Proxectos

Mellora das capacidades da Coordinadora Galega de ONGD para a promoción da cooperación galega, a defensa dos dereitos humanos e o fortalecemento e representación das ONGD galegas, particularmente das máis pequenas

O proxecto ten como obxectivo contribuír a mellorar o sector galego da cooperación ao desenvolvemento mediante o fortalecemento da Coordinadora Galega de ONGD, mellorando as súas capacidades para representar e fortalecer as ONGD galegas, particularmente as máis débiles, e para defender obxectivos comúns de incidencia política e social para o avance da política pública de cooperación ao desenvolvemento e a defensa dos dereitos humanos a nivel global.

O fortalecemento da CGONGD e das súas organizacións socias vén sendo apoiado desde 2008, e neste ano 2024 o convenio fai fincapé na necesidade de crear as condicións idóneas para que a Coordinadora poida orientar estratexicamente a acción conxunta das ONGD galegas.

Ano: 
2025
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
COORDINADORA GALEGA DE ONGD
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a mellorar o sector galego de cooperación ao desenvolvemento mediante o fortalecemento da Coordinadora Galega de ONGD para o Desenvolvemento.

Específico: Mellora da capacidade institucional da Coordinadora Galega de ONGD para a promoción da Cooperación Galega, a defensa dos dereitos humanos e o fortalecemento e representación das ONGD galegas, particularmente das máis pequenas.

Resultados e actividades: 

RE 1.1: Reforzada a capacidade da Coordinadora para formar, asesorar e orientar estratexicamente ás ONGD galegas, especialmente ás máis pequenas.

A 1.1.1. Realizar un curso sobre boas prácticas na formulación de proxectos de cooperación exterior dirixido ás ONGD galegas, particularmente ás máis pequenas.         
A 1.1.2. Manter actualizados os distintos canles de comunicación interna e ofrecer asesoramento ás ONGD a través do equipo técnico.           
A 1.1.3. Promover a formación adaptada e a reflexión estratéxica das ONGD socias.        
A 1.1.4. Promover a actividade dos órganos internos (Asemblea Xeral, Xunta Directiva) e redefinir a estrutura e o funcionamento das Comisións de Traballo.          
A 1.1.5. Achegarnos ás ONGD galegas que aínda non son socias.

RE 1.2: Potenciada a capacidade da Coordinadora para comunicar externamente a transcendencia de defender os dereitos humanos e as políticas de cooperación internacional a nivel global.

A 1.2.1. Manter actualizados os canles de comunicación externa a través da relación cos medios de comunicación, do traballo na web e nas redes sociais e da elaboración de produtos comunicativos.
A 1.2.2. Revisar as funcionalidades dos canles de comunicación externos.
A 1.2.3. Publicar e difundir o III Informe do traballo das ONGD Galegas.

RE 1.3: Consolidada a capacidade da Coordinadora para incidir na mellora da política pública de cooperación galega a nivel local e autonómico.

A 1.3.1. Avanzar na folla de ruta para a mellora da Cooperación Local, consensuada cos concellos e deputacións galegas que teñen en marcha convocatorias de axudas en materia de cooperación ao desenvolvemento.
A 1.3.2. Colaborar coa Administración Autonómica para consolidar os avances na política galega de Cooperación ao Desenvolvemento.    
A 1.3.3. Promover a pertenza e participación en plataformas de interese e o traballo en rede con outras entidades da sociedade civil vinculadas con ámbitos estratéxicos para as ONGD socias: defensa dos dereitos humanos, desenvolvemento sostible, xustiza climática, cooperación ao desenvolvemento, etc., especialmente coa Coordinadora Estatal de ONGD.

Axudas: 

110.000 € (2025)