Mellora da empregabilidade de mulleres vítimas de violencia en razón de xénero no Municipio de Sacaba-Cochabamba, Bolivia
O proxecto busca mellorar a empregabilidade e autonomía de mulleres vítimas de violencia de xénero en Sacaba mediante formación profesional, apoio ao autoemprego e acompañamento legal e psicosocial.
Xurde dun diagnóstico participativo que evidenciou a persistente vulneración de dereitos e a forte dependencia económica que sostén o ciclo da violencia. A intervención estrúturase en tres eixos: formación laboral e emprendemento, atención integral ás vítimas e unha campaña municipal de sensibilización. Con iso preténdese fortalecer a súa autonomía económica e persoal, e reducir a violencia de xénero no municipio.
Pastoral Social Caritas-Sacaba
Xeral: As mulleres vítimas de violencia de xénero fortalecen o seu acceso efectivo ao exercicio dos seus dereitos humanos, promovendo a súa autonomía e inclusión social.
Específico: Mellora da empregabilidade de mulleres vítimas de violencia en razón de xénero no Municipio de Sacaba - Cochabamba, Bolivia.
RE 1.1. Mulleres vítimas de violencia en razón de xénero acceden a un itinerario de formación profesional nos centros laborais do CAM.
A 1.1.1. Reunións de equipo para coordinación e seguimento dos plans de intervención das mulleres e os seus fillos e fillas
A 1.1.2. Fortalecemento e actualización do equipo técnico en temáticas de violencia de xénero
A 1.1.3. Obradoiros técnicos prevocacionais en iniciación e fortalecemento da súa experiencia laboral para mulleres acollidas e externas
A 1.1.4. Itinerario de formación e experiencia profesional nos centros laborais do CAM
A 1.1.5. Visitas de seguimento das mulleres participantes no itinerario de experiencia laboral
A 1.1.6. Equipamento dos centros de experiencia laboral do CAM
RE 1.2. Mulleres vítimas de violencia en razón de xénero acceden a formación técnica e especializada que fortalece as súas competencias para a inserción laboral e o autoemprego.
A 1.2.1. Bolsas para mulleres vítimas de violencia de xénero para o seu acceso ao itinerario de formación técnica regulamentada
A 1.2.2. Bolsas para mulleres vítimas de violencia de xénero para o seu acceso a formación regulamentada de especialización (gastronomía, decoración, costura e beleza integral)
A 1.2.3. Acompañamento e seguimento a mulleres vítimas de violencia de xénero participantes nos itinerarios de formación técnica e especializada
RE 1.3. Mulleres víctimas de violencia en razón de xénero exercen o seu dereito ao traballo a través do autoemprego mediante microemprendementos con enfoque de inclusión e equidade.
A 1.3.1. Construcción de proxecto de vida integral enfocado á formulación de fortalecemento de microemprendementos
A 1.3.2. Asesoramento con obradoiros en Administración e Marketing para as mulleres vítimas de violencia de xénero acollidas e de atención externa do CAM
A 1.3.3. Dotación de insumos para iniciar e fortalecer microemprendementos de mulleres vítimas de violencia usuarias do CAM
A 1.3.4. Asesoramento no lanzamento do microemprendemento
A 1.3.5. Seguimento do desenvolvemento do microemprendemento
RE 1.4. Mulleres víctimas de violencia en razón de xénero acceden a formación técnica e especializada que fortalece as súas competencias para a inserción laboral e o autoemprego.
A 1.4.1. Información e direccionamento nos trámites para a obtención de documentos de identidade para as mulleres vítimas de violencia de xénero e os seus fillos e fillas
A 1.4.2. Información e acompañamento a mulleres vítimas de violencia de xénero de atención externa e acollida en trámites con as instancias públicas (recuperación de pertenzas, médico forense, abordaxes, audiencias, entrevistas)
A 1.4.3. Fortalecemento no dereito á saúde a mulleres e aos seus fillos e fillas vítimas de violencia de xénero acollidas e de atención externa na regulación de acceso a unha atención co Seguro Universal de Saúde (SUS)
A 1.4.4. Fortalecemento terapéutico desde o espazo psicológico a mulleres vítimas de violencia en razón de xénero, acollidas e de atención externa para superar estes feitos e acceder a traballos dignos
A 1.4.5. Fortalecemento terapéutico desde o espazo psicológico aos fillos e fillas de mulleres vítimas de violencia en razón de xénero, acollidas e de atención externa para superar estes feitos
A 1.4.6. Obradoiros técnicos, ocupacionais e terapéuticos para mulleres vítimas de violencia en razón de xénero, acollidas e de atención externa do CAM a través dun plan formativo
A 1.4.7. Obradoiros quincenais de fortalecemento e de crecemento persoal para as mulleres vítimas de violencia de xénero acollidas e externas usuarias do CAM
RE 1.5. A poboación do Municipio de Sacaba accede a unha campaña de sensibilización sobre a violencia de xénero e os procesos de acompañamento.
A 1.5.1. Edición e impresión do material de difusión do proxecto
A 1.5.2. Organización en dúas feiras anuais de difusión e sensibilización contra a violencia en dúas zonas estratéxicas con maior índice de violencia
A 1.5.3. Participación en actividades masivas de loita contra a violencia (marchas, feiras, conversatorios, foros, reunións) a través da RED INTERINSTITUCIONAL DE LOITA CONTRA A VIOLENCIA
A 1.5.4. Campaña de sensibilización online contra violencia en razón de xénero: actualización da páxina web e RRSS
A 1.5.5. Campaña de sensibilización televisiva contra violencia en razón de xénero en canles de Sacaba
A 1.5.6. Campaña de sensibilización en publicidade no transporte público
Directa: 940 (622 mulleres/nenas, 318 homes/nenos)
Indirecta: 4110 (2019 mulleres, 2091 homes)
Axuda Xunta de Galicia: 240.000,00 € (84.000,00 € en 2025 e 156.000,00 € en 2026)