Proxectos

Mellora das condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable do departamento de Retalhuleu, Guatemala, con énfase nas mulleres viúvas ou solteiras. Fase 6 (peche)

O presente proxecto constitúe a fase sexta e de peche do Programa de hábitat domiciliar Ban Chuinklal, desenvolto desde o ano 2014 ata a actualidade (6 anos) polas organizacións  consorciadas no proxecto: Arquitectura Sen Fronteiras, ASIAPRODI e FODHAP; e que, á súa vez, deu continuidade á liña de habitabilidade básica do Programa de Desenvolvemento Integral (IDI) Oxlajuj Tz´ ikin, promovido pola Cooperación Galega nos municipios de Champerico e Retalhuleu entre os anos 2008 e 2012.

Trátase dun proxecto de peche dentro do programa Ban Chuinklal. Este peche non está provocado pola superación dos déficits educativos na rexión, senón que se considera necesario dar apertura a un espazo de reflexión e de redeseño da estratexia de traballo no departamento. Por unha banda, despois de seis anos de intervención, o proxecto logrou e promoveu cambios positivos nas comunidades; por outro, o contexto xeral  centroamericano, de Guatemala, da rexión e da cooperación internacional cambiou; por todo isto faise necesario unha análise do realizado e valorar unha reorientación na estratexia de traballo. Neste sentido xa se abriu un proceso, que continuará ao longo deste ano; con titulares de dereitos, responsabilidades e obrigacións, co obxectivo de establecer un novo enfoque para a abordaxe dos déficits habitacionais de todas as comunidades cun enfoque máis amplo e que responda mellor ás condicións e demandas da poboación.

Como proxecto de peche, púxose especial atención na incorporación, nos diferentes resultados, de accións orientadas, en primeiro lugar, á transferencia de capacidades a titulares de obrigacións, responsabilidades e dereitos; e, doutra banda, á avaliación e sistematización da experiencia do programa. O obxectivo sería aproveitar as aprendizaxes para un novo reenfoque das accións ou para o traslado da experiencia a outras rexións de Guatemala.

Con respecto ao contido da intervención do presente proxecto, tratouse de recoller as aprendizaxes de etapas anteriores, froito da reflexión interna do equipo e da visión externa das avaliacións anteriores, definindo unha nova intervención en materia de hábitat domiciliar cun carácter máis integral. O proxecto estrutúrase en 4 resultados: o primeiro e o terceiro cun enfoque estratéxico, o segundo cun enfoque de emerxencia e o cuarto, relacionado co seguimento, avaliación, sistematización e difusión do proxecto.

Ano: 
2019
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Retalhuleu (departamento)
Axentes: 
ARQUITECTOS SEN FRONTEIRAS
Contraparte: 

Asociación Indígena Pro-Desarrollo Integral (ASIAPRODI) e Federación de Asociaciones Civiles y Organizaciones para el Desarrollo del Hábitat Popular (FODHAP)

Código CRS: 
12261 - Educación sanitaria
15150 - Fortalecemento sociedade civil
16030 - Política de vivenda e xestión administrativa
16040 - Vivendas de baixo custo
33181 - Educación / formación comercial
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír á mellora das condicións de hábitat domiciliar da poboación máis vulnerable do departamento de Retalhuleu, Guatemala.

Obxectivo específico: Melloradas as condicións de hábitat domiciliar da poboación máis vulnerable do departamento de Retalhuleu, con énfase nas mulleres viúvas e solteiras.

Resultados e actividades: 

RE.1 Fortalecidas as capacidades dos titulares de dereitos e responsabilidades de Champerico en materia de dereito ao hábitat e produción social de vivenda e hábitat

A.1.1: Elaboración dun informe sobre a situación do dereito humano á vivenda e ao hábitat na comunidade do Triunfo.

A.1.2: Brindar asesoría á comunidade do Triunfo ante FOPAVI para o seguimento de proxectos inconclusos e xestión de novos subsidios.

A.1.3: Fortalecemento e traslado de competencias a ASIAPRODI en materia de produción social de hábitat e xestión social do hábitat.

A.1.4: Fortalecemento da cooperativa B´eljuj Q´anil en materia de xestión, organización e administración.

RE.2 Melloradas as condicións de hábitat domiciliar de 14 familias (72 persoas) de 2 comunidades do departamento de Retalhuleu en condicións de emerxencia habitacional, con énfase nas mulleres viúvas e solteiras.

A.2.1: Tarefas de organización previas á construción de vivenda.

A.2.2: Execución das vivendas.

A.2.3: Elaboración das escrituras de propiedade das vivendas.

RE.3 Mellorados os coñecementos en materia de vivenda saudable de 60 familias (312 persoas) en condicións de emerxencia habitacional das comunidades de Retalhuleu.

A.3.1: Medición dos avances en materia de hábitat domiciliar saudable (liña de base e avaliación) en 60 familias (312 persoas) participantes no proxecto.

A.3.2: Implementación de talleres sobre vivenda saudable e ordenamento do sitio.

RE.4 Proxecto xestionado adecuadamente a partir de criterios de transparencia, seguimento e avaliación continuos.

A.4.1: Actividades de coordinación xeral e seguimento.

A.4.2: Avaliación final do proxecto con enfoque de xénero.

A.4.3: Taller de sistematización final da experiencia.

A.4.4: Actividades de difusión do proxecto.

Poboación beneficiaria: 

Directa: Homes (189), Mulleres (187), Nenos (280), Nenas (281)

Indirecta: Homes (1298), Mulleres (1319) , Nenos (2729), Nenas (2865)

Avaliación: 
prevista
Axudas: 

Axuda Xunta de Galicia: 170.730 € (2019: 68.292 €; 2020: 102.438 €)