Mellora da Xestión Comunitaria da auga no sur de Honduras. Fase 1.
O proxecto foi deseñado como Fase 1 dun Programa de fortalecemento da Xestión Comunitaria da Auga no sur de Honduras. A experiencia de ESF Galicia con Ahjasa nesta compoñente, deixou unhas aprendizaxes e metodoloxías que permiten a réplica e ampliación orientando un programa específico en materia de xestión comunitaria. Estímase que mais do 70% das inversións en sistemas de auga débense a unha reposición, ampliación ou mellora de sistemas de auga xa construídos, e que por un proceso de abandono, fóronse deteriorando ata o punto de ser non funcionais. Estímase que o proceso de fortalecemento comunitaria prevén estes problemas e supón unha mellora da eficiencia dos recursos, a pesar de ser mais difícil a súa medición e xustificación no curto-medio prazo. Por este motivo, faise con enfoque de programa.
Asociación Hondureña de Juntas Administradoras de Sistemas de Agua (AHJASA)
Xeral: Mellorar o acceso á auga potable, o saneamento e a gobernanza dos recursos hídricos.
Específico: Mellorar a capacidade de xestión das XA como entidade organizativa de base comunitaria para a xestión do sistema de auga e do recurso hídrico con enfoque integral, no ámbito comunitario
R.1. Xuntas de auga reforzadas, capaces de planificar e orientar as súas accións cara á sustentabilidade dos sistemas de auga e das súas estruturas organizativas comunitarias.
A.1.1. Reforzo das capacidades das xuntas de augas mediante a asistencia técnica de mozos certificados
A.1.2. Formación e reforzo de contidos para o programa de técnicos certificados XA
R.2. Organismo técnico especializado en xestión comunitaria da auga, formado e visibilizado no sur de Honduras
A.2.1. Fortalecemento da xestión comunitaria da auga cun enfoque de xestión integral, Microconca do Río Laure
A.2.2. Sensibilización sobre a xestión responsable dos recursos hídricos.
R.3. Mellorouse a interacción das xuntas da auga nos espazos de articulación para a gobernanza da auga
A.3.1. Articulación das entidades comunitarias de xestión da auga en espazos de goberno e participación
Directa: 2.547 persoas (803 homes, 822 mulleres, 22 mozos/as, 365 nenos e 515 nenas)
Indirecta: 4.697 persoas (2.099 homes, 2.466 mulleres e 132 mozos/as)
Axuda Xunta de Galicia:
175.000 € (70.000 € en 2022 e 105.000 € en 2023)