Proxectos

Mellora das capacidades da Coordinadora Galega de ONGD para representar e fortalecer ás ONGD galegas

O proxecto ten como obxectivo contribuír a mellorar o sector galego da cooperación ao desenvolvemento mediante o fortalecemento da Coordinadora Galega de ONGD, mellorando as súas capacidades para representar e fortalecer ás ONGD galegas, particularmente ás máis débiles, e de defender obxectivos comúns de incidencia política e social para o progreso da política pública de cooperación ao desenvolvemento e a defensa dos dereitos humanos a nivel global.

O fortalecemento da CGONGD e as súas organizacións socias vense apoiando dende 2008, e neste ano 2024 o convenio fai fincapé na necesidade de crear as condicións idóneas para que a Coordinadora poida orientar estratexicamente a acción conxunta das ONGD galegas.

Ano: 
2024
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
COORDINADORA GALEGA DE ONGD
Obxectivos: 

Xeral: Contribuír a mellorar o sector galego de cooperación ao desenvolvemento mediante o fortalecemento da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento.

Específico: Mellora das capacidades da coordinadora galega de ONGD para representar e fortalecer ás ONGD galegas, particularmente ás máis débiles, e de defender obxectivos comúns de incidencia política e social para o progreso da política pública de cooperación ao desenvolvemento e a defensa dos dereitos humanos a nivel global.

Resultados e actividades: 

RE 1.1 Mellorada a capacidade da Coordinadora para apoiar ás ONGD máis débiles.

A.1.1.1 Actualizar o diagnóstico de necesidades para o 2024 das ONGD socias con especial atención as ONGD menos fortalecidas.

A.1.1.2 Xerar canles de apoio permanente para as ONGD socias pequenas e/ou débiles.

RE 1.2. Consolidada a capacidade da Coordinadora para orientar e agrupar as ONGD galegas.

A.1.2.1 Asesorar e manter informadas ás ONGD socias.

A.1.2.2 Impulsar o traballo a través de órganos internos (Asemblea Xeral, Xunta Directiva, Comisións de Traballo, grupos territoriais, grupos “ad hoc”, etc.

A.1.2.3 Promover a formación adaptada e a reflexión para a orientación estratéxica das ONGD galegas.

A.1.2.4  Achegarnos ás ONGD galegas non socias.

RE 1.3 Consolidada a capacidade da Coordinadora para promover os obxectivos compartidos de incidencia social das ONGD socias.

A.1.3.1 Poñer en marcha accións de comunicación externa a través de relación con medios de comunicación, da actualización da web e redes sociais e a posta en marcha de campañas específicas e produtos de comunicación.

A.1.3.2 Poñer en marcha e deseñar actividades de incidencia social vinculadas cos eidos de interese das ONGD socias.

A.1.3.3 Recoller datos para a elaboración do III Informe de traballo das ONGD socias.

RE 1.4 Consolidada a capacidade da Coordinadora para promover a defensa da política pública de cooperación.

A.1.4.1: Facer incidencia política en representantes públicos das administracións locais e asesorar e apoiar ao persoal técnico das administracións a nivel local.

A.1.4.2: Facer incidencia política en representantes públicos e das administracións a nivel autonómico.

A.1.4.3: Estreitar lazos e traballar en rede con outras entidades da sociedade civil estratéxicas para os obxectivos das ONGD socias e a política galega de cooperación ao desenvolvemento así como promover a pertenza e participación en plataformas de interese, nomeadamente a Coordinadora Estatal de ONGD.

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 100.000 €