Mellora da equidade de xénero, a soberanía alimentaria e a dinamización económica local co exercicio dos dereitos políticos, económicos, sociais, culturais e ambientais das mulleres rurais en Pespire (Honduras)
O proxecto, que ten como destinatarios indirectos a todas as mulleres, nenas e nenos do municipio de Pespire, persegue –desde un enfoque baseado no respecto dos Dereitos Humanos–, contribuír a erradicar a pobreza, promover a igualdade e a equidade de xénero, loitar contra a fame, garantir a soberanía alimentaria, promover a sustentabilidade ambiental e o desenvolvemento económico local e inclusivo deste municipio. Os 3 resultados que se queren conseguir están relacionados, por unha banda, coa asociatividade e o empoderamento das mulleres para a incidencia nos procesos de toma de decisións en favor da implantación de políticas de empoderamento, igualdade e equidade de xénero (R1); por outra, co acceso á formación e a implantación de tecnoloxías resilientes á variabilidade climática para a produción de alimentos, a mellora das sementes locais e a protección da biodiversidade no territorio (R2); e por último, coa dotación de ferramentas practicas ás mulleres para o desenvolvemento de negocios rendibles, a asociatividade en caixas rurais e o acceso a servizos financeiros inclusivos e mercados alternativos para contribuír a mellorar os ingresos económicos das familias, especialmente das mulleres campesiñas. Ademais, complementarase con catro actuacións do Socio local -ADEPES - na rexión, que se inclúen como cofinanciación do proxecto; e cun proxecto executado por ADT con outras socias locais.
Asociación de Desarrollo Pespirense (ADEPES)
Xeral: Contribuír á erradicación da pobreza (ODS1) e á igualdade e equidade de xénero (ODS 5) cun enfoque baseado no respecto polos Dereitos Humanos da muller (ODS16), a loita contra a fame (ODS 2), a sustentabilidade ambiental (ODS 12) e o desenvolvemento económico local e inclusivo (ODS 8) no municipio de Pespire, Departamento de Choluteca, Rexión Golfo de Fonseca, Honduras.
Específico: Mellorar a equidade de xénero, a soberanía alimentaria e a dinamización económica local co exercicio dos dereitos políticos, económicos, sociais, culturais e ambientais, a produción agroecolóxica de alimentos nutritivos e a conservación de grans básicos e sementes nativas e o empoderamento económico das mulleres rurais no municipio de Pespire.
RE 1.1. Fortalecidas capacidades da Rede Municipal de Mulleres, Oficina Municipal da Muller, operadoras de xustiza e organizacións de base comunitaria para a defensa dos dereitos da muller e a participación plena e efectiva das mulleres na toma de decisións a nivel político, económico, social, cultural e ambiental nos seus fogares, comunidades e municipalidade.
A.1.1.1 Xerar capacidades de xestión organizativa, financeira e operativa, de incidencia política e de control social na Rede Municipal de Mulleres e a Oficina Municipal da Muller de Pespire para a construción participativa e aplicación de políticas, plans de acción e orzamentos municipais específicos de xénero.
A.1.1.2 Desenvolver unha escola de formación de lideresas sobre igualdade e equidade de xénero, dereitos humanos civís, políticos, económicos, sociais, culturais e ambientais, empoderamento persoal e colectivo da muller, mecanismos de participación cidadá e control social, prevención de violencia e acceso á xustiza de xénero e políticas, plans de acción e orzamentos específicos de xénero con tomadoras de decisións, operadoras de xustiza e mulleres organizadas do municipio de Pespire.
A.1.1.3 Construír participativamente unha campaña de sensibilización á poboación en xeral e actores locais sobre igualdade e equidade de xénero, dereitos humanos, empoderamento da muller, participación cidadá, prevención de violencia e acceso á xustiza para as mulleres e nenas vítimas de violencia baseada en xénero.
RE 1.2 Promovido o Dereito Humano a unha Alimentación e Nutrición Adecuada (DHANA) con perspectiva de xénero mediante procesos participativos de incidencia política -veeduría social e de formación– investigación-acción para a diversificación dos medios de vida coa produción agroecolóxica de alimentos nutritivos e a conservación de grans básicos e sementes nativas en dous sectores do municipio de Pespire.
A.1.2.1 Fortalecer institucionalmente a Mesa Municipal SAN e o Comité Ambiental de Pespire para desenvolver procesos de incidencia na aplicación das políticas públicas SAN e de Igualdade, e de veeduría social sobre os investimentos nas comunidades do orzamento municipal.
A.1.2.2 Implementar un programa de formación- investigación agroecolóxica con enfoque de xénero baixo as metodoloxías de escola de campo, comité de investigación agrícola local, campesiña/o e cultivo biointensivo, para a transferencia de coñecementos sobre a produción sostible de alimentos nutritivos e sementes de polinización aberta en 2 sectores do municipio de Pespire.
A.1.2.3 Fomentar a diversificación da produción de alimentos nutritivos, sementes nativas e plantas medicinais coa incorporación de cultivos e variedades adaptadas á zona e a adopción de boas prácticas ambientais e agroecolóxicas en 3 leiras agroecolóxicas, 3 parcelas de produción artesanal de sementes de grans básicos e hortalizas e 120 hortos biointensivos manexados por mulleres rurais organizadas.
A.1.2.4 Promover a xestión técnica e financeira sostible de 6 Reservas Estratéxicas Comunitarias para a mellora da dispoñibilidade e estabilidade dos prezos dos Grans Básicos e Sementes a nivel comunitario e a dinamización da economía local coa súa comercialización en mercados de ciclo curto aplicando un enfoque de desenvolvemento comunitario con xustiza social.
RE 1.3 Creadas oportunidades para o empoderamento económico de mulleres emprendedoras, grupos de mulleres rurais e Caixas Rurais de Aforro e Crédito coa xeración de valor agregado, a diversificación de fontes de ingresos e o acceso a mercados locais e fontes de financiamento máis xustas mediante a posta en valor da produción agroecolóxica e outros produtos propios da identidade territorial do municipio de Pespire
A.1.3.1 Reforzar capacidades de Caixas Rurais de Aforro e Crédito, de grupos de mulleres rurais e lideresas da Rede Municipal de Mujeres en organización e funcionamento, planificación e xestión empresarial, ética e valores, xestión legal, administración e contabilidade e sustentabilidade organizativa e financeira para o establecemento e viabilidade de microemprendementos resilientes e culturalmente aceptables en dous sectores do municipio de Pespire.
A.1.3.2 Impulsar iniciativas económicas (individuais e colectivas) innovadoras, resilientes e sostibles para o procesamento e a transformación da produción agroecolóxica local e a xeración de ingresos e oportunidades de autoemprego a mulleres integradas na Rede Municipal de Mulleres e outras organizacións de base comunitaria de Pespire.
A.1.3.3 Facilitar a inclusión a mercados locais, a comercialización diferenciada e a vinculación a servizos microfinanceiros de iniciativas de negocios de Caixas Rurais de Aforro e Crédito, grupos de mulleres rurais e mulleres emprendedoras para a posta en valor da produción agroecolóxica e outros produtos elaborados por grupos de mulleres e emprendedoras de Pespire.
Directa: 571 persoas, das cales 27 son homes, 189 mulleres, 169 nenos e 186 nenas.
Indirecta: 10.434 persoas, das cales 2.180 son homes, 2.268 mulleres, 3.082 nenos e 2.904 nenas.
Axuda Xunta de Galicia:
175.000 € (70.000 € en 2022 e 105.000 € en 2023)