Proxectos

Mellora da sustentabilidade na xestión do recurso hídrico promovendo mecanismos para aumentar a capacidade de planificación e resiliencia fronte ao cambio climático e ás secas no sur de Mozambique-GERHARA

O  proxecto GERHARA aborda a situación de grave vulnerabilidade que sofre Mozambique respecto da baixa dispoñibilidade de auga e a pouca sustentabilidade da xestión social deste recurso. Para iso, baséase nunha estratexia que salienta a gobernabilidade do recurso e a sustentabilidade e resiliencia a medio e longo prazo, e que ten como eixos transversais o cambio climático e a perspectiva de xénero. Para implantala, enfocarase no fortalecemento institucional de ARA Sul, IP (Administração Rexional de Águas do Sul, Instituto Público), na mellora da xestión do balance hídrico e na redución dos niveis de desigualdade na distribución de auga entre consumidores, co fin de alcanzar unha xestión eficiente da auga, crear unha política de xénero, mellorar as capacidades técnicas e financeiras  desta institución e aumentar os espazos de participación da poboación e líderes comunitarios na toma de decisión sobre o seguimento, uso, restricións e planificación do recurso hídrico. Para iso contará co apoio dos socios locais titulares de obrigacións (ARA Sul, IP) e de responsabilidades (UNAC, asociación de campesiños máis importante do país)

Ano: 
2022
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior outros axentes
Rexión: 
África
País: 
MOZAMBIQUE
Zona de actuación: 
Gaza (provincia)
Inhabane (provincia)
Maputo (provincia)
Maputo Ciudad (provincia)
Axentes: 
ICARTO - INNOVACIÓN COOPERACIÓN CARTOGRAFÍA E TERRITORIO S.L.
Contraparte: 

Administração Regional de Águas do Sul, Instituto Público (ARA-Sul, IP)

Código CRS: 
14010 - Política recursos hídricos e xestión administrativa
Obxectivos: 

Xeral: Mellorar a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sustentable no sur de Mozambique. 

Específico: Mellora da sustentabilidade na xestión do recurso hídrico promovendo mecanismos para aumentar a capacidade de planificación e resiliencia fronte ao cambio climático e ás secas no sur de Mozambique.

Resultados e actividades: 

RE 1.1. Fortalecidas as capacidades institucionais da ARA-Sul, IP na xestión do recurso hídrico cun enfoque de xénero e cambio climático.

            A.1.1.1 Elaboración da liña basee do proxecto

            A.1.1.2 Fortalecemento da ARA-Sul, IP en procesos para promover a capacidade de planificación e resiliencia fronte ao cambio climático e ás secas.

            A.1.1.3 Implantación do plan de acción de xénero da ARA-Sul, IP

RE 1.2 Mellorada a xestión do balance hídrico, a través do coñecemento dos grandes usuarios demandantes de auga e da análise de dispoñibilidade hídrica, tendo en conta os efectos do cambio climático. 

            A.1.2.1 Identificación de explotacións agrícolas de mediano e gran tamaño para os cultivos piloto seleccionados en todo a área xestionada pola ARA-Sul, IP a través da teledetección.

            A.1.2.2 Licenciamento de explotacións agrícolas e aplicación do método de estudo de demanda hídrica de cultivos en áreas agrícolas non catastradas nin licenciadas identificadas no estudo de teledetección

            A.1.2.3 Rehabilitación dunha pequena infraestrutura de rega “eficiente” identificada polas asociacións de agricultores da área da presa dos Pequenos Libombos.

RE 1.3 : Aumentada a gobernabilidade no que concirne ao acceso e á equidade do recurso hídrico na área de Pequenos Libombos..

            A.1.3.1 Análise da situación de inequidade no acceso á auga para consumo humano e agricultura na área dos Pequenos Libombos.

            A.1.3.2 Promoción de espazos de diálogo entre a poboación e a ARA-Sul, IP en canto á xestión e dispoñibilidade do recurso hídrico, as afeccións do cambio climático e as secas.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 8.854 persoas (4.275 homes, 4.579 mulleres)

Indirecta: 6.551.083 persoas (1.524.171 homes, 1.880.142 mulleres, 1.572.996 nenos e 1.573.774 nenas) 

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

173.113 € (69.245,20 € en 2022 e 103.867,80 € en 2023)