Proxectos

Mellora da produción alimentaria e o acceso á auga potable na poboación de Sara Ura e Sara Jeno (Guinea Bissau)

O proxecto contribúe a garantir o acceso a produtos alimentarios diversificados para mellorar a nutrición das familias con carencias, con énfase nas mulleres, os nenos e as nenas, das localidades rurais de Dembandje, Sara Ura e Sara Jeno a través da produción e da transformación de alimentos realizadas por grupos de traballo designados pola propia comunidade.

O aumento da produción de alimentos conseguirase co establecemento de dúas hortas comunitarias dotadas dun almacén e dun pozo. En cada comunidade crearase un comité de xestión de hortas integrado por membros da asociación de mulleres da devandita comunidade. Formarase ás mulleres en técnicas de horticultura, xestión e prevención de pragas e secado e conservación da semente para o ano seguinte.

Paralelamente formaranse grupos de animación comunitaria encargados sensibilizar ás comunidades sobre alimentación saudable, hixiene e coidado das mulleres embarazadas e os nenos de cero a tres anos.

Ano: 
2012
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Microproxectos
Rexión: 
África
País: 
GUINEA-BISSAU
Zona de actuación: 
Bafata (rexión)
Axentes: 
MIRADAS AL MUNDO
Contraparte: 

"Estructura Comunitaria de Animación y Sensibilización para el Desarrollo" (ECAS_D)

Código CRS: 
31161 - Produción alimentos agrícolas
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuir á mellora das condicións de vida dos habitantes da rexión de Bafatá.
Obxectivo Específico: Mellora das condicións socioagrícolas de tres comunidades.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1.: Implantación horta e pozo en Sara Ura e Sara Jeno.
Actividades:
A.1.1.1.: Preparación do campo para cultivo.
A.1.1.2.: Realizar obras de construción do almacén.
A.1.1.3.: Realizar obras de construción do pozo.
A.1.1.4.: Creación Comité de Xestión de Hortas.
A.1.1.5.: Reparto apeiros e sementes.
Resultado 1.2.: Formación das mulleres en horticultura e xestión de pragas.
Actividades:
A.1.2.1.: Formación básica sobre horticultura e xestión de pragas.
Resultado 1.3.: Formación da comunidade en diferentes áreas.
Actividades:
A.1.3.1.: Formación sobre nutrición, hábitos de hixiene, uso de alimentos.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 319 (100% mulleres).
Indirecta: 803 (27% homes; 73% nenos e nenas).

Axudas: 

17589