Proxectos

Mellora das condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación mais vulnerable do departamento de Retalhuleu, Guatemala, con énfase nas mulleres viúvas ou solteiras, a través dun proceso colaborativo entre comunidades, autoridades municipa

Preséntase a Fase II do proxecto B'an Chuinkal que foi financiado pola Xunta de Galicia e executado durante o último trimestre do ano 2014. O obxectivo do proxecto é a mellora das condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable do departamento de Retalhueu, Guatemala, con énfase nas mulleres viúvas ou solteiras, a través dun proceso colaborativo entre comunidades, autoridades municipais, organizacións sociais e cooperativas.

Ano: 
2015
Instrumento de financiamento: 
Convocatoria Proxectos no exterior ONGD
Rexión: 
Centroamérica e Caribe
País: 
GUATEMALA
Zona de actuación: 
Retalhuleu (departamento)
Axentes: 
ARQUITECTOS SEN FRONTEIRAS
Contraparte: 

Asociación Indígena Pro-Desarrollo Integral - ASIAPRODI; Federación de Asociaciones Civiles y Organizaciones para el Desarrollo del Hábitat Popular - FODHAP

Código CRS: 
16030 - Política de vivenda e xestión administrativa
16040 - Vivendas de baixo custo
Obxectivos: 

Obxectivo xeral: Contribuír á mellora das condicións de saúde física e seguridade psicolóxica da poboación máis vulnerable do departamento de Retalhuleu, Guatemala, con énfase nas mulleres viúvas e solteiras.
Obxectivo específico: Mellorar as condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable do departamento de Retalhuleu, Guatemala con énfase nas mulleres viúvas ou solteiras, a través dun proceso colaborativo entre comunidades, autoridades municipais, organizacións sociais e cooperativas.
 

Resultados e actividades: 

Resultado.1.1 Fortalecidas as capacidades do Consello de Autoridades Comunitarias del Sur e actores Municipais sobre Produción Social de Vivenda
Actividades
A.1.1.1 Identificación de participantes.
A.1.1.2 Seis obradoiros sobre produción social de vivenda.
A.1.1.3 Promotores/as Comunitarios realizan traballo de sensibilización cos Líderes, Lideresas e Cocodes.
A.1.1.4 Asesoría a procesos de Produción Social de Vivenda.
A.1.1.5 Reunións de socialización con integrantes do COMUDE.
Resultado.1.2 Melloradas as condicións de acceso a un entorno domiciliar saudable e seguro de 34 familias (241 persoas aprox.) de catro comunidades do departamento de Retalhuleu en condicións de forte vulnerabilidade con énfase nas mulleres viúvas e solteiras.
Actividades
A.1.2.1 Tarefas de organización previas á construción.
A.1.2.2 Execución das obras.
A.1.2.3 Elaboración das escrituras de propiedade das vivendas.
Resultado.1.3 Melloradas as condicións de hábitos de hixiene nos fogares e no ordenamento de sitio de 4 comunidades de Champerico, Retalhuleu
Actividades
A.1.3.1 Reunións comunitarias para a presentación do proxecto e coordinación de actividades.
A.1.3.2 Revisión de enquisa para a nova Liña Base e elaboración de Plan familiar de ordenamento do sitio.
A.1.3.3 Elaboración de nova Liña base de hábitos de hixiene no fogar e Plans Familiares de ordenamento do sitio.
A.1.3.4 Obradoiros sobre hábitos de hixiene e ordenamento do sitio.
A.1.3.5 Visitas domiciliares para o seguimento e asesoría ás familias.
A.1.3.6 Iniciativas de ordenamento do sitio.
A.1.3.7 Informe de avaliación de avances.
Resultado.1.4 O proxecto xestionouse axeitadamente, a partir de criterios de transparencia, seguimento e avaliación continuos.
Actividades
A.1.4.1 Actividades de coordinación xeral e seguimento.
A.1.4.2 Actividades de avaliación.
A.1.4.3 Taller final de sistematización da experiencia.
A.1.4.4 Sistematización do proxecto: gravación de un documental “Experiencia sobre produción social de vivenda en Guatemala”
A.1.4.5 Auditoría externa final do proxecto.
A.1.4.6 Avaliación final do proxecto, con enfoque de xénero.
 

Poboación beneficiaria: 

Directa: 34 familias (241 persoas) beneficiarias de vivenda digna e saudable; 120 familias (852 persoas) beneficiadas de capacitacións e hábitos hixiénicos domésticos saudables; 12 traballadores do Consello municipal de Champerico e 36 traballadores do Consello de autoridades comunitarias do sur. Total: 1.141 persoas.
Indirecta: 68 construtores locais e 2 mestres de obra para a execución da obra; 18 Comunidades membro da Cooperativa B’eljuj Q’anil (7.788 persoas) e o persoal contratado (11 persoas). Total: 7.869 persoas.
 

Axudas: 

175.000,00 € (2015: 87.500,00 €; 2016: 87.500,00 €)