Proxectos

Mellora das capacidades da Coordinadora para promover a transparencia, o bo goberno e os obxectivos compartidos de transformación social e defensa da política pública de cooperación ao desenvolvemento das ONGD galegas

A proposta de traballo da CGONGD na actualidade desenvólvese nos seguintes ámbitos de actuación:

  • Información e comunicación interna ás ONGD.
  • Asesoramento: a ONGD integradas e non integradas e información ao público en xeral sobre temáticas vinculadas á cooperación.
  • Formación especializada: en ámbitos relacionados coa cooperación ao desenvolvemento orientada ao reforzo de capacidades do sector das ONGD.
  • Comunicación externa e sensibilización social: difusión e visibilización do traballo das ONGD e das causas globais das desigualdades e pobreza que xustifican a súa existencia.
  • Incidencia política-social pola transformación social: incidencia e seguimento na defensa dunha política pública de cooperación en Galicia de calidade e da coherencia de políticas; incidencia en actividades de loita contra a pobreza e as desigualdade e defensa dos DDHH no mundo.
  • Fomento do traballo en rede con outros actores de interese para o sector de ONGD e de representación institucional.
  • Promoción da reflexión e traballo en rede cara ao interno: a través da promoción das comisións de traballo, grupos de traballo e espazos propios para a reflexión, actualización e creación de consensos e tamén para o traballo conxunto e o intercambio de experiencias.
  • Estudos e publicacións: elaboración e/ou difusión de informes e estudos sobre a cooperación galega e outros ámbitos de interese para o sector das ONGD.
  • Normativa e Código de Conduta das ONGD e Ferramenta de Transparencia e Bo Goberno: promoción da transparencia e o bo goberno e o cumprimento do código de conduta das ONGD integradas na Coordinadora e no propio seo da Coordinadora.
Ano: 
2018
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
COORDINADORA GALEGA DE ONGD
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír a mellorar o sector galego de cooperación ao desenvolvemento mediante o fortalecemento da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento.

Obxectivo específico: Mellora das capacidades da Coordinadora para promover a transparencia, o bo goberno e os obxectivos compartidos de transformación social e defensa da política pública de cooperación ao desenvolvemento das ONGD galegas.

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1. Fortalecida a capacidade da Coordinadora para incidir no coñecemento e aplicación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostibles e na mellora da política pública de cooperación en Galicia.

Actividade 1.1: Poñer en marcha unhas xornadas de difusión sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e a súa aplicación a nivel autonómico e local.

Actividade 1.2: Promover encontros, xuntanzas e traballo conxunto con outros actores estratéxicos para os obxectivos das ONGD socias e a pertenza e participación en plataformas de interese para o traballo en rede.

Actividade 1.3: Elaborar a primeira fase dun Informe sobre a Cooperación Local en Galicia.

Resultado 2: Fortalecida a capacidade da Coordinadora para promover a Educación para a Cidadanía Global e a Comunicación para o Desenvolvemento en Galicia.

Actividade 2.1: Organizar, coordinar e poñer en marcha campañas e actividades de incidencia político social vinculadas a temáticas de interese para as ONGD socias: comercio xusto, loita contra a pobreza e desigualdade, economía solidaria, defensa da política pública de cooperación e dos DDHH, etc.

Actividade 2.2: Elaborar a primeira fase da Estratexia de Comunicación da Coordinadora aliñada coa Planificación Estratéxica 2017-2020.

Actividade 2.3: Difundir novas relacionadas co sector da cooperación ao desenvolvemento entre a sociedade galega e os medios de comunicación e a través das redes sociais e mantemento e actualización da web da Coordinadora.

Actividade 2.4: Poñer en marcha espazos de reflexión e debate propios abertos á cidadanía sobre eixos temáticos de interese para as ONGD socias (feminismos, sostenibilidade, activismo, comercio xusto, etc).

Actividade 2.5: Participar en espazos de reflexión e debate externos sobre eixos temáticos de interese para as ONGD socias.

Resultado 3: Melloradas as capacidades, os procesos de traballo interno e facilitada a participación nos distintos órganos que conforman a Coordinadora.

Actividade 3.1: Organizar e difundir un curso sobre Enfoque Baseado en Dereitos Humanos e Xestión por Resultados dirixido ás ONGD socias e aberto a outras entidades.

Actividade 3.2: Promover a participación e traballo das ONGD socias nos órganos de traballo internos da Coordinadora: Comisións, grupos de traballo e Grupos Territoriais. (reunións internas e externas, formacións e reflexión sobre eixos de interese, documentación, dotación de materiais, etc) e o achegamento a ONGD non socias.

Actividade 3.3: Realizar xuntanzas periódicas da Asemblea de ONGD socias e da Xunta Directiva para seguimento e monitoreo de actividades da planificación estratéxica 2017-2020 e reforzar as capacidades técnicas do equipo técnico e Xunta Directiva.

Actividade 3.4: Informar e asesorar ás ONGD socias sobre novidades de interese sobre a cooperación galega e estatal (publicacións, novas, convocatorias) e sobre as actividades levadas a cabo pola Coordinadora.

Actividade 3.5: Promover a creación e participación de espazos de reflexión, innovación e intercambio internos sobre eidos de interese para as ONGD socias.

Resultado 4: Promovida a mellora da transparencia e bo goberno da Coordinadora e das súas ONGD socias.

Actividade 4.1: Promover a mellora da transparencia, o bo goberno e o cumprimento do código de conduta nas ONGD socias e da Coordinadora a través da aplicación da Ferramenta de Transparencia e Bo Goberno.

Actividade 4.2: Redactar, deseñar e difundir as memorias anuais de actividade.

Actividade 4.3: Recompilar e difundir datos cualitativos e cuantitativos sobre o traballo das ONGD socias.

Avaliación: 
non prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 90.000,00 €