Mellora das condicións alimentarias e socio sanitarias da poboación do Distrito de Fafi, Noreste de Kenya, con énfase na poboación mais vulnerable (mulleres e menores de 5 anos)
A República de Kenya ten unha complexa traxectoria en materia de desprazamentos internos e xestión de poboación refuxiada nas súas fronteiras. A poboación refuxiada total no país ascende a 463.023 persoas. Segundo datos actualizados por ACNUR a 12 de febreiro de 2012, o 95,8% dese colectivo de persoas refuxiadas son de orixe somalí que abandonaron o seu país como consecuencia da grave situación de violencia, inestabilidade e fame negra padecida nos últimos anos; condicións que foron empeorando durante todo o ano 2011. Unha vez traspasada a fronteira, a maioría destas persoas se dirixen cara a Dadaab, unha poboación próxima á fronteira somalí, en busca da seguridade e dos servizos básicos que proporcionan os campos instalados polo ACNUR nesta localidade dende hai varias décadas.
A importancia de Kenya como principal país de acollida no marco desta crise fundaméntase na coexistencia de varios factores como son a súa proximidade xeográfica, a existencia dunha traxectoria anterior de refuxio, e a vinculación existente entre a poboación kenyata coa poboación somalí. Por outra banda, hai que ter en conta factores de orde xeográfica e afinidades de tipo cultural; así como a existencia do complexo de Dadaab, considerada a maior superficie destinada a albergar poboación refuxiada do mundo e probablemente, a máis obsoleta.
HESED
Obxectivo Xeral: Diminuír a vulnerabilidade en saúde da poboación afectada pola crise humanitaria do corno de África na provincia do Nordés de Kenya (con énfase en mulleres, nenos e nenas menores de cinco anos).
Obxectivo Específico: Contribuír á mellora das condicións alimentarias e socio sanitarias da poboación refuxiada do distrito de Fafi, con énfase na poboación máis vulnerable (mulleres, nenos e nenas menores de cinco anos).
Resultado 1.1.: Brindada asistencia básica en saúde á poboación refuxiada no distrito de Fafi (provincia nordés, Kenya), con énfase na atención a mulleres embarazadas e/ou lactantes, á poboación infantil, mulleres en idade fértil e menores de 5 anos.
Actividades:
A.1.1.1.: Realización de dous dispositivos de asistencia médica móbil para a atencióna a poboación refuxiada nos arredores do complexo para poboación refuxiada de Dadaab.
Resultado 1.2.: Mellorado o balance nutricional alimentaria da poboación refuxiada no distrito de Fafi (provincia nordés, Kenya), con énfase na atención a mulleres embarazadas e/ou lactantes, á poboación infantil, mulleres en idade fértil e menores de 5 anos.
Actividades:
A.1.2.1. Distribución de complementos nutricionais ás comunidades de poboación refuxiada nos arredores do complexo de Dadaab, con énfase en mulleres embarazadas e/ou lactantes e na poboación infantil menor de 5 anos.
Resultado 1.3.: Melloradas as condicións de protección e hixiene dos asentamentos da poboación refuxiada no distrito de Fafi (provincia nordés, Kenya) con énfase na atención a mulleres embarazadas e/ou lactantes, na poboación infantil, mulleres en idade fértil e menores de 5 anos.
Actividades:
A.1.3.1.: Distribución de artigos de primeira necesidade (hixiene, e protección) ás comunidades de poboación refuxiada nos arredores do complexo de Dadaab, centrada en mulleres embarazadas e/ou lactantes e a poboación infantil menor de 5 anos.
Directa: 17.370 (13.896 mulleres e nenas, 80%).
Indirecta: 83.640 (41.996 mulleres e nenas).
49.827,20 (custo total do proxecto 61.672,73)