Mellora das condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable do departamento de Retalhuleu, Guatemala, con énfase nas mulleres viúvas ou solteiras, a través dun proceso colaborativo entre comunidades, autoridades municipais, organizacións sociais e cooperativas. Fase 4
O presente proxecto corresponde á cuarta fase do Proxecto B´an Chuinklal que dá continuidade á intervención en hábitat domiciliar saudable que a Xunta de Galicia apoiou desde o ano 2008, primeiro a través do Programa Integral Oxlajuj Tz´ikin (2008-2012) e, posteriormente, a través dos proxectos B´an Chuinklal, presentados ás anteriores convocatorias, entre os anos 2014-2016. Durante este período, no que se fixo un seguimento continuo da situación das comunidades, identificáronse novas necesidades aínda non cubertas (Déficit habitacional de 155 vivendas). Nesta cuarta fase da intervención tratarase de dar resposta a esta situación continuando co traballo na rexión. Así, o obxectivo do proxecto é a mellora das condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable do departamento de Retalhueu , Guatemala, con énfase nas mulleres viúvas ou solteiras, a través dun proceso colaborativo entre comunidades, autoridades municipais, organizacións sociais e cooperativas.
Expoñense tres liñas de intervención ao longo das dúas anualidades presentadas que se complementarán cun adecuado sistema de seguimento e avaliación do proxecto:
1- Fortalecemento institucional e comunitario: Como parte do seguimento ao proceso de formación e acompañamento ás comunidades de Champerico e ás autoridades comunitarias e locais, búscase reforzar e capacitar sobre Produción Social de Vivenda e Hábitat –PSVHA-. Realizarase un Diplomado cos contidos desta temática onde participarán integrantes do Consello de Autoridades Comunitarias do Sur e Representantes Comunitarios integrantes do COMUDE (Consello Municipal de Desenvolvemento) co obxecto de fortalecer a organización comunitaria e a institucionalidad para que a través do coñecemento da Produción Social de Vivenda e Hábitat poidan promover iniciativas que contribúan á mellora do hábitat das familias das comunidades de Champerico .
2- Mellora das condicións de acceso a un hábitat saudable de 18 familias en condicións de alta vulnerabilidade mediante a construción de vivenda: Para dar continuidade a lóxica e filosofía das intervencións de ASF xeraranse dinámicas ao redor da construción para o fomento do desenvolvemento autónomo local. Neste sentido fortaleceranse as estruturas locais, contratarase a albaneis e profesionais das comunidades e involúcrase as propias familias no traballo, ademais de empregar materiais da cooperativa B´eljujQ´anil, unha iniciativa de produción local con fins sociais.
3- Mellora de hábitos hixiénicos e hábitat domiciliar: Trátase de promover prácticas sinxelas de limpeza, manexo dos residuos, auga e alimentos etc… que reduzan os riscos de contraer as principais enfermidades que afectan estas poboacións, así como de sentar as bases dun ambiente familiar idóneo que propicie a igualdade de xénero, a participación familiar, a identificación de ameazas e riscos, e unha organización e participación cidadá con maior coñecemento da súa contorna e os seus dereitos. Farase a través dun proceso de formación sobre Auditoria Social, Hábitos Hixiénicos, Ordenamento do sitio e Seguridade Humana.
Asociación Indíxena Prol-Desenvolvemento Integral -ASIAPRODI-; Federación de Asociacións Civís e Organizacións para o Desenvolvemento do Hábitat Popular –FODHAP-
Obxectivo Xeral: Contribuír á mellora das condicións de saúde física e seguridade psicolóxica da poboación máis vulnerable do departamento de Retalhuleu, Guatemala, con énfase nas mulleres viúvas e/ou solteiras.
Obxectivo Específico: Mellorar as condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable do departamento de Retalhuleu, Guatemala con énfase nas mulleres viúvas e/ou solteiras, a través dun proceso colaborativo entre comunidades, autoridades municipais, organizacións sociais e cooperativas.
Resultado 1: Fortalecer as capacidades do Consello de Autoridades Comunitarias do Sur, actores Municipais de Champerico e Organizacións da Sociedade Civil a través do exercicio de procesos de formación en Produción Social de Vivenda e Hábitat.
A1.1: Identificación de participantes.
A1.2: Diplomado sobre Produción Social de Vivenda.
A1.3: Grupos focales a nivel Comunitario e con actores que participaron no proxecto (Familias, Promotores, ASIAPRDI, FODHAP, ASF, Municipalidade de Champerico)
A1.4: Elaboración de documento de sistematización.
A1.5: Presentación da sistematización.
Resultado 2: Melloradas as condicións de acceso a unha contorna domiciliar saudable e seguro de 18 familias (93 persoas aprox.) de 2 comunidades do departamento de Retalhuleu en condicións de forte vulnerabilidade, con énfase nas mulleres viúvas e solteiras.
A2.1: Tarefas de organización previas á construción.
A2.2: Execución das obras.
A2.3: Elaboración das escrituras de propiedade das vivendas.
Resultado 3: Melloradas as condicións de habitabilidade e hixiene en 80 fogares de 2 comunidades de Champerico , Retalhuleu.
A3.1: Elaboración dun manual de hábitos hixiénicos no ámbito domiciliar
A3.2: Elaboración da boleta de liña base
A3.3: Desenvolvemento de liña base de hábitos de hixiene no fogar.
A3.4: Identificación de participantes.
A3.5: 5 Talleres con temáticas sobre hábitos hixiénicos (2) e ordenamento do territorio (1), Auditoría social (1) e Seguridade Humana (1),
A3.6: 2 Visitas domiciliares a familias participantes para o seguimento iniciativas de mellora do sitio
A3.7: Elaboración de Informe de avaliación de avances
Resultado 4: O proxecto xestionouse adecuadamente, a partir de criterios de transparencia, seguimento e avaliación continuos.
A4.1: Actividades de coordinación xeral e seguimento
A4.2: Actividades de avaliación.
A4.3: Taller final de sistematización da experiencia.
A4.4: Auditoría externa final do proxecto
A4.5: Avaliación final do proxecto, con enfoque de xénero.
Directa: Unhas 532 persoas, das cales 36 son adultas/os (18 mulleres e 18 homes) e, 57 nenas/os (29 nenas e 28 nenos)
Indirecta: Unhas 7.788, das cales 2.194 son adultas/os (1.124 mulleres e 1.070 homes) e, 5.594 nenas/vos (2.865 nenas e 2.729 nenos); entre os cales podemos contar con constructores locais e maestros de obra, persoal da Cooperativa B´eljuj Q´anil, membros del Consejo de Autoridades Comunitarias del Sur, Mulleres lideresas involucradas nos espacios de toma de decisións.
153.700,00 € (2017: 61.480,00 €; 2018: 92.220,00 €)