Proxectos

MELLORA DA SAÚDE SEXUAL E REPRODUTIVA, O LIDERADO COMUNITARIO E A PARTICIPACIÓN DAS MULLERES EN MATAGALPA

Mellorar a situación da muller nas comunidades de Matagalpa nos ámbitos social, sanitario, produtivo e familiar

Ano: 
2007
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
NICARAGUA
Zona de actuación: 
Matagalpa (departamento)
Matagalpa (municipio)
Matiguás (municipio)
San Dionisio (municipio)
Axentes: 
FARMACEUTICOS MUNDI
Contraparte: 

COLECTIVO DE MULLERES DE MATAGALPA

Código CRS: 
15164 - Organizacións e institucións da igualdade das mulleres
Obxectivos: 

Mellorar a saúde e o fortalecemento do liderado comunitario, facendo énfase na saúde sexual e reprodutiva e a participación das mulleres en Matagalpa

Resultados e actividades: 

- Realizar 40 representaciones de teatro do grupo Nuestra Cara e 10 -do grupo Artístico Xuvenil
- Capacitación de 26 promotorase promotores culturais rurais que desenvolven, polo menos dúas actividades recreativas ao mes nas súas comunidades
- Elaborar e publicar 4 guións de teatro, e capacitar a recursos humanos para a gravación das representacións teatrais nun estudio instalado ao efecto
- Elaborar e transmitir programas radiais sobre temas de saúde e cuñas radiais
- Elaborar, reproducir e divulgar materiais de difusión para a promoción de saúde
-  Realizar concienciación e accións de sensibilización en eventos culturais, artísticos, deportivos, festivais e de intercambios
- Capacitar, supervisar e abastecer botiquíns comunitarios
- Desenvolvemento dun ciclo de cinco talleres para parteiras de nivel 1 e nivel 2
- Impartir ciclo de talleres a 1.560 mulleres de 13 comarcas en temas relacionados coa saúde e “empoderamento" das mulleres
- Ciclo de 5 talleres de capacitación para 20 xóvenes promotoras e promotores de saúde
-Actividades de atención directa de saúde: un día á semana en Matagalpa e 6 días mensuais en comunidades
- Programar e realizar reunións bimensuais en espazos de coordinación nacional (Consello Municipal de Saúde, Comisión Interdepartamental SIDA…)

Poboación beneficiaria: 

Directa: 2.025 persoas, un 70% delas mulleres, dos municipios de Matagalpa, Matiguás e San Dionisio
Indirecta: 4.000 mulleres atendidas na consulta do CMM para garantir a diagnose precoz  e o tratamento do primeiro nivel de atención 

Axudas: 

138665