MELLORA DAS CONDICIÓNS DE ACCESO Á AUGA POTABLE E HIXIÉNICO-SANITARIAS DE 1.543 PERSOAS AFECTADAS POLO FURACÁN IDA, NAS COMUNIDADES DE EL SAMARITANO I, LAS VICTORIAS 2000 E SAN CARLOS I, MUNICIPIO DE SAN PEDRO MASAHAUT, DEPARTAMENTO DE LA PAZ.
El Salvador está situado nunha dás 2 rexións máis propensas a sufrir o embate de fenómenos naturais que poidan converterse en desastres (terremotos, secas, corremento, inundacións etc.)
Durante a madrugada do sábado 7 ao domingo 8 de novembro de 2009 producíronse fortes choivas na zona central e paracentral de El Salvador o que deu como resultado ata a data 189 mortes, máis de 14.295 damnificados e ao redor de 80 desaparecidos (segundo Protección Civil), 1835 vivendas afectadas, 108 desprazamentos de terra, 18 pontes afectadas, 13 grandes inundacións e 12 desbordamentos de grandes ríos.
En El Salvador un 58% da poboación vive en condicións de pobreza e pobreza extrema. A gran maioría das persoas afectadas pertence a este grupo poboacional. Esta poboación atópase nunha situación crítica de vulnerabilidade debido principalmente aos seguintes factores:
A infraestrutura habitacional componse en moitos casos de pequenas champas ou choupanas, ou casas de materiais pouco ou nada resistentes aos danos por inundación e corrementos de terra.
- A concentración e amoreamento de gran cantidade de poboación en condicións moi deficientes de habitabilidade, que provoca que o número de afectados polo desastre sexa moito maior.
- As zonas nas que se atopan situadas son as de maior risco fronte aos desastres. Son zonas de forte pendente, chairas de inundación dos ríos e canles secas que serven como desaugadoiro das tormentas. Esta situación vese agravada polo fenómeno de deforestación que provoca o aumento dos corrementos de terra xa que o chan, ante a ausencia de vexetación, non ten ningún amarre, e provoca que as canles dos ríos se convertan en desprendemento de barro cuxo poder destrutivo é moito maior debido á gran cantidade de materiais que arrastran.
- A ausencia de infraestrutura sanitaria para atender os damnificados.
- A ausencia de plans de prevención que reduzan a vulnerabilidade da poboación.
- A ausencia ou descoñecemento por parte da poboación dos protocolos de actuación en caso de desastre.
O presente proxecto expón accións que pretenden incidir en: apoio na atención médica da poboación, realización de fumigacións, limpeza e rehabilitación de pozos, sensibilización en materia de limpeza, hixiene e saneamento.
Asociación Comandos de Salvamento Guardavidas independientes de El Salvador (CS)
O.X: Contribuír á rehabilitación das condicións de vida de 348 familias das comunidades de El Samaritano 1, Las Victorias 2000 e San Carlos I especialmente afectadas polo paso do Furacán Ida, no nunicipio de San Pedro Masahaut, Departamento de La Paz, El Salvador.
OE: mellora das condicións de acceso á auga potable e hixiénico- sanitarias de 1.543 persoas (348 familias), afectadas polo furacán Ida, nas comunidade de El Samaritano 1, Las Victorias 2000 e San Carlos I, Municipio de San Pedro Masahaut, departamento de La Paz, El Salvador
43837,83