Proxectos

Mellora da oferta educativa e promoción da participación cidadá e dos dereitos da infancia na zona fronteiriza do NE de Guinea Bissau

Este proxecto dá continuidade ás actividades que AIDA leva implementando na zona de intervención (área fronteiriza do Nordeste de Guinea-Bissau con Senegal) desde 2008, a través dunha rede de 18 escolas de xestión comunitaria, en relación moi estreita coas comunidades, as autoridades tradicionais e locais. Para iso preténdese fortalecer e ampliar a rede de escolas rurais de autoxestión comunitaria, e promover os dereitos e protección da infancia, con especial atención aos nenos talibés vítimas de tráfico e explotación

Ano: 
2023
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
África
País: 
GUINEA-BISSAU
Zona de actuación: 
Bafata (rexión)
Gabú (rexión)
Oio (rexión)
Axentes: 
ASOCIACION AIDA (AYUDA, INTERCAMBIO Y DESARROLLO)
Contraparte: 

Asociación de Amigos das Crianças (AMIC)

Código CRS: 
12220 - Atención sanitaria básica
1516000 - Dereitos humanos
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a mellorar a oferta e a calidade educativa para todos os nenos e nenas e promover á cidadanía e dereitos humanos.

Específico: Mellorar o acceso á educación primaria e a protección dos dereitos da infancia na zona fronteiriza do NE de Guinea Bissau.

Resultados e actividades: 

RE 1.0. Creado e posto en práctica un sistema de coordinación, seguimento, avaliación e difusión do proxecto participativo e con enfoque de xénero.

            A.1.0.1. Creación do comité de coordinación do proxecto e reunións mensuais.

            A.1.0.2. Elaboración e posta en práctica dun sistema de seguimento económico e técnico.

            A.1.0.3. Realización dunha auditoría independente

            A.1.0.4. Realización dunha avaliación final independente con enfoque de xénero

            A.1.0.5. Socialización dos resultados da avaliación final en terreo.

            A.1.0.6. Difusión do proxecto en Guinea Bissau e Galicia.

RE 1.1. Ampliada e mellorada a rede de escolas comunitarias da zona fronteiriza.

            A.1.1.1 Construción de dúas novas escolas rurais de xestión comunitarias.

            A.1.1.2 Compra e distribución de equipamento para as novas escolas.

            A.1.1.3 Distribución de Kits de material didáctico básico na rede de escolas comunitarias.
RE 1.2. Melloradas as competencias técnicas e en dereitos da infancia do profesorado e da inspección educativa da Rede de Escolas Comunitarias.

            A.1.2.1 Implementación de capacitacións quincenais que permitan a formación continua do profesorado da Rede Escolar comunitaria en pedagoxía, didáctica, lingua, e cidadanía.

            A.1.2.2 Desenvolvemento dun curso intensivo ao final de ano escolar (mes de xullo) para reforzo dos coñecementos técnicos (portugués, matemáticas, ciencias naturais, e expresións) do persoal docente da Rede.

            A.1.2.3 Supervisión pedagóxica do profesorado (formación en servizo).

            A.1.2.4 Formación en educación para a cidadanía e dereitos humanos, dirixida a persoal docente e de inspección educativa

            A.1.2.5 Organización de dous seminarios para o profesorado da rede de escolas comunitarias, un sobre dereitos da infancia e a prevención do fenómeno dos nenos talibés e outro sobre igualdade de xénero e dereitos das nenas e mulleres

RE 1.3. Melloradas as competencias comunitarias na xestión e funcionamento das escolas e na prevención da explotación da infancia.

            A.1.3.1 Seguimento e apoio por parte de supervisores/as pedagóxicos/as dos Comités de Autoxestión das 18 escolas comunitarias

            A.1.3.2 Formación de Comités de Autoxestión de Escolas Comunitarias para as dúas novas escolas da rede no curso 2024/2025

            A.1.3.3 Seminarios de sensibilización para as familias sobre o fenómeno dos nenos talibés vítimas de tráfico.

            A.1.3.4 Cursos de formación do equipo de 5 alfabetizadores/as

            A.1.3.5 Cursos de alfabetización funcional básica para mulleres

RE 1.4. Mellorados os servizos de protección para nenos e nenas en situación de vulnerabilidade.

A.1.4.1 Distribución de 150 kits escolares, de hixiene e benestar para nenos e nenas vítimas de explotación, violencia e matrimonio forzado

A.1.4.2 Mellora da infraestrutura dos centros de acollida de nenos e nenas vítimas de explotación, violencia e matrimonio forzado.

A.1.4.3 Identificación, acollida, e reintegración familiar de 100 nenos talibés vítimas de explotación e tráfico de menores.

A.1.4.4 Creación dun programa de apoio psicosocial para nenos e nenas vítimas de explotación, violencia e matrimonio forzado, aloxados temporalmente nos centros.

A.1.4.5 Reunións cuadrimestrais da rede de Organizacións da Sociedade Civil que traballan para previr a violación dos dereitos dos nenos, novos e nenas e na promoción da paz, cidadanía e dereitos humanos.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 3.461 (266 homes; 480 mulleres; 1.402 nenos; 1.313 nenas)

Indirecta: 24.227 (1.862 homes; 3.360 mulleres; 9.814 nenos; 9.191 nenas)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 185.000€ (74.000€ en 2023 y 111.000€ en 2024)