Proxectos

Mellora das capacidades da Coordinadora Galega de ONGD de orientar estratexicamente ás entidades socias para obxectivos compartidos de fortalecemento e incidencia política e socia

O proxecto pretende mellorar as capacidades da coordinadora de ONGD galegas para orientar estratexicamente a actuación conxunta das ONGD galegas. Búscase poder desenvolver, de xeito participativo, unha nova planificación estratéxica que oriente a actividade da Coordinadora cara a obxectivos compartidos para os próximos anos; manter un alto grao de representatividade do sector e de satisfacción dos colexiados co traballo da Coordinadora, garantir que os procesos internos de toma de decisións vaian acompañados da reflexión, orientación estratéxica, participación e a transparencia necesaria para garantir a lexitimidade das decisións; e poñer en marcha actividades de calidade no ámbito da acción exterior que permitan a consecución de obxectivos pactados colectivamente

Ano: 
2022
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
COORDINADORA GALEGA DE ONGD
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a mellorar o sector galego de cooperación ao desenvolvemento mediante o fortalecemento da coordinadora galega de ONG para o desenvolvemento

Específico: Mellora das capacidades da Coordinadora Galega de ONGD de orientar estratexicamente ás entidades socias cara obxectivos compartidos de fortalecemento e incidencia política e social.

Resultados e actividades: 

R.1. Promovida a incidencia social na defensa dos obxectivos compartidos de educación para a cidadanía global das ONGD socias.

A.1.1. Mover por distintas cidades galegas a exposición “De Oficio Defensoras” para visibilizar o traballo das mulleres defensoras de dereitos e a represión que sofre a sociedade civil en moitos países.

A.1.2. Executar o Plan Operativo 2022 do Plan de Comunicación da Coordinadora

A.1.3. Posta en marcha do II edición do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global

A.1.4. Promover, apoiar, e/ou participar en actividades e espazos de reflexión de incidencia social que respondan aos intereses estratéxicos das ONGD socias (defensa dos DDHH, educación para a cidadanía global, ecoloxismo; feminismos; comercio xusto, economía social e solidaria e consumo responsable, etc).

R.2. Promovida a incidencia política na defensa da política de cooperación ao desenvolvemento.

A.2.1. Facer incidencia política en representantes públicos e administracións a nivel local e autonómico para a mellora da política pública de cooperación.

A.2.2. Manter reunións e traballar en rede con actores estratéxicos para os obxectivos das ONGD socias e a política galega de cooperación ao desenvolvemento así como promover a pertenza e participación en plataformas de interese.

A.2.3. Difundir un informe sobre o traballo e composición das ONGD socias da Coordinadora e o traballo que realizan entre a cidadanía galega

R.3. Fortalecidas as capacidades e a orientación estratéxica dos órganos da coordinadora

A.3.1. Impulsar o traballo en rede ao interno nos órganos de traballo internos da Coordinadora: Comisións de Traballo, Grupos Territoriais, Xunta Directiva, Secretaría Técnica e Asemblea Xeral e promover así como o achegamento a ONGD non socias.

A.3.2. Informar ás ONGD socias sobre novidades de interese da a cooperación galega e estatal (publicacións, novas, convocatorias) e sobre as actividades levadas a cabo pola Coordinadora

A.3.3. Poñer en marcha e/ou participar en espazos de reflexión e debate para actualizar e mellorar a orientación estratéxica e as capacidades das ONGD socias.

A.3.4. Apoiar e promover a participación das ONGD socias en formacións organizadas pola Coordinadora Estatal de ONGD e/ou outros colectivos semellantes.

A.3.5. Deseñar a nova planificación estratéxica da Coordinadora par o período 2022-2026

Poboación beneficiaria: 

Directa: un total de 1.733 persoas (1.181 mulleres e 552 homes), configurada por voluntariado e persoal laboral das ONGD socias.

Indirecta: un total de 21.422 persoas (12.849 mulleres e 8.573 homes), principalmente persoas socias das ONGD

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

100.000 €