Proxectos

Mellora da xestión pública da auga nos municipios da Mancomunidade Nasmar, Honduras, Fase 1

O proxecto forma parte do Programa de Auga de Enxeñería Sen Fronteiras Galicia na zona sur de Honduras, froito dun proceso de varios anos, coa Mancomunidade NASMAR. Con este proxecto, as entidades involucradas, pretenden dar un salto cuantitativo da capacidade de mobilización de recursos para sistemas de auga, cualitativo en canto á xestión pública de auga e saneamento e de calidade de auga, avanzar na sustentabilidade de xestores sociais da auga, e unha mellora substancial nas alianzas interinstitucionais. Executarase unha obra modelo de abastecemento de auga e saneamento, na comunidade de Tres Piedras, El Triunfo, no Departamento de Choluteca, coa que xa se traballou anteriormente no fortalecemento da Xunta de auga e tamén coa municipalidade do Triunfo con capacitacións aos técnicos. O abastecemento actual de auga da comunidade son pozos perforados, con escaseza de auga e compra de auga en bines e/o embotellada.  Por ese motivo, a obra incluirá o sistema completo e tamén a construción de letrinas nas vivendas que carecen dela.

Ano: 
2024
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
HONDURAS
Zona de actuación: 
Golfo de Fonseca
Mancomunidade NASMAR
Axentes: 
ENXEÑERÍA SEN FRONTEIRAS-GALICIA
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Contraparte: 

Mancomunidad de Municipios del Sur, NASMAR

Obxectivos: 

Xeral: Mellorar o acceso da poboación á auga e saneamento.

Específico: Mellorar a xestión pública da auga por parte das institucións públicas de ámbito local.

Resultados e actividades: 

RE 1.1: Melloradas as capacidades de xestión e execución técnica de proxectos de abastecemento e saneamento de auga en comunidades rurais.

           A.1.1.1: Construción de obra modelo de construción completa de abastecemento e saneamento en comunidade 3 Piedras.

A.1.1.2: Capacitacións técnicas a persoal municipal para deseño, xestión e dirección de obra de sistemas de auga e saneamento.

A.1.1.3: Fomentar la consolidación de procesos y estructuras para la gestión del agua en las municipalidades.

RE 1.2: Mellorado o seguimento, planificación e rendición de contas polas municipalidades e a mancomunidade, sobre sistemas de auga en comunidades rurais dos municipios da Nasmar.

A.1.2.1: Formación de capacidades sobre transparencia e bo goberno na xestión publica local dos proxectos de auga.

A.1.2.2: Implementación de procedimientos y sistemas de seguimiento municipales sobre la situación del sector agua y saneamiento en las comunidades rurales.

A.1.2.3: Transferencia de tecnoloxía do LaboraTe-USC á FACES-UNAH sobre a metaplaforma de xeo-consulta participativa.

RE 1.3: Mellorado o seguimento e control de calidade de auga pola Secretaría de Saúde e as municipalidades.

A.1.3.1: Apoio ao comezo de actividade do laboratorio de análise de calidade de auga da Secretaría de Saúde – Rexión Sanitaria 17.

A.1.3.2: Seguimento e vixilancia da relación saúde - calidade de auga na rexión pola mesa técnica de calidade de auga.

A.1.3.3: Identificación de tecnologías apropiadas para la depuración del agua, considerando los problemas de contaminación identificados en el territorio

Poboación beneficiaria: 

Directa: 291 (97 homes; 105 mulleres; 45 nenos; 49 nenas)

Indirecta: 367.626 (134.660 homes; 125.215 mulleres; 51.387 nenos; 56.358 nenas)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

235.000 € (82.250 € en 2024 e 152.750 € en 2025)