Proxectos

Mellora da saúde e nutrición das mulleres en idade fértil e as nenas e nenos menores de 5 anos con enfoque de dereitos, xénero, pertinencia cultural e sustentabilidade ambiental no municipio de Laguna de Perlas, RACCS (Nicaragua)

O proxecto pretende mellorar as condicións de saúde e o estado nutricional de mulleres en idade fértil e de nenos e nenas menores de 5 anos con enfoque de dereitos, xénero, pertinencia e sustentabilidade ambiental en 20 comunidades do municipio Laguna de Perlas. Para a consecución deste obxectivo levarán a cabo 3 estratexias principais: a mellora da cobertura, calidade, pertinencia e equidade da súa atención á saúde infantil, materna e nutricional das redes institucional e comunitaria; a mellora do acceso á auga potable segura e as condicións de hixiene e saneamento ambiental; e a mellora do acceso e consumo de alimentos de maior valor nutricional e suplementos.

Ano: 
2020
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
NICARAGUA
Zona de actuación: 
Laguna de Perlas (municipio)
Axentes: 
FARMACEUTICOS MUNDI
Contraparte: 

Acción Médica Cristiana (AMC)

Código CRS: 
12240 - Nutrición básica
14030 - Abastecemento de auga potable e saneamento básico - sistemas menores
Obxectivos: 

Xeneral: Garantir o dereito da poboación rural da Rexión Autónoma da Costa Caribe Sur a unha vida sa, a nutrición e a seguridade alimentaria.

Específico:  Mellorar as condicións de saúde e o estado nutricional de mulleres en idade fértil e menores de 5 anos con enfoque de dereitos, xénero, pertinencia cultural e sustentabilidade ambiental en 20 comunidades rurais do municipio de Laguna de Perlas.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. As redes institucional e comunitaria do municipio de Laguna de Perlas melloraron a cobertura, calidade, pertinencia e equidade da súa atención á saúde infantil, materna e nutricional.

  • A.1.1.1 Elaboración participativa da liña de base.
  • A. 1.1.2 Mellora física e dotación de 2 postos de saúde para a mellora da atención en saúde nutricional a mulleres e menores de 5 anos.
  • A 1.1.3 Desenvolvemento de plan de capacitación en Atención Integrada a Enfermidades Prevalentes da Infancia (AIEPI) e saúde nutricional con persoal sanitario institucional e comunitario.
  • A 1.1.4 Capacitación de 40 axentes comunitarios para o desenvolvemento do Programa Comunitario de Saúde Nutricional (PROCOSAN) nas comunidades.
  • A 1.1.5 Desenvolvemento de 2 Xornadas Integrais en Saúde (Brigadas Médicas Móbiles) para atención sanitaria e nutricional en comunidades vulnerables.
  • A 1.1.6 Seguimento ao desenvolvemento das accións de promoción do Programa Comunitario de Saúde Nutricional (PROCOSAN) no municipio de Laguna de Perlas.

RE 1.2 Mellorouse o acceso á auga potable segura e as condicións de hixiene e saneamento ambiental en 20 comunidades do municipio de Laguna de Perlas.

  • A 1.2.1 Rehabilitación de 2 microsistemas de auga por gravidade e 10 pozos comunitarios en comunidades do territorio.
  • A 1.2.2 Implementación do Plan de Acceso a Auga Segura en comunidades de Laguna de Perlas.
  • A 1.2.3 Encontros educativos sobre auga segura, hixiene e saneamento.
  • A 1.2.4 Desenvolvemento dunha campaña de comunicación social e promoción da saúde xeral, nutricional e ambiental.

RE 1.3 Mellorouse o acceso e consumo de alimentos de maior valor nutricional e suplementos en 20 comunidades vulnerables do municipio de Laguna de Perlas.

  • A 1.3.1 Conformación e funcionamento da comisión multisectorial para a promoción en saúde, nutrición e sanidade ambiental.
  • A 1.3.2 Encontros educativos sobre nutrición e lactación materna con pertinencia cultural.
  • A 1.3.3 Plan de subministración de micronutrientes a menores de 5 anos e mulleres en idade fértil
  • A 1.3.4 Estudo de chans en 8 comunidades.
  • A 1.3.5 Diversificación produtiva a través de hortos familiares con cultivos tradicionais e non tradicionais.
  • A 1.3.6 Produción de sementes criollas e acriolladas de grans básicos (millo e frijol) coa metodoloxía de fito-mejoramiento participativo.
Poboación beneficiaria: 

O universo de poboación titular de dereitos directamente atendida polo proxecto ascende a 15.047 persoas, 7.675 delas mulleres. Entre as titulares de dereitos beneficiarias directas atópanse 3.190 mulleres en idade fértil que se beneficiarán das melloras na atención específica; 1.618 nenas e nenos < de 5 anos (825 nenas e 793 nenos) que se beneficiarán dunha menor exposición a enfermidades prevalentes e menor propensión a cadros de desnutrición. O resto de persoas, 3.583 usuarios/as dos servizos de saúde. O compoñente de mellora do acceso á auga potable e condicións de hixiene e saneamento ambiental beneficiará a 3.700 persoas; e o de mellora do acceso e consumo de alimentos de valor nutricional beneficiará a 100 familias produtoras, 800 persoas, 500 delas mulleres.

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 175.000 € (2020: 70.000 €; 2021: 105.000 €)