Mellora das capacidades da Coordinadora para representar e fortalecer ás ONGD galegas e promover os obxectivos compartidos de transformación social e defensa da política pública de cooperación ao desenvolvemento
A proposta de traballo da CGONGD na actualidade desenvólvese nos seguintes ámbitos de actuación:
- Información e comunicación interna ás ONGD
- Asesoramento: a ONGD integradas e non integradas e información a público en xeral sobre temáticas vinculadas á cooperación
- Formación especializada: en ámbitos relacionados coa cooperación ao desenvolvemento orientada ao reforzo de capacidades do sector das ONGD.
- Comunicación externa e sensibilización social: difusión e visibilización do traballo das ONGD e das causas globais das desigualdades e pobreza que xustifican a súa existencia
- Incidencia política-social pola transformación social: incidencia e seguimento na defensa dunha política pública de cooperación en Galicia de calidade e da coherencia de políticas; incidencia en actividades de loita contra a pobreza e as desigualdade; e defensa dos DDHH no mundo.
- Fomento do traballo en rede con outros actores de interese para o sector de ONGD e de representación institucional.
- Promoción da reflexión e traballo en rede cara ao interno: a través da promoción das comisións de traballo, grupos de traballo e espazos propios para a reflexión, actualización e creación de consensos e tamén para o traballo conxunto e o intercambio de experiencias
- Estudos e publicacións: elaboración e/ou difusión de informes e estudos sobre a cooperación galega e outros ámbitos de interese para o sector das ONGD
- Normativa e Código de Conduta das ONGD e Ferramenta de Transparencia e Bo Goberno: promoción da transparencia e o bo goberno e o cumprimento do código de conduta das ONGD integradas na Coordinadora e no propio seo da Coordinadora.
Obxectivo xeral: Contribuír a mellorar o sector galego de cooperación ao desenvolvemento mediante o fortalecemento da Coordinadora Galega de ONG para o Desenvolvemento
Obxectivo específico: Mellora das capacidades da Coordinadora para presentar e fortalecer ás ONGD galegas e promover os obxectivos compartidos de transformación social e defensa da política pública de Cooperación ao Desenvolvemento.
Resultado 1: Fortalecida a capacidade da Coordinadora para facer incidencia na mellora da política pública e social de cooperación ao desenvolvemento e a coherencia de políticas das administracións públicas galegas
Actividade 1.1: Realizar unha formación interna vinculada á incidencia política dirixida a ONGD socias e aberta a participación doutros entidades e promover a formación e traballo interno sobre ODS.
Actividade 1.2: Promover encontros, xuntanzas e traballo conxunto con outros actores estratéxicos para os obxectivos das ONGD socias e a pertenza e participación en plataformas de interese para o traballo en rede.
Actividade 1.3: Promover a difusión e/ou elaboración de informes e estudos sobre a cooperación galega e os actores vinculados á mesma ou doutras temáticas vinculadas aos obxectivos estratéxicos das ONGD socias.
Resultado 2: Mellorada a capacidade da Coordinadora para promover a Educación para a Cidadanía Global e a Comunicación para o Desenvolvemento
Actividade 2.1: Organizar, coordinar e poñer en marcha campañas e actividades de incidencia político social vinculadas a temáticas de interese para as ONGD socias: comercio xusto, loita contra a pobreza e desigualdade, economía solidaria, defensa da política pública de cooperación e dos DDHH, etc.
Actividade 2.2: Realizar unha formación interna sobre comunicación e difusión pública do traballo das ONGD dirixida ás ONGD socias e aberto a outras entidades.
Actividade 2.3: Difundir novas relacionadas co sector da cooperación ao desenvolvemento entre a sociedade galega e os medios de comunicación e a través das redes sociais e adaptar e actualizar a web e o boletín externo da Coordinadora
Actividade 2.4: Realizar unha formación interna sobre participación e fomento do voluntariado transformador para as ONGD socias e aberto a outras entidades.
Resultado 3: Fortalecida a estrutura organizativa e a lexitimidade da Coordinadora como representante do sector das ONGD en Galicia
Actividade 3.1: Promover a participación e traballo das ONGD socias nos órganos de traballo internos da Coordinadora: Comisións, grupos de traballo e Grupos Territoriais. (reunións internas e externas, formacións sobre eixos de interese, documentación, dotación de materiais, etc) e o achegamento de ONGD non socias
Actividade 3.2: Promover a mellora da transparencia, o bo goberno e o cumprimento do código de conduta nas ONGD socias e da Coordinadora a través da aplicación da Ferramenta de Transparencia e Bo Goberno elaborada pola Coordinadora Estatal, da publicación das memorias anuais de actividades da Coordinadora e da correcto tratamento de datos.
Actividade 3.3: Realizar xuntanzas periódicas da Asemblea de ONGD socias e da Xunta Directiva para seguimento e monitoreo de actividades da planificación estratéxica 2017-2020 , reforzar as capacidades técnicas do equipo técnico e Xunta Directiva e difundir a Planificación Estratéxica 2017-2020
Actividade 3.4: Informar e asesorar ás ONGD socias sobre novidades de interese sobre a cooperación galega e estatal (publicacións, novas, convocatorias) e sobre as actividades levadas a cabo pola Coordinadora
Actividade 3.5: Promover a creación e participación de espazos de reflexión, innovación e intercambio internos sobre eidos de interese para as ONGD socias
90.000,00€