Proxectos

MELLORA DA SEGURIDADE ALIMENTARIA EN FAMILIAS RURAIS DE SANTIAGO DE CHUCO A TRAVÉS DO FORTALECEMENTO DAS CAPACIDADES PRODUTIVAS E ORGANIZATIVAS

O proxecto implementarase na serra de La Libertad, no norte de Perú, en 17 casaríos onde se desenvolve unha agricultura de subsistencia con baixos rendementos produtivos por superficie e por animal.
No ámbito de intervención do proxecto identificáronse unidades produtivas con baixos ingresos económicos e escasos excedentes de produción. Isto fai que nas familias dos pequenos produtores, a seguridade alimentaria sexa moi vulnerable, situación que o proxecto intenta solucionar.

Período de execución: xuño 2010- novembro 2011

Ano: 
2010
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
América do Sur
País: 
PERÚ
Zona de actuación: 
Santiago de Chuco (provincia)
La Libertad (departamento)
Axentes: 
MANS UNIDAS
Contraparte: 

Centro Ecuménico de Promoción y Acción Social Norte – Cedepas Norte

Código CRS: 
31100 - Agricultura
Obxectivos: 

Mellora das condicións socioeconómicas no departamento de La Libertad

Resultados e actividades: 

- Capacitación no proceso produtivo de cultivos, na crianza axeitada de animais maiores e menores, no proceso produtivo de hortos caseiros e mellora da biodiversidade e fortalecemento organizacional.
- Asistencia técnica no proceso produtivo dos cultivos de subsistencia.
- Fortalecemento de capacidades en labores culturais de pastos e forraxes en unidades de subsistencia.
- Incidencia política en institucións do Estado e privadas na posta en valor da pequena agricultura de subsistencia no marco do cambio climático, biodiversidade, pobreza e emprego.
- Plan de melloramento xenético de sementes de cultivos tradicionais. Promoción de variedades melloradas de cultivos comerciais e implementación de viveiros.
- Implementación de pastos mellorados e de granxas familiares de animais menores. Incorporación de gando mellorado.
- Fondo de crédito a organizacións de base para xeración de micro negocios.
- Deseño e implementación de campañas de sensibilización e divulgación de equidade de xénero

Poboación beneficiaria: 

Directa: 710 pequenos produtores(as) agropecuarios de baixos ingresos económicos
Indirecta: 4.903 beneficiarios indirectos

Axudas: 

175.000€ (2010: 87.500€ - 2011: 87.500€)