Mellora das capacidades técnicas e materiais da pesca artesanal salvadoreña e a súa cadea de valor para o exercicio dunha actividade segura e sustentable
A presente intervención nace da evolución do traballo co sector pesqueiro que as entidades consorciadas desenvolven desde 2007 e contempla accións que impactan no sector pesqueiro artesanal e acuícola salvadoreño.
O primeiro eixo do proxecto trata do deseño dun novo modelo de embarcación para a pesca artesanal, do que xa se dispón dun molde grazas ao financiamento da Xunta de Galicia en 2017 e o AECID en 2016 e construído por nove mozos e mozas de contornas pesqueiras nunha experiencia piloto de escola-taller e tras un proceso de deseño participativo. Coa presente intervención vaise dar continuidade ao proceso construtivo para finalizar a embarcación, o que implicará o desenvolvemento dos planos definitivos e as posteriores probas do modelo. Doutra banda, levan a cabo accións para o establecemento dunha plataforma de incidencia política para o sector a través do I Foro Nacional da Pesca Artesanal, concibido como un espazo de encontro entre cooperativas para a xeración dunha axenda política unificada. O proxecto tamén traballa na equidade de xénero, tanto con estratexias focalizadas como transversais, apoiándose nas conclusións do Perfil Situacional sobre as Mulleres dedicadas á pesca e acuicultura de 2017 e a través dun proceso formativo sobre empoderamento de mulleres cooperativistas; elaborando un Plan de Igualdade para FECOOPAZ, e visibilizando o papel das mulleres na pesca coa produción de material audiovisual específico, todo co fin de promover o acceso das mulleres aos espazos de tomas de decisión ao interior dos seus socios e de FECOOPAZ. Do mesmo xeito, este proxecto aborda a protección ambiental de forma específica mantendo a actividade proteccionista do curral de tartarugas da Illa Tasajera (que liberará polo menos 60 mil nenonatos), promocionado o eco turismo e os valores ambientais e realizando catro xornadas de limpeza e un programa de sensibilización escolar. O último eixo céntrase na comunicación para o desenvolvemento. Vaise realizar o IV Encontro Centroamericano de Emisoras Comunitarias no que 20 medios da rexión debaterán sobre comunicación e defensa dos recursos naturais, no marco do Encontro traballasen en polo menos un programa de colaboración sobre medio ambiente e vaise a ampliar a cobertura de emisión de cinco emisoras locais.
O proxecto, polo tanto, supón a realización de actividades a tres niveis territoriais: centroamericano, nacional e local. É integral porque se enfoca á pesca e a súa cadea de valor e nace da experiencia continuada das entidades co sector grazas ao financiamento previo da Xunta de Galicia.
Asociación Fundación para la Cooperación y el Desarrollo Comunal de El Salvador - CORDES e Fundación de la Comunicación para el Desarrollo (COMUNICÁNDONOS)
Obxectivo xeral: Garantir mellores condicións de seguridade e sustentabilidade para o desenvolvemento da actividade pesqueira artesanal e a súa cadea de valor.
Obxectivo específico: Mellora das capacidades técnicas e materiais da pesca artesanal salvadoreña e a súa cadea de valor para o exercicio dunha actividade segura e sustentable.
RE1: Ao 12º mes implementouse un plan de seguimento e avaliación das actividades do proxecto.
A.1.1: Conformación do equipo técnico do proxecto e elaboración dun plan de seguimento e avaliación das actividades do proxecto (mes 1).
A.1.2: Reunión informativa con persoas e organizacións beneficiarias (mes 1).
A.1.3: Implementación do plan de seguimento e avaliación do proxecto (mes 1 ao 12).
A.1.4: Establecemento dunha liña de base (mes 1 ao 2).
RE2:. Ao 12º mes o sector pesqueiro artesanal do Salvador dispoñerá dun prototipo de embarcación para unha pesca segura.
A.2.1: Elaboración do proxecto definitivo de construción da embarcación (mes 2 ao 4).
A.2.2: Reforzos e asentamento de molde e construción da embarcación (mes 5 ao 9).
A.2.3: Realización de probas de estabilidade (mes 10).
RE3: Ao 12º mes mellorouse o exercicio de incidencia e a prestación de servizos das federacións de cooperativas FECOOPAZ e FACOPADES.
A.3.1: Acondicionamento das instalacións de FECOOPAZ e FACOPADES (mes 3 ao 5).
A.3.2: Formación a FECOOPAZ e FACOPADES sobre utilización de recursos audiovisuais para a promoción e docencia (mes 4 e 5).
A.3.3: Reforzo e dotación de equipos a cooperativas integradas en FECOOPAZ (mes 5 ao 7).
A.3.4: Gravación e publicación de vídeos sobre a pesca artesanal salvadoreña (mes 4 ao 7).
A.3.5: Realización do I Foro Nacional da Pesca Artesanal (mes 7 ao 10).
RE4: Ao 12º mes fomentouse a participación igualitaria das mulleres nos espazos de toma de decisión e incidencia política do sector da pesca artesanal e acuicultura.
A.4.1: Desenvolvemento dun Plan Formativo para o Empoderamento das Mulleres asociadas a cooperativas de FECOOPAZ (mes 3 ao 5).
A.4.2: Elaboración e socialización dun Plan de Igualdade de Xénero para FECOOPAZ (mes 6 ao 8).
A.4.3: Gravación e publicación dun vídeo sobre a realidade das mulleres de pesca e acuicultura (mes 4 ao 7).
RE5: Ao 12º mes xeráronse accións de protección ambiental e da biodiversidade do espazo RAMSAR do Estero Jaltepeque.
A.5.1: Apoio ao funcionamento da actividade do curral de protección da tartaruga mariña de Isla Tasajera (mes 2 ao 6).
A.5.2: Realización de catro xornadas de limpeza na desembocadura do Río Lempa (mes 4 e 12).
A.5.3: Celebración de festivais sobre eco turismo e protección ambiental da Pita e San José a Montaña (mes 5 e 11).
A.5.4: Realización de xornadas de sensibilización escolar en centros educativos (mes 9 ao 12).
RE6: Ao 10º mes reforzáronse os medios comunitarios para unha comunicación ao desenvolvemento transformadora que incorpore a defensa do medioambiente.
A.6.1: Formación e equipamento na dixitalización das 5 radios de Oriente (mes 7 ao 8).
A.6.2: Formación en podcasting e tv dixital para as integrantes de Radio de Todas (mes 9).
A.6.3: Realización do V Encontro Centroamericano de Radios Comunitarias (mes 9).
Directa: Homes (1570), Mulleres (627), Nenos (240), Nenas (260)
Indirecta: Homes (19876), Mulleres (1111)
Axuda Xunta de Galicia: 225.000 € (2019: 90.000 €; 2020: 135.000 €)