Proxectos

Mellora da sostenibilidade da actividade marisqueira como fonte de ingresos de grupos de mulleres nos municipios de Amapala, Alianza, San Lorenzo e Marcovia, Honduras. Fase 1.

O programa enfócase na sostenibilidade da actividade marisqueira como fonte de ingresos de grupos de mulleres. Pódese considerar polo tanto en si mesmo coma unha acción afirmativa de xénero. Este proxecto céntrase nos 3 resultados: o fortalecemento dos grupos desde un punto de vista de mellorar a súa autonomía e reducir as dependencias para a toma de decisións e a acción en materia de xeración de alternativas económicas e incidencia; a articulación horizontal e vertical de actores do sector; e a posta en marcha das alianzas entre actores para sentar procesos de xeración de coñecemento, orientados á ordenación ou regulación da actividade. Cos grupos, preténdese mellorar a súa capacidade económica e de toma de decisións de forma proactiva. Reforzaranse aspectos de xestión organizativa, incluíndo compoñentes de xestión emocional e outros. Daranse capacitacións e insumos para a experimentación en formas de engadir valor agregado aos produtos do mar. Trátase de aprender técnicas, experimentar cos seus propios recursos, e probar a venta en diferentes formatos, analizar os resultados e ir establecendo negocios con mellores rendementos.

Ano: 
2022
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
HONDURAS
Zona de actuación: 
Golfo de Fonseca
Axentes: 
ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS-GALICIA
UNIVERSIDADE DA CORUÑA
Contraparte: 

Comité para a Defensa e Desenvolvemento da Flora e Fauna do Golfo de Fonseca (CODDEFFAGOLF)

Código CRS: 
31320 - Desenvolvemento pesqueiro
31381 - Educación, formación pesqueira
31382 - Investigación pesqueira
Obxectivos: 

Xeral: Mellorar a sostenibilidade e a gobernanza da actividade marisqueira do sur de Honduras

Específico: Mellorar a sostenibilidade da actividade marisqueira como fonte de ingresos de grupos de mulleres nos municipios de Amapala, Alianza, San Lorenzo e Marcovia, Honduras.

Resultados e actividades: 

R.1. Mellorada a autoxestión dos grupos de mulleres e mozos/as do sector marisqueiro-pesqueiro artesanal, como colectivo organizado para a xeración de ingresos para as familias.

A.1.1. Construción e implementación de estratexias de fortalecemento dos colectivos, con apoio técnico de CDFG.

A.1.2. Capacitacións en habilidades individuais e grupais.

A.1.3. Apoio á xeración de alternativas económicas innovadoras.

R.2. Mellorada a incidencia e articulación dos colectivos do sector marisqueiro e pesca artesanal, ante tomadores de decisión e titulares de responsabilidade.

A.2.1. Promoción da articulación de axentes titulares de responsabilidade e obrigas, do sector pesca artesanal

A.2.2. Acompañamento a grupos de mariscadoras/es na súa axenda de incidencia.

A.2.3. Campaña de sensibilización á poboación en xeral sobre a importancia do sector pesca artesanal / marisqueo na Rexión 13.

A.2.4. Apoio e coordinación para inscrición no Censo oficial de pescadores/as e mariscadoras/es na rexión 13 – Golfo de Fonseca.

A.2.5. Capacitacións técnicas a equipo CDFG e outras instancias titulares de responsabilidades e obrigas.

A.2.6. SIROS

R.3. Establecidos procesos de xeración e xestión do coñecemento para a recuperación e sostenibilidade do recurso marisqueiro.

A.3.1. Elaboración de estudios de base científica sobre o sector para promover o coñecemento entre institucións xestoras do sector marisqueiro.

A.3.2. Ensaios de reprodución de moluscos bivalvos para rexeneración de espazos naturais de captura e análise de posibilidades de cultivo.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 448 persoas (63 homes, 123 mulleres, 14 mozos/as, 115 nenos e 133 nenas)

Indirecta: 3.146 persoas (441 homes, 861 mulleres, 98 mozos/as, 815 nenos e 931 nenas)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

225.000 € (90.000 € en 2022 e 135.000 € en 2023)