Mellora da educación e comunicación para o desenvolvemento na educación infantil, primaria e secundaria, e da formación en cooperación e comunicación para o desenvolvemento no ámbito universitario (EpD - CpD III)
Este proxecto, continuación doutros anteriores, fai unha aposta integral pola sensibilización e formación en educación e comunicación para o desenvolvemento na comunidade galega, que abarca dende a educación infantil ata a universitaria. A proposta contribúe a fortalecer un clima de tolerancia, solidariedade, democracia e respecto, dende a conciencia crítica e a pluralidade en oito centros educativos das provincias da Coruña e Pontevedra, que ao longo do curso adquiriron un compromiso concretado nas actividades de Escolas Sen Racismo, Escolas pola Paz e o Desenvolvemento. En materia de formación universitaria en cooperación e comunicación para o desenvolvemento, o proxecto ten como obxectivo contribuír á profesionalización e fortalecemento do sector galego de cooperación e comunicación para o desenvolvemento, incluíndo neste proxecto a realización da terceira edición do Seminario Xornalismo Social e Cooperación Internacional na Universidade de Santiago de Compostela.
Obxectivo Xeral: Contribuír ao fortalecemento da educación e comunicación para o desenvolvemento en Galicia.
Obxectivo Específico: Mellora das capacidades e ferramentas para a educación e a comunicación para o desenvolvemento no ensino non universitario (educación infantil, primaria e secundaria) e promover a formación especializada en cooperación e comunicación para o desenvolvemento no eido universitario.
Resultado 1.1: Ao décimo mes de execución do proxecto 8 centros de ensino non universitario (3 de infantil, primaria e 5 de secundaria) teranse dotado de ferramentas en materia de educación e comunicación para o desenvolvemento.
Actividades:
A.1.1.1: Xuntanzas de presentación e seguimento.
A.1.1.2: Manifesto Escolas Sen Racismo.
A.1.1.3: Por un mundo de cores.
A.1.1.4: Teatro Forum.
A.1.1.5: Na procura do desenvolvemento.
A.1.1.6: Dominicanas Somos.
Resultado 1.2: Ao décimo mes de execución do proxecto 8 centros de ensino non universitario (infantil, primaria e secundaria) terán recibido formación e sensibilización en materia de educación e comunicación para o desenvolvemento.
Actividades:
A.1.2.1: Elaboración das sesións formativas dos Obradoiros de radio e televisión de educación e comunicación para o desenvolvemento.
A.1.2.2: Realización das sesións formativas dos Obradoiros de radio e televisión de educación e comunicación para o desenvolvemento.
A.1.2.3: Elaboración do blog dos Obradoiros de radio e televisión de educación e comunicación para o desenvolvemento.
A.1.2.4: Avaliación de todas as sesións formativas do alumnado e do profesorado.
A.1.2.5: Deseño e distribución dos dvd cos programas de radio e televisión resultantes dos obradoiros.
Resultado 1.3: Ao duodécimo mes de execución do proxecto terán recibido formación e sensibilización 40 estudantes universitarias/os en cooperación e comunicación para o desenvolvemento.
Actividades:
A.1.3.1: Deseño e distribución dos materiais de difusión do Seminario de Xornalismo Social e Cooperación Internacional e do curso de Introdución á cooperación ao desenvolvemento.
A.1.3.2: Elaboración do programa do Seminario “Xornalismo Social e Cooperación Internacional” e do curso de Introdución á cooperación ao desenvolvemento.
A.1.3.3: Realización do curso de Introdución á cooperación e comunicación ao desenvolvemento.
A.1.3.4: Selección dos participantes no Seminario “Xornalismo Social e Cooperación Internacional”.
A.1.3.5: Realización do Seminario “Xornalismo Social e Cooperación Internacional” na USC.
A.1.3.6: Realización do Seminario “Xornalismo Social e Cooperación Internacional” na USC, módulo práctico en Marrocos.
A.1.3.7: Seguimento e avaliación dos cursos tanto nas universidades como na parte práctica en terreo.
Resultado 1.4: Ao primeiro mes de execución do proxecto tanto o persoal de ACPP como de AGARESO terán implementado un plan de comunicación e un sistema de seguimento e avaliación.
Actividades:
A.1.4.1: Plan de Comunicación.
A.1.4.2: Seguimento e avaliación.
Directa: 670 (349 mulleres)
Indirecta: 3.315
39.379,00 (2013: 15.751,60 ; 2014: 23.627,40)