Mellora da sostibilidade e a xestión integrada da Cadea de Valor da Pesca e Acuicultura, promovendo o desenvolvemento socioeconómico, a igualdade de xénero, e a conservación ambiental dos ecosistemas de augas interiores, na provincia de Maputo (Mozambique)
O proxecto ten como obxectivo xeral mellorar a sostibilidade e a xestión integrada das actividades da cadea de valor da pesca e a acuicultura mediante a promoción do desenvolvemento socioeconómico, a igualdade de xénero e a conservación ambiental dos ecosistemas de augas continentais nos distritos de Namaacha, Boane e Moamba na provincia de Maputo.
A intervención promoverá o crecemento sostible da pesca artesanal a través da mellora da xestión, dos mecanismos de gobernanza e das técnicas de captura. Establecendo tres liñas prioritarias ou compoñentes; primeiro o fortalecemento dos Consellos Comunitarios de Pesca en xestión comunitaria, promovendo a activa participación das mulleres e realizando intercambios de experiencias. Segundo, contribuirá a capacitar aos actores da cadea de valor da pesca e acuicultura, impulsando iniciativas de emprendemento sostibles no tempo e co medioambiente e formarase ás comunidades en habilidades brandas e coaching empresarial. Terceiro, capacitarase ás Administracións locais, Direcção Provincial de Agricultura e Pescas (DPA), Ministério do Mar, Águas Interiores e Pescas (MIMAIP) e Serviço Distrital de Actividades Económicas (SDAE) en vixilancia do medioambiente e xestión de recursos pesqueiros para fortalecer ás asociacións de pesca en técnicas de captura coidadosas co medioambiente e a xestión sostible dos recursos pesqueiros.
Fundación Ayuda en Acción - Mozambique
Xeral: Mellorar a sustentabilidade e a xestión integrada da Cadea de Valor da Pesca e Acuicultura promovendo o desenvolvemento socioeconómico, a igualdade de xénero, a seguridade alimentaria e a conservación ambiental dos ecosistemas de augas interiores.
Específico: Promover o crecemento sostible da pesca artesanal a través da mellora da xestión, dos mecanismos de gobernanza e das técnicas de captura.
RE 1.1 Fortalecidos os Consellos Comunitarios de Pesca (CCPs) para unha xestión participativa e sostible dos recursos pesqueiros.
A.1.1.1 Programa formativo para CCPs en materia de Legalidade e Xestión Comunitaria Pesqueira.
A.1.1.2 Divulgación do marco normativo de CCPs e Promoción da participación activa das comunidades na toma de decisións sobre a xestión dos recursos pesqueiros e acuícolas, con especial incidencia na participación inclusiva das mulleres.
A.1.1.3 Promoción de intercambio de experiencias dos CCPs.
RE 1.2 Capacitados os actores da Cadea de Valor da Pesca e Acuicultura para a expansión da produción acuícola cunha xestión eficiente dos negocios con participación inclusiva das mulleres.
A.1.2.1 Identificación e promoción de iniciativas de emprendemento, innovadoras sostibles e inclusivas, na cadea de valor da pesca e acuicultura.
A.1.2.2 Desenvolvemento dun programa individualizado de Coaching ás asociacións creadas a partir de CCP’s), con enfoque de empoderamento e liderado feminino.
A.1.2.3 Apoio e impulso a iniciativas emprendedoras sostibles identificadas (A.2.1) para o acceso a fontes financeiras, articulación comercial, economía circular e crecemento sostible.
RE 1.3 Capacitados os actores da Cadea de Valor da Pesca e Acuicultura en conservación de ecosistemas augas interiores.
A.1.3.1 Capacitación a persoal técnico das administracións locais DPAP e SDAE en materia de vixilancia do medioambiente e xestión de recursos pesqueiros, e elaboración dunha guía de boas prácticas en materia de pesca.
A.1.3.2 Capacitación a CCPs para promoción de técnicas de captura coidadosas co medioambiente e xestión sostible de recursos pesqueiros.
RE 1.0 Definición dos mecanismos de seguimento e xestión técnica e económica para a implementación do proxecto.
A.1.0.1 Seguimento e control da acción.
A.1.0.2 Elaboración de liña de base.
A.1.0.3 Avaliación.
A.1.0.4 Auditoría.
Directa: 1.170 (989 homes; 181 mulleres)
Indirecta: 9.158 (4.900 homes; 3.258 mulleres; 500 nenos; 500 nenas)
Axuda Xunta de Galicia:
185.000 € (64.750 € en 2024 e 120.250 € en 2025)