Proxectos

Mellora das capacidades educativas, organizativas e emprendedoras de 24 comunidades rurais dos municipios de Chirilagua e Jucuapa. El Salvador.

O obxectivo global do proxecto que se presenta é contribuír ao fortalecemento dos procesos educativos, organizativos e produtivos, nos Departamentos de San Miguel e Usulután. Para conseguir isto, a intervención ten varios compoñentes para executar: Alfabetización; Formación e capacitación en Xénero, Masculinidad e Dereitos Humanos; Talleres ou Cursos Vocacionais;

Ano: 
2016
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
O SALVADOR
Zona de actuación: 
Usutalán (departamento)
Axentes: 
MANS UNIDAS
Contraparte: 

Asociación Intersectorial para o Desenvolvemento Económico e o Progreso Social - CIDEP.

Código CRS: 
11330 - Formación profesional
11230 - Capacitación básica de mozos e persoas adultas
Obxectivos: 

Obxectivo Xeral: Contribuír ao fortalecemento dos procesos educativos, organizativos e produtivos, nos Departamentos de San Miguel e Usulután, no Salvador
Obxectivo Específico: capacidades educativas, organizativas e emprendedoras de 24 comunidades de Chirilagua e Jucuapa, con especial atención ás mulleres dos municipios.
 

Resultados e actividades: 

Resultados e actividades:
R.1.1. Mellorado o acceso e as oportunidades educativas, das mulleres, novas e adultos das 24 comunidades de intervención.
A.1.1.1: Organización de 30 círculos de alfabetización.
A.1.1.2: Desenvolvemento de 4 xornadas (2 x ano) de capacitación de 2 días a facilitadores/as de círculos.
A.1.1.3: Compra e entrega de materiais educativos a círculos de alfabetización.
A.1.1.4: Organización e execución de Evento de encontro entre asociados, facilitadores e autoridades locais e MINED.
R.1.2. Mulleres e homes das familias beneficiarias sensibilizadas e capacitadas en xénero, masculinidad e dereitos humanos, con inclusión das mulleres nas comunidades rurais de Chirilagua e Jucuapa.
A.1.2.1: Desenvolvemento de programa formativo sobre Xénero, Masculinidad e Dereitos Humanos.
A.1.2.2: Planificación e execución de Xornadas de Multiplicación en comunidades.
A.1.2.3: Planificación e desenvolvemento dunha campaña de sensibilización sobre enfoque de xénero.
A.1.2.4: Organización e execución de 1 Foro Día da Non violencia contra as mulleres.

R.1.3. Melloradas as capacidades formativas das mulleres e homes da zona de intervenciónen emprendedurismo, traballo en equipo e plans de negocio.
A.1.3.1: Organización e desenvolvemento De 18 cursos básicos vocacionais (9 x ano).
A.1.3.2: Compra de equipo e insumos para o desenvolvemento dos cursos vocacionais.
A.1.3.3: Seguimento e apoio técnico a instrutores no desenvolvemento dos cursos.
A.1.3.4: Eventos de gradación de cursos.
A.1.3.5: Organización e execución de Plan de Formación en Emprendedurismo, Traballo en equipo e Plan de Negocio.
A.1.3.6: Compra e entrega de Capital Semente.
 

Poboación beneficiaria: 

Directa: A poboación beneficiaria son persoas humildes que viven en comunidades rurais dos municipios de Chirilagua e Jucuapa, con nivel de pobreza extrema e accesos limitados a servizos básicos de saúde e educación. Polo xeral, unha familia típica rural destes municipios está formada por 5 ó 6 membros, onde a posibilidade de contar cun emprego é mínima. Total: 1220 persoas.
Indirecta: Un total de 6100 persoas, dos cales 2440 son homes e 3660 son mulleres.
 

Axudas: 

150.000,00 € (2016: 60.000,00 €; 2017: 90.000,00 €).