Proxectos

Mellora das capacidades de titulares de dereitos, responsabilidades e obrigacións do distrito municipal de Santiago Oeste, con especial incidencia na mocidade e as mulleres, para exercer os seus dereitos fundamentais a través dunha estratexia de participación social e incidencia política cun enfoque integral de xénero. - Asociado a IDI Rep. Dominicana- Fase V

Este proxecto dá continuidade ás accións que desenvolveu o mesmo consorcio de entidades en fases anteriores. Nesta V fase, desenvolta no distrito municipal de Santiago Oeste en República Dominicana, perséguese o fortalecemento de capacidades dos titulares de dereitos, obrigacións e responsabilidades mediante un proceso de acompañamento e formación que lles permita desenvolver as habilidades necesarias para superar e enfrontar, especialmente, as problemáticas de: acceso a educación de calidade, servizos sociais e sanitarios dignos, protección ante riscos ambientais e climáticos; e a participación social e política, en especial da mocidade. Con iso, búscase garantir a transparencia democrática que asegure un desenvolvemento municipal participativo que teña en conta as necesidades da poboación á que representa.

Ano: 
2024
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
REPÚBLICA DOMINICANA
Zona de actuación: 
Santiago Oeste (distrito municipal)
Axentes: 
FUNDACIÓN BALMS PARA LA INFANCIA
Contraparte: 

Fundación Solidaridad en agrupación con Centro Integral para el Desarrollo Local (CIDEL)

Obxectivos: 

Xeral: Contribuír ao desenvolvemento integral do Distrito de Santiago Oeste para a mellora da calidade de vida da poboación mediante a participación de titulares de dereitos, obrigacións e responsabilidades na Estratexia Nacional de Desenvolvemento 2030 para o logro dos ODS.

Específico: Xeración de capacidades nas persoas, institucións e organizacións co fin de xerar mecanismos e prácticas para a defensa dos dereitos de toda a poboación, especialmente daqueles nunha situación máis vulnerables como son os nenos, as nenas, a mocidade e as mulleres.

Resultados e actividades: 

RE 1.1: Ampliadas as capacidades da comunidade educativa, formal e non formal do Distrito Municipal Santiago Oeste a través da incorporación dun enfoque de dereitos coa implicación e participación dos titulares de dereitos, responsabilidades e obrigacións.

             A.1.1.1: Posta en marcha da estratexia en educación cívica e dereitos nos centros educativos. Desenvolver as ferramentas prácticas.

A.1.1.2: Campaña informativa por unha educación de calidade en Santiago Oeste.

A.1.1.3: Sistematización da experiencia de educación ambiental a través dos comités ambientais das escolas. Guía didáctica sobre comités educativos para centro educativos do distrito municipal.

A.1.1.4: Formación artística na Escola de arte e tempo libre Mauro Lorenzo.

A.1.1.5: Consolidación da Escola de arte a través dunha estratexia que asegure a súa sostibilidade futura e a mellora da súa institucionalidade.

A.1.1.6: Realización do Festival da arte e a cultura de Santiago Oeste.

A.1.1.7: Fortalecemento da ludoteca Mauro Lorenzo.

RE 1.2: Fortalecido o tecido asociativo e as capacidades incidencia da poboación, organizacións e institucións de Santiago Oeste para a implementación do plan estratéxico de desenvolvemento territorial do Distrito Municipal.

A.1.2.1: Mapeo das organizacións sociais do distrito municipal e diagnóstico da situación de cada unha.

A.1.2.2: Creación do Consello de Desenvolvemento Comunitario para a vixilancia e avaliación da implementación do Plan Estratéxico de Desenvolvemento Territorial de Santiago Oeste.

A.1.2.3: Fortalecemento das xuntas de veciños e comités de saúde para incidencia na mellora da atención sanitaria primaria no distrito e a creación do Comité Local de Saúde de Santiago Oeste.

A.1.2.4: Consolidación da rede de promotores e promotoras de saúde.

A.1.2.5: Fortalecemento do Comité Distrital de Prevención Mitigación e Resposta para a promoción da participación comunitaria en procesos de resposta ante o risco de desastres.

A.1.2.6: Consolidación da cooperativa de mulleres de Santiago Oeste COOPMUDESAO.

A.1.2.7: Fortalecemento do servizo de atención psicolóxica a través da súa vinculación coa comunidade.

RE 1.3: Incrementada a participación dos e as mozas do distrito de Santiago Oeste na vida política e pública para a defensa dos seus dereitos a través dunha estratexia de cidadanía activa con enfoque integral de xénero.

A.1.3.1: Programa de participación xuvenil: Desenvolvemento de proxecto propio do grupo de mozos.

A.1.3.2: Incidencia para a aprobación da Política Local de Mocidade no Distrito Municipal Santiago Oeste.

A.1.3.3: Apoio na presentación de propostas para o Orzamento Participativo Municipal (PPM) por parte do grupo de mozos.

A.1.3.4: Creación da rede de mozas de Santiago Oeste e establecemento dun Plan de Acción.

A.1.3.5: Seminario de mozos: Incidencia, activismo e ferramentas para a comunicación social.

A.1.3.6: Curso de formación audiovisual para a incidencia e o activismo xuvenil en Santiago Oeste.

A.1.3.7: Xornadas deportivas xuvenís en Santiago Oeste.

Poboación beneficiaria: 

Directa: 13.212 (4.668 homes; 4.547 mulleres; 2.018 nenos; 1.979 nenas)

Indirecta: 92.275 (46.488 homes y 45.787 mulleres)

Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia:

184.998,31 € (64.749,41 € en 2024 e 120.248,90 € en 2025)