Mellora das capacidades, as ferramentas e as alianzas estratéxicas das mulleres dominicanas organizadas para contrarrestar a cultura de violencia sexual no ámbito educativo, comunitario, político e mediático de República Dominicana.
Esta proposta é un proxecto de incidencia política e social que ten como principal obxectivo contrarrestar a cultura de violencia contra a muller que existe en República Dominicana, con especial énfase na violencia sexual. Para iso promoveranse cambios no ámbito educativo, no comunitario, no político e no mediático. Os catro eixos cos que se traballa responden as necesidades de obter o obxectivo, pero tamén á propia experiencia acumulada nos catro niveles polas entidades executoras AGARESO e CIPAF. Neste proxecto faise unha aposta específica por traballar con colectivos multiplicadores: ponse, pois, especial énfase no cualitativo e non no cuantitativo á hora de seleccionar as e os beneficiarios, ao mesmo tempo que se aposta por reforzar as sinerxías, as estruturas organizativas e as estratexias de movemento feminista dominicano para que poida seguir crecendo en capacidade de influencia no país.
Centro de Investigación para la Acción Feminina (CIPAF)
Xeral: Garantir o acceso a unha vida libre de violencias para as mulleres e nenas de República Dominicana.
Específico: Mellora das capacidades, as ferramentas e as alianzas estratéxicas das mulleres dominicanas organizadas para contrarrestar a cultura de violencia sexual no ámbito educativo, comunitario, político e mediático de República Dominicana.
RE 1.1 Fortalecidas as capacidades do profesorado dos clubs STEM para traballar de forma innovadora e participativa a prevención de violencias entre o seu alumnado, mes 12.
A.1.1.1 Deseño da metodoloxía didáctica e da guía didáctica dos talleres (meses 2 e 3 e mes 11 e 12).
A.1.1.2 Formación para equipo do CIPAF sobre metodoloxías de educomunicación (meses 4 e 5 ).
A.1.1.3 Formación do profesorado sobre educomunicación (meses 9 e 10).
A.1.1.4 Presentación pública dos resultados do proxecto co-organizada pola Asociacións de Pais e Nais dos centros educativos (meses 10 e 11).
RE 1.2 Aumentada a capacidade do 80% das alumnas de identificación patróns da cultura machista e como combatelos de forma colectiva, mes 12 .
A.1.2.1 Formación en portavocía e podcasting comunitario (meses 4 e 5).
A.1.2.2 Taller sobre sexismo, representación da identidade nos medios e fotografía (meses 6 a 7).
A.1.2.3 Formación en activismo en redes con enfoque feminista (mes 8 e 9).
A.1.2.4 Formación en audiovisual, xénero e comunicación comunitaria (meses 10 e 11).
RE 1.3 Fortalecidas as capacidades das bases xuvenís de Conamuca para asumir o liderado do movemento de mulleres do campo, mes 12.
A.1.3.1 Formación a 25 mulleres novas en liderado e participación política (mes 2 e 3)
A.1.3.2 Formación en liderado, participación política e comunicación en 3 comunidades (mes 6 e 7).
A.1.3.3 Redeseñada e actualizada a guía metodolóxica “Espazo Voces Unidas acabemos cos matrimonios infantís” (mes 3 e 4).
A.1.3.4 Proceso formativo para técnicas e lideresas territoriais de CONAMUCA sobre coñecementos, técnicas e ferramentas metodolóxicas (mes 8 e 9).
RE 1.4 Posicionado como un problema social relevante no marco das eleccións xerais de 2024 a cultura de violencia contra as mulleres en RD, mes 9.
A.1.4.1 Deseño, realización e presentación pública do estudo sobre a pandemia das agresións sexuais en República Dominicana (meses 1 a 6).
A.1.4.2 Reunións con titulares de obrigacións para presentación do estudo (meses 6 a 9).
A.1.4.3 Reunións con tomadoras de decisións sobre a situación das agresións sexuais (meses 6 a 9).
A.1.4.4 Deseño e execución dunha campaña de comunicación (meses 1 a 12).
A.1.4.5 Encontro co movemento feminista para abordar a problemática das agresións sexuais (meses 8 ao 9).
RE 1.5 Reforzadas as capacidades e as ferramentas dos e as comunicadoras dominicanas para promover a igualdade de xénero no país, mes 12.
A.1.5.1 Formación de alumnado universitario en comunicación (meses 1 a 6).
A.1.5.2 Creación dunha rede de xornalistas e/o lideresas de opinión en activo (meses 4 a 9).
A.1.5.3 Convocatoria do primeiro premio de xornalismo en profundidade con perspectiva de xénero (meses 8 a 12).
A.1.5.4 Realización dun estudo sobre a presenza dos enfoques machistas nos medios de comunicación dominicanos (meses 1 a 4).
RE 1.6 Implementado un plan de seguimento, avaliación e xestión do coñecemento do proxecto, mes 12.
A.1.6.1 Conformación e posta en marcha dos comités de dirección e seguimento do proxecto (meses 1 a 12).
A.1.6.2 Elaboración dunha liña de base (meses 1 a 4).
A.1.6.3 Reunións Comunitarias de lanzamento do proxecto e firma de acordos con Titulares de Obrigacións (mes 1).
Directa: 1.303 (376 homes; 799 mulleres; 128 nenas)
Indirecta: 14.790 (4.796 homes; 7.194 mulleres; 200 nenos; 2600 nenas)
Axuda Xunta de Galicia: 185.000,00€ (74.000€ en 2023 e 111.000€ en 2024)