MELLORA DA ESCOLARIZACIÓN E ALFABETIZACIÓN EN LWENA, PROVINCIA DE MOXICO
Mellorar o nivel educativo da poboación en Angola
Salesianos de Dom Bosco
Aumentar a escolarización para os niveis de primaria e secundaria, incrementando ao mesmo tempo a taxa de alfabetización de adultos e adolescentes non insertos no sistema educativo, na provincia de Moxico
-Equipamento das novas aulas construídas oferta de cursos de ensino primario e secundaria -Elaboración e copias de follas informativas sobre os custos de matrícula -Selección e contratación de novo profesorado alfabetizador para a escola segundo necesidades por niveis, clases e materias-Realización de polo menos 2 cursos de formación docentes -Oferta de cursos semestrais de alfabetización en diferentes niveis -Avaliación dos cursos semestrais de alfabetización en diferentes niveis
A principal poboación beneficiaria son as propias alumnas e alumnos do Centro Educativo Dom Bosco que, fundamentalmente, son fillas e fillos de poboación refuxiada retornada e exmilitares. Pertencen a familias de renda baixa ou moi baixa que actualmente viven do comercio informal e a agricultura de subsistencia. O centro xa está conseguindo en terminos totais que haxa máis dun 50% de alumnas, e comprométese a facer campaña para que continúe esa proporción, que é excepcional respecto ao resto das escolas. Tamén se considera poboación beneficiaria da escola ás profesoras e profesores. Ademais preténdese que o Centro sexa un punto de referencia para a atención psico-pedagóxica das familias das alumnas e alumnos, de forma directa, e para as nenas e nenos ou adolescentes do barrio que participan en actividades de tempo libre que se realizan fóra do horario escolar, de forma indirecta
108133