Proxectos

Mellora das capacidades da equipa humana de SI Galicia

O obxectivo deste proxecto é fortalecer ás capacidades de Solidariedade Internacional de Galicia (SIG), mellorando as capacidades da equipa humana da organización. Os resultados que se esperan acadar son: dispoñer dun plan de captación de voluntariado; mellorar os coñecementos e habilidades do persoal de SIG (voluntariado, equipa técnica e Xunta Directiva); e definir as liñas estratéxicas de traballo de SIG para os vindeiros 5 anos.

 

Ano: 
2014
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Consolidación e fortalecemento de ONGD
Rexión: 
Europa
País: 
ESPAÑA
Zona de actuación: 
Galicia
Axentes: 
SOLIDARIEDADE INTERNACIONAL GALICIA
Código CRS: 
99820 - Sensibilización sobre os problemas relacionados co desenvolvemento
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: fortalecidas ás capacidades de Solidariedade Internacional de Galicia.
Obxectivo Específico: melloradas as capacidades da equipa humana de Solidariedade Internacional de Galicia

 

Resultados e actividades: 

Resultado 1.1: SIG dispón dun plan de captación de voluntariado
Actividades
A1.1.1: Deseño dunha campaña de captación de voluntariado

Resultado 1.2: mellorados os coñecementos e habilidades do persoal de SIG (voluntariado, equipa técnica e xunta directiva)
Actividades
A1.2.1: deseño e implementación dun itinerario formativo
A1.2.2: elaboración dunha guía didáctica formativa para o persoal de SIG

Resultado 1.3: definidas as liñas estratéxicas de traballo de SIG para os vindeiros 5 anos.
Actividades
A1.3.1 avaliación do plan estratéxico 2008-2015 e elaboración dun novo plan estratéxico participado
 

Axudas: 

22.784 €; 9.113,60 € (2014), 13.670,40 € (2015)