Proxectos

Mellora das capacidades da Coordinadora Galega de ONGD de representación e fortalecemento das ONGD galegas e de planificación e orientación estratéxica da súa actividade cara obxectivos comúns de transformación social e defensa da política pública de coo

O actual proxecto pretende establecer as liñas que permitan seguir traballando ao servizo das ONGD con criterios de eficacia, impacto e satisfacción por parte das socias; promover a mellora continúa e a actualización e adaptación das ONGD ao contexto actual no ámbito do desenvolvemento (a través da formación continúa e reflexión conxunta); propiciar mecanismos e procesos oportunos para que a Coordinadora continúe actuando coa máxima lexitimidade como representante das ONGD galegas e siga sendo a institución a través da cal se articula a acción conxunta e planificada cara unha serie de obxectivos comúns definidos e acordados de forma participada. O actual proxecto enmárcase nun ano de prórroga da Planificación Estratéxica 2012-2015. Neste ano 2016 está previsto desenvolver un proceso de avaliación e actualización da Planificación Estratéxica.

Ano: 
2016
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
COORDINADORA GALEGA DE ONGD
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír a mellorar o sector galego de cooperación ao desenvolvemento mediante o fortalecemento da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento.
Obxectivo específico: Mellora das capacidades da Coordinadora Galega de ONGD de representación e fortalecemento das ONGD galegas e de planificación e orientación estratéxica da súa actividade cara obxectivos comúns de transformación social e defensa da política pública de cooperación.
 

Resultados e actividades: 

Resultados e Actividades.
Resultado 1.1: Fortalecida a capacidade da Coordinadora para promover os obxectivos comúns de transformación social e defensa da política pública de cooperación ao desenvolvemento das ONGD socias.
A.1.1.1: Organizar, coordinar e difundir a posta en marcha de 2 talleres de formación, un sobre incidencia política e outro sobre educación para o desenvolvemento. Dirixidos a ONGD socias e aberto a outras entidades.
A.1.1.2: Difundir noticias relacionadas co sector da cooperación ao
desenvolvemento entre a sociedade galega e os medios de comunicación e a través das
redes sociais; actualizar e manter un funcionamento e estrutura idóneo da web e o
boletín externo da Coordinadora e fomentar o uso de ferramentas audiovisuais.
A.1.1.3: Organizar, coordinar e poñer en marcha campañas e actividades
de incidencia político social vinculadas a temáticas de interese para as ONGD socias:
comercio xusto, loita contra a pobreza e desigualdade, economía solidaria, defensa da
política pública de cooperación e dos DDHH,etc.
A.1.1.4: Organizar, coordinar e difundir a posta en marcha dunhas xornadas
conmemorativas do 25 aniversario da Coordinadora Galega de ONGD.
Resultado 1.2: Fortalecida a lexitimidade da Coordinadora como representante do sector das ONGD galegas.
A.1.2.1: Promover a creación e participación de espazos de reflexión, innovación e intercambio internos sobre campos de interese para as ONGD socias.
A.1.2.2:
Promover a participación e traballo das ONGD socias nos órganos de traballo internos da Coordinadora: Comisións de Traballo e Grupos Territoriais (reunións internas e externas, formacións sobre eixos de interese , documentación,dotación de materiais ,etc)
A.1.2.3: Promover a mellora da transparencia, o bo goberno e o cumprimento do código de conduta nas ONGD socias a través da aplicación da Ferramenta de Transparencia e Bo Goberno elaborada pola Coordinadora Estatal.
A.1.2.4: Promover o traballo da Coordinadora en rede a través da pertenza
a redes e plataformas de interese e/ou a través do fomento de encontros e reunións con
outros actores de interese para as ONGD socias.
A.1.2.5: Promover o achegamento da Coordinadora a ONGD non socias.
Resultado 1.3: Melloradas as capacidades técnicas e de planificación, seguimento, avaliación e rendición de contas dos órganos da Coordinadora (ONGD socias, Xunta Directiva e Secretaría Técnica)
A.1.3.1: Realizar reunións periódicas da Asemblea de ONGD socias e da Xunta
Directiva para seguimento e monitoreo de actividades do proxecto e reforzar
capacidades técnicas do equipo técnico e Xunta Directiva.
A.1.3.2: Publicar memorias anuais 2015 da actividade da Coordinadora.
A.1.3.3: Informar e asesorar ás ONGD socias sobre novidades de interese sobre a cooperación galega e estatal (publicacións, novas, convocatorias) e sobre as actividades levadas a cabo pola Coordinadora
A.1.3.4: Avaliar e actualizar a Planificación Estratéxica da Coordinadora
Galega de ONGD.
A.1.3.5: Organizar, coordinar e difundir a posta en marcha de 2 talleres
de formación, un sobre xénero e outro de intercambio de experiencias, exitosas aprendizaxes
ao redor de proxectos e actividades concretas das ONGD socias.
 
 

Axudas: 

90.000,00€.