Mellora das capacidades produtivas, políticas e organizativas de mulleres maya-kiqués-Guatemala
O proxecto adopta o enfoque baseado en dereitos recoñecendo o dereito humano á alimentación e priorizando estratexias agroalimentarias que buscan: xerar maior dispoñibilidade e acceso aos alimentos das familias máis vulnerables, a promoción da independencia económica e un rol máis protagonista na vida comunitaria das mulleres, a través do fomento de actividades económico-produtivas da muller campesiña e a comercialización de excedentes que permitan a obtención de ingresos económicos. Por último, unha estratexia organizativa e política, que fortaleza as estruturas comunitarias, o empoderamento das mulleres en espazos públicos, que estableza mecanismos de exixibilidade ante autoridades locais e municipais e que fortaleza capacidades dos titulares de obrigacións. O proxecto sitúase en 7 comunidades do municipio de Santo Tomás Chichicastenango, do departamento do Quitché, Guatemala e pretende reducir a vulnerabilidade alimentaria de 161 familias campesiñas a través de parcelas familiares e 7 bio fábricas así como xerar capacidades instaladas en todos os titulares e establecer espazos de participación e concertación para a defensa e promoción dos dereitos das mulleres do municipio.
Asociación Comité Campesino del Altiplano (CCDA)
Obxectivo xeral: Contribuír á redución da pobreza e desigualdades na poboación de Guatemala no marco dun desenvolvemento humano sustentable con equidade de xénero e interculturalidade
Obxectivo específico: Mulleres Maya- kichés do municipio de Chichicastenango do departamento do Quiché, con capacidades para o exercicio pleno do seu dereito á participación e á alimentación
Resultado 1.1.: Mulleres maya- kichés do municipio de Chichicastenango, melloran a súa posición no uso e control dos recursos familiares e comunitarios para a produción, consumo e comercialización de alimentos
- A.1.1.1: 4 Talleres de formación, por comunidade, a homes das familias participantes no proxecto con enfoque de novas masculinidades
- A.1.1.2: 4 talleres de formación por comunidade a mulleres sobre dereitos das mulleres, autoestima, relacións de poder, seguridade alimentaria e nutricional, marco legal para a prevención da violencia cara a mulleres.
- A.1.1.3: 6 talleres municipais de Formación Agroecológica
- A.1.1.4: 5 reunións anuais de asesorías técnicas por comunidade para a diversificación de parcelas, réplicas de talleres e/ou para a instalación das bio-fábricas
- A.1.1.5: Compra de materiais para a construción física de 7 bio-fábricas, 1 por comunidade
- A.1.1.6: Compra de insumos e materiais para a elaboración de bio-preparados en 7 comunidades
- A.1.1.7: Entrega de insumos e materiais para a implementación das bio-fábricas (1º ano)
- A.1.1.8: Compra de insumos e equipo para a diversificación produtiva de 35 parcelas agroecológicas (1º ano)
- A.1.1.9: Entrega de insumos e equipo por 35 parcelas agroecolóxicas (1º ano)
- A.1.1.10: Materiais para a implementación de 7 sistemas de recolección de auga, 1 por comunidade (2º ano)
- A.1.1.11: Entrega de materiais para a implementación de auga en 7 comunidades (2º ano)
- A.1.1.12: 14 asesorías para implementación de sistemas de auga (2º ano)
Resultado 1.2.: Organizacións de mulleres de base comunitaria articuladas entre si e con outras organizacións da sociedade civil nun espazo municipal sensibilizado que apoia as propostas das mulleres na defensa, promoción e exercicio dos seus dereitos.
- A.1.2.1: Elaboración de estudo sobre Análise situacional de xénero no ámbito familiar e comunitario (2º ano)
- A.1.2.2: Un encontro anual de organizacións de mulleres de base comunitaria para rendición de contas e intercambio de experiencias, 50 mulleres por 1 día
- A.1.2.3: Sete reunións anuais de organización, planificación e coordinación por comisión comunitaria da muller. 1 día por reunión para 7 persoas.
- A.1.2.4: 2 talleres municipais por ano, con comisións municipais da muller para o fortalecemento institucional e sobre dereitos da muller (1 día cada un por 21 persoas)
- A.1.2.5: Un diplomado de 5 talleres avalado polo instituto universitario da muller da universidade de San Carlos de Guatemala, dirixido a representantes das organizacións da sociedade civil de Chichicastenango, sobre marco xurídico e institucional para a defensa e promoción de dereitos das mulleres
- A.1.2.6: Elaboración e reprodución de material pedagóxico sobre dereitos das mulleres, para o diplomado e os cursos comunitarios sobre dereitos das mulleres (1 cartilla para o curso comunitario e reprodución de 3 módulos do diplomado. Ano 1 e ano 2)
- A.1.2.7: 4 xornadas conmemorativas anuais sobre temas de sensibilización das problemáticas de violencia de xénero ou de vulneración de dereitos das mulleres
- A.1.2.8: Campañas nas escolas sobre dereitos das mulleres (canto, poesía, contos, debuxos, torneos deportivos, murais, impresión de de praia) con NNA (2º ano)
- A.1.2.9: Vinculación a organizacións de mulleres a nivel nacional (Reunións en espazos a nivel nacional) ano 1 e 2
- A.1.2.10: Unha conferencia de prensa por ano
Resultado 1.3.: Organizacións de mulleres de base comunitaria do municipio de Chichicastenango, participan activamente na construción de proposta de desenvolvemento inclusivo e igualdade de xénero
- A.1.3.1 Un estudo sobre mecanismos de xestión e financiamento de propostas de desenvolvemento de mulleres no ámbito municipal (ano 2)
- A.1.3.2 Dous talleres para o establecemento dun plan para a incidencia e xestión ante dependencias o Estado (de 1 día cada un con 30 persoas) (ano 2)
- A.1.3.3 Cinco reunións por ano para negociación, cabildeo e establecemento de alianza con actores estatais (14 persoas por 1 día). Ano 1 e 2
- A.1.3.4 Un encontro para socialización de resultados da Análise situacional de Xénero e da Policía Nacional de Promoción e Desenvolvemento das Mulleres Guatemaltecas, con organizacións da sociedade civil e actores estatais (50 persoas por 1 día)
- A.1.3.5 Tres talleres de planificación de 1 día cada un para a formulación de propostas de desenvolvemento para as mulleres (Diagnóstico de necesidades, priorización de propostas) (21 persoas). Ano 2.
Directa: Homes (161), Mulleres (161), Nenas (234), Nenos (170)
Indirecta: Familias (2.548)
Axuda Xunta de Galicia: 175.000,00 € (2018: 70.000,00 €; 2019: 105.000,00 €)