Proxectos

MELLORA DAS CONDICIÓNS DE ACCESO Á AUGA E AO MEDIO AMBIENTE NO SECTOR DE LA MOSCA - SANTA LUCÍA, SANTIAGO DE LOS CABALLEROS

Apostar pola prevención e educación para a saúde e pola mellora das condicións básicas de aceso a servizos básicos de hixiene.

Ano: 
2008
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
REPÚBLICA DOMINICANA
Zona de actuación: 
Santiago (provincia)
Axentes: 
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
Contraparte: 

JUNTA DE ASOCIACIONES CAMPESINAS RAFAEL FERNÁNDEZ-JACARAFE

Código CRS: 
41081 - Educación / formación medioambiental
Obxectivos: 

Mellorar as condicións de vida de 489 familias (2445 persoas aprox.) no sector de La Mosca – Santa Lucía, barrio Cienfuegos, Santiago de los Caballeros, provincia de Santiago, República Dominicana.

Resultados e actividades: 

1. Creación do Comité de Construción da Rede de Distribución Interna (RDI).
2. Capacitación do Comité de Construción da RDI en técnicas de autoconstrución.
3. Construción da RDI.
4. Campaña de sensibilización a realoxados.
5. Selección das vivendas susceptibles de realoxamento.
6. Creación do Comité de Construción das 52 vivendas para realoxo.
7. Convenio Jácarafe – beneficiarios realoxamento.
8. Xestión de documentos dos terreos de realoxamento.
9. Estudios topográficos dos terreos.
10. Deseño das vivendas.
11. Talleres sobre contaminación ambiental.
12. Talleres sobre uso e manexo de auga potable.
13. Talleres sobre uso e manexo de sumidoiro sanitario.
14. Talleres sobre uso e manexo de residuos sólidos.
15. Charlas de sensibilización para as familias.

Poboación beneficiaria: 

Poboación beneficiaria directa: 489 familias que integran o barrio de Santa Lucía (aproximadamente 2.445 persoas).
Poboación beneficiaria indirecta: Poboación residente en barrios próximos a Santa Lucía e Santiago de los Caballeros.

Axudas: 

104.260,00 Euros