Proxectos

Mellora da sustentabilidade na xestión do recurso hídrico fronte ao cambio climático e ás secas en Mozambique. Fase II. GERHARA II.

Este proxecto está concibido como un proxecto máis amplo de 3 fases que terá como fin mellorar a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sostible en Mozambique. O proxecto ten en conta aos titulares de obrigacións, tendo como socio local á ARASul, responsable da xestión do recurso hídrico na zona de intervención, e aos titulares de responsabilidades, tendo como socio local á asociación de campesiños UNAC, a máis importante do país e con gran presencia local na zona de estudo.

Este proxecto presentado supón a fase II de GERHARA e vaise centrar no aumento das capacidades de xestión da ARA-Sul, para a incorporación do enfoque de xénero fortalecendo a entidade para o seguimento e cumprimento da Estratexia de Inclusión de Xénero desenvolvida na fase I do proxecto.

Ano: 
2024
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
África
País: 
MOZAMBIQUE
Zona de actuación: 
Franxa de Gaza
Inhabane (provincia)
Maputo (provincia)
Axentes: 
ICARTO - INNOVACIÓN COOPERACIÓN CARTOGRAFÍA E TERRITORIO S.L.
Contraparte: 

Administração Regional de Águas do Sul, Instituto Público (ARA-Sul, IP) agrupada con União Nacional de Camponeses (UNAC)

Obxectivos: 

Xeral: Mellorar a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sustentable no sur de Mozambique.

Específico: Mellora da sustentabilidade na xestión do recurso hídrico promovendo mecanismos para aumentar a capacidade de planificación e resiliencia fronte ao cambio climático e ás secas no sur de Mozambique.

Resultados e actividades: 

RE 1.1: Fortalecidas as capacidades institucionais da ARA-Sul, IP na incorporación do enfoque de xénero na xestión do recurso hídrico.

             A.1.1.1: Fortalecemento da Unidade de xénero da ARA-Sul, IP.

A.1.1.2: Difusión e seguimento da implementación do Protocolo para a prevención e resposta ao acoso sexual e violencia baseada no xénero.

A.1.1.3: Formacións específicas en materia de xénero aos diferentes departamentos da ARA-Sul, IP.

RE 1.2: Mellorada a xestión do balance hídrico, a través do coñecemento dos usuarios demandantes de auga e a mellora na distribución de auga para consumo humano e agricultura, tendo en conta os efectos do cambio climático.

A.1.2.1: Actualización de información e ampliación do inventario de usuarios demandantes de auga e de explotacións agrícolas de gran e mediano tamaño.

A.1.2.2: : Desenvolvemento e aplicación dunha metodoloxía para o calculo de consumos de auga das explotacións licenciadas coa participación das Divisións de Xestión de Bacia.

A.1.2.3: Incorporación do novo regulamento de descargas de efluentes dentro do SIRHA mellorando a xestión da calidade de auga bruta e incorporando o enfoque de xénero.

A.1.2.4: Diagnóstico de 17 asociacións de agricultores de Namaacha e Boane respecto á situación social, organizativa e de abastecemento de auga para agricultura e consumo humano.

A.1.2.5: Construción dunha infraestrutura de rega "eficiente" identificada polas asociacións de agricultores e rehabilitación das fontes próximas.

RE 1.3: Fortalecidas as capacidades das estruturas locais para asegurar o acceso equitativo do recurso hídrico tendo en conta as afeccións do cambio climático e secas.

A.1.3.1: Fortalecemento aos membros das Unidades Distritais na participación nos espazos de dialogo entre a poboación, grandes empresas e a ARASul, IP en canto á xestión e dispoñibilidade do recurso hídrico.

A.1.3.2: Fortalecemento dos comités de xestión de desastres naturais de Namaacha e Boane.

A.1.3.3: Formación aos "Comités de furos" no mantemento das fontes rehabilitadas.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 8.579 (4.176 homes; 4.403 mulleres)

Indirecta: 6.793.061 (1.623.939 homes; 1.981.295 mulleres; 1.597.912 nenos; 1.589.915 nenas)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

178.000 € (62.580 € en 2024 e 116.220 € en 2025)