Proxectos

MELLORA DAS CONDICIÓNS DE ACCESO E PERMANENCIA AO EMPREGO DOS TRABALLADORES INFORMAIS DO VERTEDOIRO DE RAFEY E DO BARRIO SANTA LUCÍA / LA MOSCA (II FASE)

O Programa integral de melloramento do barrio Santa Lucía/ La Mosca ten como finalidade a mellora da calidade dos habitantes deste barrio, así como dos traballadores informais do vertedoiro de Rafey, a través de 4 compoñentes de traballo: auga, saneamento e habitabilidade, saúde comunitaria, fortalecemento das organizacións da sociedade civil e formación profesional e desenvolvemento produtivo.
Período de execución: outubro 2009 - decembro 2010

Ano: 
2009
Instrumento de financiamento: 
Convenio
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
REPÚBLICA DOMINICANA
Zona de actuación: 
Santiago (provincia)
Axentes: 
CAMARA DE COMERCIO Y PRODUCCIÓN DE SANTIGO INC. (CCYPS)
Código CRS: 
11330 - Formación profesional
Obxectivos: 

Contribuír ao desenvolvemento produtivo, económico e social do vertedoiro de Rafey e o barrio Santa Lucía/ La Mosca da cidade de Santiago, República Dominicana, creando as condicións para promover a competitividade, o investimento, a oferta de emprego e a vinculación interna e externa dos actores.
Continuar o melloramento das condicións de acceso e permanencia ao emprego dos traballadores informais do Vertedoiro de Rafey e do barrio Santa Lucía/ La Mosca

Resultados e actividades: 

Continuación da 2ª etapa para impartir 8 cursos de capacitación en labores especializados de xestión e separación de refugallos sólidos e reciclaxe
Continuación da 2ª etapa para impartir 8 cursos na área de seguridade e hixiene no traballo
Continuación da 2ª etapa para impartir 10 cursos de formación en carreiras técnicas de acordo ás demandas do mercado e dos beneficiarios
5 cursos de formación básica sobre manexo de Pemes
6 cursos de alfabetización, para alfabetizar 90 persoas do barrio e do vertedoiro
Continuación da 2ª etapa de elaboración de polo menos 100 currículos aos beneficiarios adestrados en carreiras técnicas
Contratación dun consultor para o establecemento dun protocolo e sistema de seguimento individualizado para a inserción laboral dos beneficiarios
Creación dun programa de pasantías universitaria
Envío de 400 cartas de presentación do proxecto e motivación a empresas para ofrecer información dos técnicos capacitados
Publicar polo menos tres artigos para a Revista Infocámara, a xeito de incentivar a responsabilidade social empresarial
Convenio cunha institución financeira que ofreza micro-crédito a unha taxa que non prexudique a liquidez dos participantes que o soliciten, co fin de apoiar e incentivar o emprendemento entre os beneficiarios
Realización do Informe técnico final, onde se estableza a factibilidade ou non do establecemento da empresa comunitaria de recolección de refugallos sólidos.
Realización de reunións coas entidades e xuntas de veciños do barrio, para socializar a idea de establecer a empresa comunitaria de recolección de refugallos sólidos e a súa forma de operación
Construción dunha área para o aseo e alimentación dos mergulladores no vertedoiro
Continuación da 2ª etapa de dotación de indumentarias aos mergulladores/ás para a realización dos labores de recolección e reciclaxe
Elaborar e acordar un compendio de normas de conduta no vertedoiro para buzos e intermediarios, e empregados do Concello.
Construción da primeira etapa dunha nave que conterá un Centro de Transformación de Produtos Reciclados na que se poidan instalar: unha trituradora de vidro, unha trituradora de plástico, unha compactador de fundas plásticas, unha lavadora de plástico e unha compactador de ferro
Fortalecer a asociación de mergulladores nos campos de administración de empresa, contabilidade
Establecer unha metodoloxía para comercialización dos materiais reciclados no vertedoiro

Poboación beneficiaria: 

Directa: persoas que actualmente traballan no vertedoiro de Rafey, habitantes do barrio Santa Lucía que directa ou indirectamente viven do traballo no vertedoiro e aquelas que non teñen relación tan directa co traballo no vertedoiro pero que se encontran en risco de exclusión social.
Indirecta: familias dos 466 traballadores/as informais do vertedoiro de Rafey, e das 489 familias do barrio Santa Lucía/ La Mosca que participen de forma directa como beneficiarias dos procesos de creación de capacidades, e de acceso e permanencia ao emprego digno
 

Axudas: 

266439