Mellora das capacidades da Coordinadora Galega de ONGD para fortalecer ás ONGD galegas e defender obxectivos comúns de incidencia política e social para o progreso da política pública de cooperación ao desenvolvemento e a transformación social en Galicia
O presente proxecto pretende establecer as liñas base a través das cales mellorar as capacidades da Coordinadora Galega de ONGD para fortalecer ás ONGD galegas e defender os obxectivos comúns de incidencia política e social, co fin de promover o progreso da política pública de cooperación ao desenvolvemento e a transformación social en Galicia.
Tales liñas baséanse nos seguintes aspectos:
- Seguir mellorando e reforzando os servizos que ofrece a secretaría Técnica da Coordinadora ás ONGD integradas con criterios de eficacia, impacto e satisfacción (asesoramento, comunicación interna, etc) así como seguir apostando por impulsar un traballo de comunicación externa que acompañe as liñas de sensibilización e incidencia política e reforce a posición da Coordinadora como axente referente de cooperación en Galicia.
- Impulsar a mellora continúa e a actualización e adaptación das ONGD a través da formación técnica, a innovación e o intercambio de experiencias entre as organizacións e xunto a outros axentes educativos e de cooperación. Tamén fomentando procesos de reflexión sobre o seu propio labor e o papel da política na que se insiren: a política de cooperación ao desenvolvemento.
- Propiciar mecanismos e procesos oportunos para que a Coordinadora continúe actuando coa máxima lexitimidade como representante das ONGD galegas. Fomentado a transparencia e bo goberno das súas socias, conseguindo aumentar o número de entidades integradas e a súa satisfacción co traballo desenvolto. Tamén propiciando entornos axeitados para a toma de decisións e a definición de estratexias comúns e compartidas.
Obxectivo xeral: Contribuír a mellorar o sector galego de cooperación ao desenvolvemento mediante o fortalecemento da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento.
Obxectivo específico: Mellora das capacidades da Coordinadora Galega de ONGD para fortalecer ás ONGD galegas e defender obxectivos comúns de incidencia política e social para o progreso da política pública de cooperación ao desenvolvemento e a transformación social en Galicia.
RE 1.1 Fortalecida a capacidade da Coordinadora para incidir na mellora da política pública galega de cooperación a nivel autonómico e local.
RE 1.2 Fortalecida a capacidade da Coordinadora para promover a incidencia social en Galicia.
RE 1.3 Fortalecida a estrutura organizativa e a lexitimidade da coordinadora (ONGD socias Xunta Directiva, Secretaría Técnica e Comisión e Grupos de Traballo).
Directa: A poboación beneficiaria directa é un total de 1.733 persoas (1.181 mulleres y 552 homes), configurada por voluntariado e persoal laboral das ONGD socias.
Indirecta: A poboación beneficiaria indirecta é un total de 21.422 persoas (12.849 mulleres y 8.573 homes), principalmente persoas socias das ONGD.
Axuda Xunta de Galicia: 100.000,00 € (2020)