Proxectos

Mellora da seguridade alimentaria e das desigualdades de xénero na liña de fronteira entre Guinea-Bissau e Senegal mediante a creación dunha rede de hortas comunitarias xestionadas e controladas por mulleres

O obxectivo deste proxecto é por en funcionamento unha rede de hortas comunitarias transfronteirizas xestionadas e controladas por mulleres de ambos países, que lles va a permitir a elas e as súas familias: mellorar a súa soberanía alimentaria mediante a produción de hortalizas que xa consumen; diversificar a súa dieta coa introdución de novas hortalizas que non consumen; mellorar a resiliencia das súas comunidades complementando os seus sistemas tradicionais de renda en época de chuvia, con o cultivo de hortalizas durante a época seca; aumentar os seus ingresos económicos a través da venta de excedentes contribuíndo a mellorar a súa independencia e a súa posición social no seno da súa comunidade, e mellorar a cooperación entre os pobos de ambos lados da fronteira contribuíndo así ao establecemento definitivo da paz.

Ano: 
2015
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
África
País: 
SENEGAL
GUINEA-BISSAU
Zona de actuación: 
Oio (rexión)
Kolda (rexión)
Contraparte: 

Federaçao camponesa KAFO; Mouvement des Jeunes pour la paix et l´integration (MJPI)

Código CRS: 
31161 - Produción alimentos agrícolas
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír con a erradicación da malnutrición crónica e loita pola equidade de xénero na liña de fronteira entre Guinea-Bissau e Senegal (ODM1 e ODM3).
Obxectivo específico: Mellora da soberanía alimentaria na liña de fronteira entre Guinea-Bissau e Senegal a través da creación dunha rede de explotacións agrícolas comunitarias de carácter transfronteirizo, inclusivas, equitativas, sostibles e diversificadas.

Resultados e actividades: 

Resultado.1.0 Creado e posto en práctica un sistema de execución, seguimento e avaliación do proxecto.
Actividades
A.1.0.1 Selección e contratación do equipo responsable da execución e seguimento do proxecto.
A.1.0.2: Celebración de reunións de coordinación cada dúas semana.
A.1.0.3 Elaboración e posta en práctica dun sistema de seguimento económico.
A.1.0.4 Elaboración e posta en práctica dun sistema de seguimento técnico.
A.1.0.5 Realización dunha avaliación final independente con enfoque de xénero.
A.1.0.6 Realización dunha auditoría independente.
Resultado.1.1 08 hortas comunitarias xestionadas e controladas por mulleres funcionando de xeito sostible en puntos clave da liña fronteiriza entre Guinea-Bissau e Senegal.
Actividades
A.1.1.1 Limpeza e preparación dos terreos para a realización das obras coa participación da comunidade local.
A.1.1.2 Prospección e construción de pozos artesanais mellorados (catro en cada horta) para abastecer de rego ás parcelas.
A.1.1.3 Construción dos valados para protección e delimitación das parcelas.
A.1.1.4 Distribución de insumos: ferramentas e sementes entre o colectivo meta.
Resultado.1.2 Asegurada a soberanía alimentaria na zona de actuación grazas ao aumento substancial da produción hortícola, a unha maior diversificación dos cultivos e á introdución de máis variedades vexetais na dieta das familias campesiñas.
Actividades
A.1.2.1 Elaboración de materiais didácticos (adaptados ás características do colectivo meta) sobre técnicas de cultivo hortícola.
A.1.2.2 Realización dunha formación sobre o terreo (en cada horta) en técnicas hortícolas sostibles durante todo o ciclo produtivo con participación de todas as mulleres.
A.1.2.3 Asesoría continuada (formación en servizo) con visitas semanais por parte dos técnicos do proxecto en todas las hortas durante el ciclo completo de cultivo para a planificación de sementa diversificación do cultivo, tratamento de pragas, etc.
A.1.2.4 Formación para a produción e conservación de sementes en cada horta.
Resultado.1.3 Mellóranse as condicións de comercialización dos produtos agrícolas a través da planificación conxunta dos grupos de mulleres e da cooperación transfronteiriza.
Actividades
A.1.3.1 Acompañamento aos produtores e facilitación de encontros para a apertura de canais de comercialización nos mercados rexionais, con maioristas da capital (Kolda) e en mercados locais itinerantes (lumos) a ámbolos dous lados da fronteira.
A.1.3.2 Apoio aos comités de xestión para acordar posturas en canto a prezos, calendario e condicións de venda dos excedentes de produción.
A.1.3.3 Realización de seminarios de formación en técnicas artesanais de conservación e transformación de produtos hortícolas.
A.1.3.4 Realización de seminarios de formación sobre xestión de rendementos económicos, aforro e pequenas inversións en cada unha das hortas con participación de todas as mulleres.
A.1.3.5 Celebración dunha Asemblea Transfronteiriza de mulleres Horticultoras en aras de mellorar a planificación, compartir experiencias e render contas coa administración.
Resultado.1.4 Fortalecida a posición e condición que ocupan as mulleres dentro das comunidades participantes no proxecto.
Actividades
A.1.4.1 Selección e legalización dos terreos a nome dos grupos de mulleres, de común acordo coas autoridades tradicionais e administrativas, para a implantación das unidades de produción agrícolas.
A.1.4.2 Realización dunha análise participativa de xénero, contando coa presenza de homes e mulleres en dúas das aldeas seleccionadas a cada lado da fronteira
A.1.4.3 Asesoría continuada para a creación e posta en práctica, en cada unha das unidades de produción agrícola, dun sistema de xestión comunitario equitativo.
A.1.4.4 Actividade fotográfica cun grupo de mulleres a través da cal realizarán unha mostra fotográfica de mulleres realizando actividades produtivas.
A.1.4.5 Realización de un programa radiofónico, en dúas radios comunitarias da liña de fronteira que verse sobre xénero e seguridade alimentaria, dando voz ás mulleres participantes do proxecto.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 881 campesiñas pertencentes a 22 aldeas (distribuídas ao redor dos 8 terreos seleccionados en base a súa equidistancia e as súas características hidroxeolóxicas) da sección de Cuntima (fronteira de Guinea-Bissau) e as Comunidades Rurais de Medina El Hadj e Guiro Yéro Bocar (fronteira de Senegal). A gran maioría de estas mulleres ten unha escasa ou nula formación e viven en situación de extrema pobreza.
Indirecta: A poboación de toda a franxa transfronteiriza (23.000 habitantes aproximadamente) forma parte do colectivo meta indirecto que vaise beneficiar do proxecto ao menos en dous aspectos: polo aumento da oferta de produtos agrícolas dispoñibles nos seus mercados locais, e polas emisións de radio que alcanzarán toda esta zona e que ten como obxectivo sensibilizar e dar consellos prácticos a toda a comunidade en temas tan importantes como nutrición, dereitos das mulleres, practicas agrícolas e seguridade alimentaria.

Axudas: 

175.000,00 € (2015: 87.500,00 €; 2016: 87.500,00 €)