Mellora da infraestrutura nos sistemas de auga potable na zona rural do Distrito de Namora, Perú
O proxecto encamíñase a diminuír a incidencia de enfermidades gastrointestinais, parasitarias e dérmicas da poboación xeral e infantil a través do consumo de auga segura no Distrito de Namora, mediante a realización de diferentes actuacións: 1. Implementar e instalar un sistema de cloración por goteo, que permita o acceso aos servizos de auga segura das familias das comunidades, coa participación activa das familias; 2. Fortalecer e desenvolver as capacidades nas Xunta de Auga e Saneamento (XAS), para a sostibilidade dos servizos; 3. Sensibilizar á poboación sobre temas relacionados coa salubridade e hixiene; e 4. deseñar e implementar a liña diagnóstica para o monitoreo e a avaliación.
Clubes Rotatorios Peruanos
Obxectivo xeral: Diminuír a incidencia de enfermidades gastrointestinais, parasitarias e dérmicas da poboación xeral e infantil a través do consumo de auga segura no Distrito de Namora.
Obxectivo específico:
OE1. Implementación e instalación do sistema de cloración por goteo, que permita o acceso aos servizos de auga segura das familias das comunidades, coa participación activa das familias.
OE2. Fortalecemento e desenvolvemento de capacidades nas Xunta de Auga e Saneamento (XAS), para a sostibilidade dos servizos.
OE3. Sensibilización á poboación sobre temas relacionados coa salubridade e hixiene, mediante o fortalecemento e o desenvolvemento de capacidades.
OE4. Deseño e implementación da liña diagnóstica para o monitoreo e a avaliación.
Resultado 1: Liña de base con indicadores, recollidos nas comunidades e elaborados no ámbito do proxecto.
Resultado 2: Mellora da infraestrutura interna dos reservorios.
Resultado 3: Implementación e instalación da caseta de cloración e dosador.
Resultado 4: XAS fortalecidas e capacitadas en operación e mantemento do sistema, asegurando a sostibilidade dos sistemas de cloración.
Resultado 5: Sensibilización á poboación sobre temas de salubridade e hixiene.
10.583 habitantes, 2.115 familias (1.318 nenos e nenas menores de 4 anos), que viven en 35 comunidades e que consumen auga entubada dun número igual de SAPs nas súas actividades cotiáns.