Proxectos
MELLORA DAS CONDICIÓNS DE ACCESO Á AUGA, HABITABILIDADE E AMBIENTAIS DE 489 FAMILIAS NO BARRIO DA MOSCA - STA. LUCÍA EN SANTIAGO DE LOS CABALLEROS. FASE II
Mellorar as condicións de vida de 489 familias, que son en torno a 2.445 persoas
Ano:
2009
Instrumento de financiamento:
Convenio
Rexión:
Centroamérica e Caribe
País:
REPÚBLICA DOMINICANA
Zona de actuación:
Santiago (provincia)
Axentes:
ASEMBLEA DE COOPERACIÓN POLA PAZ
Contraparte:
Junta de Asociaciones Campesinas “Rafael Fernández Domínguez", (JACARAFE)
Código CRS:
140 - Abastecemento de auga e saneamento
Obxectivos:
Mellorar as condicións de acceso o auga, de habitabilidade e ambientais de 489 familias
Resultados e actividades:
- Elaboración e firma do acordo coa Corporación del Acueducto y Alcantarillado de Santiago (CORAASAN), para a construción da rede de auga potable en Santa Lucía.
- Finalización das obras de reconstrución do tanque existente.
- Construción da liña de impulsión.
- Construción da liña de distribución de auga potable.
- Construción da rede de distribución interna.
- Compra e instalación do equipo de bombeo.
- Adquisición dos terreos para o realoxamento.
- Deseño do proxecto de urbanización e deseño do prototipo de vivenda.
- Tramitación no concello de Santiago do proxecto de urbanización.
- Traballo de campo para a elaboración do plan estratéxico e para evitar un crecemento non planificado do barrio Santa Lucia.
- Elaboración do plan estratéxico para levar a cabo o realoxamento no barrio de Santa Lucía.
- Talleres de metodoloxías de socialización, de saneamento ambiental, de hixiene comunitaria e de avaliación e leccións aprendidas.
- 6 encontros de sensibilización e avaliación.
- Charlas e visitas domiciliarias ás familias beneficiarias.
- Xornadas de intercambio de experiencias.
- 6 xornadas de limpeza
Poboación beneficiaria:
Poboación beneficiaria directa:
489 familias que integran o barrio de Santa Lucía, sendo un total de 2.445 persoas aproximadamente.
Poboación beneficiaria indirecta:
A poboación residente en barrios próximos a Santa Lucía e de Santiago de los Caballeros, por contribuír este proxecto a unha planificación urbana axeitada, ao acceso aos recursos básicos como a auga e ao saneamento e á mellora da cidade
Axudas:
179845