: 14.161,11€)