Proxectos

Mellora da sostibilidade na xestión do recurso hídrico fronte ao cambio climático e ás secas en Mozambique. Gerhara III

Mozambique é o pais do mundo mais vulnerábel ao cambio climático. Sofre de secas cada vez mais graves, dunha distribución desigual do recurso hídrico e de falta de capacidades suficientes nos titulares de obrigacións. Isto xera unha baixa dispoñibilidade de auga e una xestión social medioambientalmente insostible do recurso hídrico.

Tralos bos resultados do proxecto SIXHIARA, que mellorou as capacidades das ARAs na xestión do inventario e licenciamento de usuarios, o proxecto GERHARA supuxo unha nova estratexia que puxo o foco na gobernabilidade do recurso e na sostibilidade e a resiliencia ao cambio climático a medio e longo prazo. Este proxecto está concibido como un proxecto mais amplo de 3 fases que terá como fin mellorar a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sostible.

O proxecto GERHARA ten como eixos transversais o cambio climático e a xeración dunha perspectiva de xénero feminista na xestión do recurso hídrico (RRHH). Enfocase no fortalecemento institucional da ARA-Sul, IP, na mellora na xestión do balance hídrico e na redución dos niveis de desigualdade na distribución da auga entre os grandes consumidores, a poboación local e os pequenos consumidores.

O proxecto presentado constitúe a fase final do programa GERHARA e está orientado principalmente á consolidación dos procesos iniciados nas fases anteriores e á garantía da súa sustentabilidade institucional e comunitaria. Nesta fase reforzarase a capacidade de xestión da ARA-Sul, IP para a incorporación do enfoque de xénero, fortalecendo a entidade para o seguimento e cumprimento da Estratexia de Inclusión de Xénero desenvolvida na fase I do proxecto que termina en 2027.

Ano: 
2026
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
África
País: 
MOZAMBIQUE
Zona de actuación: 
Inhabane (provincia)
Maputo (provincia)
Maputo Ciudad (provincia)
Axentes: 
ICARTO - INNOVACIÓN COOPERACIÓN CARTOGRAFÍA E TERRITORIO S.L.
Contraparte: 

Administração Regional de Águas do Sul, Instituto Público (ARA-Sul, IP)

Código CRS: 
14010 - Política recursos hídricos e xestión administrativa
Obxectivos: 

Xeral: Mellorar a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sustentable no sur de Mozambique.

Específico: Mellora da sostibilidade na xestión do recurso hídrico promovendo mecanismos para aumentar a capacidade de planificación e resiliencia fronte ao cambio climático e ás secas no sur de Mozambique.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Integrada de forma efectiva a perspectiva de xénero na xestión do recurso hídrico da ARA-Sul, IP, fortalecendo as súas capacidades institucionais para promover a equidade e previr a violencia baseada no xénero.

A.1.1.1. Campañas de sensibilización para incentivar a incorporación de mulleres ao sector hídrico nos centros de formación técnica.

A.1.1.2. Consolidación e monitorización do Protocolo para a prevención e resposta ao acoso sexual e violencia baseada no xénero na ARA-Sul, IP.

A.1.1.3. Formacións específicas en materia de xénero ao departamento de Comunicación e Imaxe e puntos focais das divisións.

A.1.1.4. Capacitación técnica de mulleres dos comités de xestión en operación e mantemento de infraestruturas hidráulicas.

RE 2.1. Mellorada a xestión do balance hídrico mediante o control efectivo da demanda, a validación dos consumos dos grandes usuarios e a mellora da asignación e distribución de auga para consumo humano e agricultura, contribuíndo a unha xestión máis sustentable do recurso fronte ao cambio climático.

A.2.1.1. Consolidación e actualización do inventario de usuarios demandantes de auga e explotacións para garantir a calidade e trazabilidade da información.

A.2.1.2. Optimización do proceso de licenciamento para fortalecer a xeración e validación dos datos de demanda hídrica por parte das Divisións de Bacia.

A.2.1.3. Validación e fiscalización dos consumos dos grandes usuarios para mellorar o control efectivo das explotacións licenciadas.

A.2.1.4. Actualización e ampliación do inventario de asociacións de agricultores nos distritos de Namaacha e Boane mediante a análise da súa situación organizaiva e de abastecemento de auga para agricultura e consumo humano.

RE 3.1. Fortalecida a gobernanza hídrica territorial mediante a coordinación efectiva entre a ARA-Sul, IP, as asociacións agrícolas e as estruturas distritais, promovendo a participación nos espazos de decisión e a corresponsabilidade na xestión do recurso fronte ao cambio climático.

A.3.1.1. Reforzo da participación das asociacións agrícolas no Comité de Umbeluzi como espazo formal de diálogo entre empresas, poboación e ARA-Sul, IP en canto á xestión e dispoñibilidade do recurso hídrico.

A.3.1.2. Fortalecemento da coordinación entre a ARA-Sul, IP e as asociacións agrícolas para a mellora da gobernanza hídrica territorial.

A.3.1.3. Mellora dos mecanismos comunitarios de alerta e xestión de risco con enfoque de xénero.

A.3.1.4. Fortalecemento dos comités comunitarios vinculados á xestión de pozos de consumo de auga.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 8.790 persoas (4.227 homes e 4.563 mulleres) 

Indirecta: 6.792.161 persoas (1.623.039 homes, 1.981.295 mulleres, 1.597.912 nenos e 1.589.915 nenas)

Axudas: 

Xunta de Galicia: 184.500,00 € (64.575,00 € en 2026 e 119.925,00 € en 2027)